O tren pola autovía.
“…dicen que queren transporte público e tren de cercanías, ¡pero terá que ir pola autovía, digo eu!”
Xaime Rei, Alcalde de Redondela, en declaracións á radio municipal.
Hubo quen se imaxinou ós paisanos agardando fora da autovía, a ver si para algún autobús dos que circulen por ela. Eu, directamente escachei coa risa ó imaxinar cómo o noso alcalde intentaba facer que un tren circule por unha autovía.
Hoxe saiu a exposición pública o estudio informativo da futura autovía Pontevedra-Vigo, esa á que levamos un ano opoñéndonos en Redondela. Non vou entrar agora en detalles, xa o farei máis adiante. De momento, colgo unha conversa que mantiven esta mañá con un veciño:
Veciño: -”…bueno, algo teñen que facer.”
F. Miguez: “-O que teñen que facer, é que en calquera cidade de Europa pagas catro euros e andas todo o día en tren ou en autobús co mesmo ticket.”
V: -”Iso é verdade, eu vivín en París, e era comodísimo, iba a todas partes así.”
F: -”Pois iso será o que hai que facer aquí.”
V: -”Sí, é que aquí estamos moi atrasados.”
Engado eu: non é o mesmo estar que ser.
Mañá vou necesitar que me botedes unha man.