Estratexia fronte a discursos.
Josep Izquierdo, nun artigo sobre a dialéctica Chávez-Borbón, lido en Libro de Notas.
Eu sonlles afeccionado á historia e, espero que pronto, profesional da enxeñería. Alemania protagonizou con diferente fortuna algúns dos episodios máis importantes de ambas disciplinas, e por iso me gustaría coñecer o seu idioma. De natureza autodidacta como son, intenteino en ocasións lendo textos en alemán e estudiando vídeos na misma lingua, subtitulados (preferentemente nun idioma que coñeza mellor) para a facilitarme a comprensión. Un deses vídeos que máis vin, polo seu interese histórico, foi este:
Un discurso de Adolf Hitler á Hitlerjugend cheo de exaltación dos ideais Nacional-Socialistas, co que cumplín esa condición de distancia física e mental citada no aforismo do principio. Non sei si aprendín algo de alemán con ese vídeo, pero sí que me serviu para aprender moito acerca dos discursos.
Acerca de cómo dalos, con esa posta en escena tan estudiada e a evolución no énfasis que pon o orador, un Hitler que non sei si ten memorizadas as frases, e os xestos, ou directamente improvisa con un talento digno de mérito, pero sobre todo acerca de cómo interpretalos. Precisamente, o que entendo eu da frase de Josep Izquierdo, aprender a me separar do contido do discurso, e analiza-las palabras sin me involucrar en elas foi un logro importantísimo que, creo, me blinda un pouco non só contra fanatismos e lóxicas pechadas, sinon tamén contra os discursos de medias verdades e mel para os oídos tan frecuentes nas democracias española e galega. Oir a Hitler dicindo “debeis ser amantes de la paz” foi a chispa que necesitaba para nunca máis crer nada que oise de boca de unha “autoridade”, en calquer ámbito, sin razonalo antes.
Nota 1: O vídeo que eu tiña “estudiado” estaba subtitulado en inglés, mentres que aquí o poño con subtítulos en castelán. Trátase dun fragmento de “Triumph des Willens“ (Triunfo do Destino), de Leni Riefenstahl.
Nota 2: “Coñecer a historia é o mellor xeito de non repetir os seus erros.” é outro aforismo (cita aproximada) interesante neste contexto.
Nota 3: Con todo, sigo sin saber alemán.