Crítica sobre enxeñeiros.

Relendo esta semana o post anterior, tiven a sensación de levar xa un tempo sin aputar nada sobre a que se supón a miña vocación, e potencial medio de vida: a técnica. Case ó mesmo tempo, un coñecido envioume un artigo de Alberto Torres sobre o recente desastre ambiental do rio Xallas, e na miña cabeza rexurdiron os excepticismos sobre o papel da enxeñería na sociedade.
Antes de nada, dicir que me faltan tres asignaturas e o proxecto de final de carreira para obter o meu título de enxeñeiro industrial. A pesares de iso, falarei dos enxeñeiros en primeira persona, porque me inclúo a min mesmo na crítica que farei a continuación.
Onte, venres, subín a Escola a facerlle unhas preguntas a un profesor, sobre as doce. Fora facía o fresco normal para un dia soleado de novembro, a esas horas, pero dentro do edificio facía tanta calor que, fáganse unha idea, os obxetos metálicos resultaban mornos ó tacto, e a xente andaba polos pasillos en roupa de verán. No inverno, a temperatura interior de un edificio no que non se desenvolven tarefas físicas debe rondar os 21º, e iso é algo que calquera enxeñeiro industrial ten que saber, o cal lle afecta á practica totalidade das personas que estaban alí dentro. De feito, todo mundo debería de sabelo, pero de un enxeñeiro agárdase, ademáis, que sepa explicarlle ó profano as consecuencias de poñer unha calefacción moi alta, que son básicamente un aumento desporporcionado no gasto da enerxía precisa, cos consecuentes perxuízos ambientais e económicos.
Non vou facer un drama co feito de que a Escola de Enxeñeiros de Vigo teña a calefacción demasiado alta pero, despois do que aquí teño esbardallado sobre a (ir)responsabilidade do estamento político, creo que debo recoñecer que o estamento técnico tampouco é precisamente un abandeirado das actitudes racionais na xestión dos recursos, co agravante que intento ilustrar aquí: os políticos sí poden argumentar na súa defensa que eles “non teñen coñecementos específicos”.
As causas de isto, que para min é un problema ético, probablemente sexan dúas: A primeira é que a maioría dos enxeñeiros gañan o pan dos seus fillos traballando en empresas que valoran máis a conta de resultados económicos que… calquera outra cousa no mundo. Este podería ser precisamente o caso do responsable do embalse da Fervenza, ou de calquera que traballe, por exemplo, na industria nuclear e que nunca dubidará das súas virtudes. Para entender a segunda causa, será mellor que pensen nese médico que coñecen vostedes, fumador empedernido él; ¿acaso un médico non coñece mellor que ninguén os riscos do tabaco? pero aínda así, hainos que fuman.
Mentres o profesor respondía amablemente as miñas dúbidas, recoñezo que pensei algo así como “temos que estar feitos de unha madeira diferente para que eu estea a entender o que me está a explicar este home“. Certo, igual que un ciruxán ten que estar feito de un material especial para abrirlle a barriga a unha persona con un bisturí, un chapista para devolverlle a un ferrancho retorto o aspeco de un coche, ou un mestre para aturar a trinta berróns de oito anos xuntos nunha aula. Pero temos en común a condición humana e, desde ahí, defectos como a preguiza, o medo ou a avaricia póñense moitas veces por enriba “do que se debería facer”, e deixamos que o noso esforzo revirta deficientemente no beneficio da sociedade en que traballamos.
Non obstante, algúns dos problemas ós que se enfronta hoxe a huanidade teñen a súa orixe na sociedade industrial en que vivimos, impulsada fundamentalmente dende a técnica, polo que o enxeñeiro debe asumir unha responsabilidade engadida. A responsabilidade de que as súas decisións e os seus actos, como profesional, son particularmente transcendetes para o futuro da sociedade e, si non lle gusta, debería ter escollido outra profesión. Isto é igualmente aplicable (pero recoñezo que máis facil de dicir para un que non ten fillos que manter coma min), cando a ética vai contra a conta de resultados da empresa para a que traballa.
Por certo, e deixo de aburrilos con estas cousas miñas, si algún dia sinten que teñen a súa calefacción demasiado alta, baixen o termostato ou apáguena por un pouco, pero nunca abran as portas para que refresque. Si me dicen que non fai falla que lles explique por qué, eu direilles que xa son máis listos que o “ingeniero” que fixo precisamente iso este venres, na escola. E si fai falla que llelo explique díganmo, non pasa nada, probablemente vostedes non están obligados a sabelo, porque hai outros que xa cobran por sabelo. Igual que o responsable do embalse da Fervenza tiña que saber o que estaba a facer.