Seminario: Urbanismo e sostenibilidade costeira.

A fin da folga na recollida do lixo redondelán colleume na Coruña, asistindo a un seminario sobre medio ambiente titulado “Urbanismo e Sostenibilidade Costeira: ¿Problema ou solución?”, organizado pola Fundación Instituto de Estudios Políticos y Sociales da Coruña, e que tiña como director académico ó tamén blogueiro Juan Freire (sobre o seminario no seu blog).
Ó longo dos dous dias, interviron personas relacionadas coa política, o ecoloxismo, a arquitectura e outras áreas técnicas, para trazar un debuxo da complexa situación na que se atopa o problema, onde resulta case imposible casar as necesidades sociais e económicas, os intereses empresariais e (dos) políticos, ademáis de unha complexa maraña administrativa e normativa, coa sustentabilidade ambiental, entendida como conservación do patrimonio e a natureza e como xestións racional dos recursos.
Falouse positivamente da norma de urxencia que prohibe a edificación a menos de cincocentos metros da costa, aínda que con excepticismo sobre a posibilidade de ter completa unha norma xeral antes de que remate a lexislatura autonómica, e citouse varias veces a extraña desaparición dos fondos europeos adicados ó saneamento das rias, sin sinalar culpables, iso sí.
Resumo as miñas conclusións:
- Ós técnicos non se lles debe presupoñer a razón, pero teñen os coñecementos específicos en cada área, e non deberían de estar tan supeditados ás necesidades dos seus xefes políticos.
- O grande problema de Galicia é a dispersión, pero máis que a dispersión poboacional, a dispersión política. A Xunta de Galicia non ten a forza necesaria para organizar e controlar a xaula de grilos de diputacións e concellos que temos, cada quen coas súas necesidades e problemas, pero tamén intereses, avaricias e ignorancias que van en detrimento do conxunto, e a veces incluso de eles mesmos.
No fondo, a sensación que me quedou é a de que se sabe bastante ben o que hai que facer, pero falta vontade por parte da clase política, que se escuda nos costes electorais que lle supoñen certas políticas que recoñecen como necesarias, e na imposibildade de planificar a medio plazo ante os eventuales cambios de goberno en cada elección.

Nota para Suso Lista: Saúdos de parte de Juan Freire :) .

10 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/11/12/seminario-urbanismo-e-sostenibilidade-costeira/trackback/

  1. Dun tempo a esta parte repito moito a mesma frase: Precisamos políticos que miren ó longo prazo, mais non á posteridade.

    Comment by ghanito — November 12, 2007 @ 7:17 pm

  2. ¡Moi boa, mesmo a podería apuntar como “aforismo”! Precisamente o problema é ese, ou miran para o beneficio inmediato (e xeralmente propio seu) ou fan cousas para lle poñer unha plaquiña co seu nome grabado para sempre.
    Por certo, moitas gracias pola “Cchuzada”.

    Comment by F. Miguez — November 13, 2007 @ 6:51 am

  3. Personalmente, eu estou farto de sesudas análises e xuntanzas redundantes onde técnicos de discurso aséptico ben parapetados dos despachos universitarios (e/ou de consultoras a soldo) e políticos mornos co ollo cravado na enquisa non son quén de turrar para adiante. O diagnóstico está feito hai moitísimo tempo, e os instrumentos acaídos hai ben anos que se sabe cales son. Lea o cidadán a exposición de motivos da Lei de Costas (¡de 1985!).

    Máis dinamita e menos discursos… cona xaaaa…!!

    Comment by cansendono — November 13, 2007 @ 4:03 pm

  4. Lea vostede o meu último párrafo: “…se sabe bastante ben o que hai que facer, pero falta vontade…”
    Eu penso que os mornos non son os políticos, eles andan ben agudos, pero a encher petos propios e próximos, a que adolece de unha tibieza que pagaremos co tempo é a sociedade como conxunto, non sei si porque todos levamos un pequeno especulador dentro, que non quere renunciar ó soño de se enriquecer rápido algun día, ou si é porque os medios nos teñen sedados, ou polo que é, pero os responsables últimos do que acontece, e sobre todo es tempos de democracia, somos os cidadáns.

    Comment by F. Miguez — November 13, 2007 @ 5:54 pm

  5. Si que é bo, e acertado, o comentario de ghanito.
    En canto á dispersión política (e administrativa) ¡que verdade máis jrande!
    En relación con isto, ¿alguén poderá aljún día decirme para que son necesarias as diputacións?

    Comment by Ninsesabe — November 14, 2007 @ 7:16 pm

  6. Parece ser que noutros sitios, como o Euskadi, as diputacións si teñen un papel eficaz como organismo supramunicipal, na xestión de recursos e servicios comúns como as augas ou os bombeiros. En Galicia, teño a impresión de que son un ente abstracto que sirve para manganchas e politiqueos dos que o paisano de a pe queda á marxe.
    No caso de Pontevedra, podo dicir que as obras máis duradeiras que vin xamais (en exucución, non en servicio) teñen o rótulo da diputación. Tres ou catro anos para ensanchar kilómetro e medio de camiño están bastante ben, dijo eu ¿ou non? :D

    Comment by F. Miguez — November 15, 2007 @ 6:28 am

  7. Polo que vexo, xa case que non se pode añadir nada o que aquí se comenta. En Corme vaise demoler, despois de 23 anos, unha construción que no seu tempo fíxose sen licenzia. O malo é que quen o ten que pagar é o contribuinte, e non o que cometío a ilegalidade (que por certo non foi a única), xa que según a lei é insolvente. Como concelleiro na oposición, recomendeille ao Concello, que a partir de ahora, faga un seguimento dia a dia das construcións que se levan a cabo, e que as “licencias” que se dan tamén sean comprobadas que efectivamente se acomete a obra pra qyue foron concedidas. Pero dame que é predicar no deserto. Pretenden os equipos de governo dos Concellos que sean os ciudadanos os que denuncien, lavandose eles as mans das suas responsabilidades, e así gañar as seguintes eleccións. Sonche moi listos.
    PD. Recollidos os saludos

    Comment by susolista — November 15, 2007 @ 4:41 pm

  8. Eu pregúntome si acontece nalgún outro sitio de Europa, isto de que se faga a vista gorda coas edificacións irregulares para despois acabar tirándoas.
    Lamentablemente, esa política de lavarse as mans para non perder votos está á orde do día, e non vai cambiar moito mentres non exista unha figra clara da responsabilidade política. Pero para esixir esa responsabilidade a sociedade tamén tería que ser consciente das súas obrigas e necesidades, e esa é unha pedra moi grande de mover.

    Comment by F. Miguez — November 16, 2007 @ 6:17 am

  9. Mágoa non terme enteirado porque o venres pasado podía ter asistido e gostaría moito de escoitar a Rafael Eimil que está a facer unha laboura moi valente en Costas.

    A respeito do comentario de Can sen dono, eu sonlle un deses das consultoras a soldo e podo garantirlle que o meu xuízo é moi independente. Se non o fose adicaríame a outra cousa. Acontece que se ben a Lei de Costas (de Xullo de 2000, non a dos oitenta) é excelente desde o punto de vista da protección ambiental, na praxe é moi difícil desfacer o que antes se fixo mal sen deixar a xente sen casa, o que é duro, ou pagando caras expropiacións.

    Comment by xm carreira — November 17, 2007 @ 6:38 pm

  10. ¡Volveu cair vostede outra vez no pozo dos moderates! E celebro que a súa pausa blogueira non implique a súa ausencia de esta casa.
    Tal e como eu o vexo, o primeiro é evitar que a cousa vaia a peor, e con unha escala de magnitudes lóxica. Non se lle pode poñer a mesma multa a unha casa reformada, dentro da zona de protección, polos seus donos, e que viven en ela, que a un constructor por plantar unha urbanización para residencias vacacionais. Despois, será cousa de tempo ir desfacendo os desastres do pasado. Pero primeiro poñer orde, concerto e planificación no que se faga de aquí en diante.

    Comment by F. Miguez — November 17, 2007 @ 9:40 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.