Seminario: Urbanismo e sostenibilidade costeira.

A fin da folga na recollida do lixo redondelán colleume na Coruña, asistindo a un seminario sobre medio ambiente titulado “Urbanismo e Sostenibilidade Costeira: ¿Problema ou solución?”, organizado pola Fundación Instituto de Estudios Políticos y Sociales da Coruña, e que tiña como director académico ó tamén blogueiro Juan Freire (sobre o seminario no seu blog).
Ó longo dos dous dias, interviron personas relacionadas coa política, o ecoloxismo, a arquitectura e outras áreas técnicas, para trazar un debuxo da complexa situación na que se atopa o problema, onde resulta case imposible casar as necesidades sociais e económicas, os intereses empresariais e (dos) políticos, ademáis de unha complexa maraña administrativa e normativa, coa sustentabilidade ambiental, entendida como conservación do patrimonio e a natureza e como xestións racional dos recursos.
Falouse positivamente da norma de urxencia que prohibe a edificación a menos de cincocentos metros da costa, aínda que con excepticismo sobre a posibilidade de ter completa unha norma xeral antes de que remate a lexislatura autonómica, e citouse varias veces a extraña desaparición dos fondos europeos adicados ó saneamento das rias, sin sinalar culpables, iso sí.
Resumo as miñas conclusións:
- Ós técnicos non se lles debe presupoñer a razón, pero teñen os coñecementos específicos en cada área, e non deberían de estar tan supeditados ás necesidades dos seus xefes políticos.
- O grande problema de Galicia é a dispersión, pero máis que a dispersión poboacional, a dispersión política. A Xunta de Galicia non ten a forza necesaria para organizar e controlar a xaula de grilos de diputacións e concellos que temos, cada quen coas súas necesidades e problemas, pero tamén intereses, avaricias e ignorancias que van en detrimento do conxunto, e a veces incluso de eles mesmos.
No fondo, a sensación que me quedou é a de que se sabe bastante ben o que hai que facer, pero falta vontade por parte da clase política, que se escuda nos costes electorais que lle supoñen certas políticas que recoñecen como necesarias, e na imposibildade de planificar a medio plazo ante os eventuales cambios de goberno en cada elección.

Nota para Suso Lista: Saúdos de parte de Juan Freire :) .