Das protestas civís e o exemplo do Eixo.

En ocasións, os feitos demostran que “democracia” é unha palabra baleira, e son moi retorcidos e mezquiños aqueles que se empeñan en que así sexa para beneficio seu.
Continúa a folga do lixo en Redondela, e a situación vaise quentando por dias, abellada polo alcalde, que se decanta a favor da empresa e contra os traballadores, e amenaza con reclamar a intervención “da forza pública” si non se cumplen os servicios mínimos. Fíxense si a xogada é bastarda, que é a propia empresa a que se nega a realizar os servicios mínimos, alegando o temor que a presencia dos folguistas na porta da nave lles provoca. ¿Será que o noso alcalde, e os seus protexidos da empresa concesionaria, non saben que as folgas se fan nos centros de traballo? ¿Ou será un exercicio de manipulación sin disimulos? Os traballadores en folga, na sua maioría residentes en Redondela, chegaron onte ó extremo de pedirlle ós veciños que non acudisen a apoialos, a ver si así a empresa non tiña excusa para incumplir os servicios mínimos, e ofrécense a facer a recollida do lixo pola sua conta si o Concello lles facilita os medios.
Redondela é un concello pequeno, no que se manexan poucos cartos, pero este é so un pequeno exemplo da perversión política local, e aplicando una cáculo por escalas de magnitude, non quero nin imaxinar cómo poden feder algúns concellos de Galicia. E as Diputacións, e a Xunta… Pero ese non é o problema central do que quero falar hoxe. Todos lembramos aquilo de “que pasen los antidisturbios”, as batallas campales dos traballadores do naval… Ou sinón algún conflicto máis local, como o estado de excepción que viviron os veciños de Teis cando se opuxeron á empacadora de residuos sólidos urbans, a folga do metal o ano pasado, e calquera que queiran vostedes aportar. Todos, exemplo do escaso significado que ten a palabra democracia para algúns. Sendo precisos, para unha clase política que leva dende o 75 facendo de Galicia unha verdadeira desfeita, avalada en ocasións coas porras dos grupos de intervención das “forzas públicas”.
Non coñezo de primeira man os acontecementos que levaron ó cárcere a eses tres veciños do Eixo. Entendo que si un policía foi agredido, a súa agresión debe ser castigada, pero tamén entendo que nin por asomo está clara a autoría de esa agresión e, sobre todo, que as penas son desproporcionadas. ¿Qué clase de amenaza representan estes tres señores para a sociedade, para teren que pasar varios anos engaiolados?
A amenaza non son eles, a amenaza é para todos nos, para que vexamos que existe unha “delgada liña azul” que non se debe cruzar porque, si non se pode reprender a todo un colectivo, castigar a un, dous, ou tres individuos, escollidos pola súa representatividade ou arbitrariamente, chega para amedrentar a unha sociedade enteira. E os que deciden onde se pon esa liña azul son, a veces, personaxes que eu considero sinistros na medida que o seu poder non é outorgado por medios democráticos, xa que os delegados do goberno (por poñer un exemplo de cargo público), non son cargos que se elixan por sufraxio universal. Tampouco a grande patronal é escollida democráticamente, pero cada vez ten máis potestade para decidir o que se fai e se deixa de facer na nosa sociedade. Non son mellores os que sí votamos, entregados á tarefa casi única de mediar entre os intereses de ese capital e a indiferencia da xente. Porque cando non hai indeferencia, cando a xente protesta e reclama, ten o exemplo do que lles acontece a Simón Márquez, José Moreira e Jesús Montoiro, Os Tres do Eixo, para que vexamos o que nos pode acontecer, e o apuntemos, para non o esquecer.

1 Comment »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/11/08/das-protestas-civis-e-o-exemplo-do-eixo/trackback/

  1. Das protestas civís e o exemplo do Eixo

    F. Míguez reflexiona no seu blogue sobre a represión dos movementos de protesta social poñendo exemplos cercanos da actuación de antidisturbios.

    Trackback by chuza.org — November 10, 2007 @ 6:45 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.