Sarkozy, o heroe.
“Si vostede aprecia algún atisbo de heroísmo, fazaña ou altruismo, no rescate, por parte de Nicolás Sarkozy, das azafatas españolas detidas no Chad, recoméndolle que deixe de ler tebeos de superheroes ou de ver películas americanas, e se entregue ó estudio da xeografía, a historia e a política.”
Este apunte ten pinta de cita ou aforismo, pero falta o nome do autor e a data. Como non os pos supoño que es ti o que o dixeches.
Non so estou de acordo senon que me parece que é evidente o que pretendia sarkozy, despois da perdida de popularidade que levan asociadas as reformas que esta a levar a cabo no pais.
Comment by julio SL — November 6, 2007 @ 10:00 am
Seja como for, devem estar muito aliviados e agradecidos aqueles a quem Sarkozy resgatou. Independentemente das circunstâncias deste caso, fica-me a convicção de que há regimes que procuram pretextos para deterem cidadãos de outros países que puderão servir como moeda de troca.
E lamento que estas acções de “resgate” sejam conduzidas por este ou aquele dirigente europeu, e não pela Comunidade Europeia no seu conjunto. Ou não somos todos cidadãos europeus? Mas a “realpolitik” é o que é e, do ponto de vista dos resgatados, o que interessa é que funcionou desta vez.
Comment by pepe — November 6, 2007 @ 4:47 pm
Certamente, o aforismo é meu. Si te fixas, debaixo de tódolos post pon “POSTED BY F. MIGUEZ ON” e a data. Despois de unha dura deliberación, poñer o mesmo tamén no texto pareceume pouco necesario.
Ten razón o pepe, que o máis importante é que os detidos (sobre todo os que puideran ser inocentes) estean de volta en Europa, e que é unha bágoa que non exista unha política exterior europea que faga fronte a estas circunstancias. De todos xeitos, a orixe deste aforismo meu é que, si nos guiamos por algún medio de comunicación, ante a presunta ineficacia do goberno e a diplomacia españolas, Monsieur Sarkozy puxo a capa de Batman e rescatou heróicamente ós inocentes do seu presidio africano.
Para él estupendo, como dice Julio, márcase un tanto de popularidade, pero na política, os espectáculos son todos interesados.
Comment by F. Miguez — November 6, 2007 @ 5:49 pm
xa esta solucionado o das ilusións, asi que cando queiras invitado quedas a dar unha volta polo berce
Comment by Fada Branca — November 6, 2007 @ 8:02 pm
Coincido.
Tamén aquilo das enfermeiras creo recordar que rumanas, trouxo cola. Despois veu o contrato de venta de armas con Libia ¿acordádesvos?. Son casualidades…
Comment by Ninsesabe — November 6, 2007 @ 9:14 pm
A ver logo se Sarkozy se da unha voltiña por Afganistán e trai uns cuantos dos que posiblemente morreran nestes días, ou polos EEUU a nos trai algún hispanegro condenado a morte sen probas, ou vola rápido a Arabia Saudí e instaura a Democracia.
Comment by susolista — November 6, 2007 @ 9:52 pm
Sarkozy acabará como Berlusconi, grabando o seu propio disco para ser unha estrela en tódalas dimensións.
Comment by F. Miguez — November 7, 2007 @ 9:56 pm
Concordaba coa cita, pero aínda seméllame mellor o último comentario!
Comment by Henrique — November 12, 2007 @ 3:35 pm
:D
Comment by F. Miguez — November 12, 2007 @ 4:29 pm