Folga na recollida do lixo de Redondela.
En Redondela vai unha semana de folga por parte dos traballadores da empresa Urbaser, concesionaria da recollida do lixo. Xa hai lugares onde non se pode pasar, porque o lixo acumulado é tanto que ocupa as beirarrúas por completo, e só o frio evita que o cheiro sexa verdadeiramente insoportable. Os traballadores demandan unha negociación do novo convenio colectivo á que a empresa se nega.
Sorpréndanse vostedes que eu non coñezo a ninguén disgustado con esta folga, o cal non significa que non o haxa, pero sí que non deben de ser moitos. A maioría, apoiamos as reivindicacións dos nove traballadores que secundaron a folga (a plantilla son catorce), fundamentalmente por dúas razóns: A segunda, porque hai un descontento xeneralizado co servicio que empresa está a prestar no noso concello, e existe a crenza popular de que só certa corruptela caciquil explica a recente renovación da concesión. A primeira, porque todo o mundo coñece a algún de eses empregados, e sabemos que as súas condicións laborais e salariales (800 € os peóns e 900€ os conductores) non son precisamente brillantes, hasta o extremo denigrante de non teren unhas duchas no centro de traballo e usaren, a modo de vestuario, un espacio separado do garaxe dos camións por unhas chapas de madeira, ou dispoñer un só peón por camión para que arrastre os contenedores hasta o elevador traseiro (normalmente, é tarefa de dous operarios).
De feito, non é dificil solidarizarse con estes traballadores, dende o momento en que, conscientes dos absurdos servicios mínimos dictados pola empresa (un camión de recollida lateral automática é inutil cando unha morea de lixo sepulta o contenedor), decidiron que tres dos folguistas acompañarían o camión nun coche particular, para asistirlle a tarefa (vese na imaxe), e así paliar os riscos sanitarios derivados da folga.

Pero o peor de todo chegou o venres dia dous, cando se supo que a empresa despedía a oito dos nove empregados que secundan a protesta, incluído o delegado sindical. A maniobra é ilícita, un farol que seguramente será revocado, pero demostra a actitude abusona de Urbaser, ó tempo que aumenta a concienciación e solidariedade hacia os traballadores en folga por parte dos veciños, que están chegando incluso a guinda-lo lixo na porta do Concello en denuncia pola pasividade cómplice que se mantén dende o goberno municipal.
Lamentable, porque a explotación laboral, e o recorte de personal que supuxo a implantación da recollida lateral, só repercuten en beneficio dos titulares de unha concesión que pagamos todos. Sirva este caso como argumento contra aqueles que sosteñen a privatización dos servicios públicos como un camiño para a súa eficiciencia e rendibilidade social.
Se por acaso estiverem necessitados dum camião de recolha de lixo, posso facultar o endereço da Camara Municipal do Porto. Consta que andam a oferece-los.
)
Comment by pepe — November 6, 2007 @ 4:51 pm
:D Non, si camión xa temos, o que falta en xeral é respeto. Si a Camara Municipal do Porto ten algún de sobra, que non dubiden en mandar.
Comment by F. Miguez — November 6, 2007 @ 5:51 pm