Sobre o AVE e os seus problemas en Barcelona.

Os problemas que as obras do AVE está a causar no tránsito de cercanías barcelonés, pero sobre todo a maneira en que se está levando a polémica “que si Zapatero debe comparecer, que si as obras estarán rematadas ou non antes do 21 de decembro, que si dimita a ministra…“, poñen de manifesto que o AVE é unha infraestructura con grande interese político (enténdase “dos partidos políticos”), moito máis do interese que a xente sinte por ela (sin entrar a discutir as súas bondades ou inconvenientes).
Na mesma polémica, o feito de que a empresa adxudicataria, OHL, desminta que se trate de un boicot encuberto do grupo de empresas Villar Mir ó goberno deixa claro, cando menos, que existe unha sospeita bastante extendida sobre a influencia das grandes constructoras nesa mesma política.

Nota: Terán oido, con relación a esta e outras novas semellantes, a expresión “problema técnico”. Sepan que ós técnicos esas palabras prodúcenlle risa.

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/10/28/sobre-o-ave-e-os-seus-problemas-en-barcelona/trackback/

  1. E ti pensas que OHL, sendo tamén unha das adxudicatarias do treito do TGV Santiago-Boqueixón, pon moita presa nas obras?
    O panorama construcción/política está mais ou menos así:

    Acciona(Necso)/PSOE
    OHL(Villar Mir)/PP
    Ferrovial(Marcelino Oreja)/PP
    ACS-Dragados(Florentino)/Deus é bo e o demo non é malo.
    Sacyr(Audasa)/PSOE, mentres lle deixen tranquilas as peaxes.

    Conste que o BNG tamén ten moito que calar pois gosta moito de enchufar ás suas empresas e consultoras amigas e iso que só levan 3 anos na consellería de vivenda. En fin, así vai o país.

    Comment by xm carreira — October 28, 2007 @ 12:18 pm

  2. Pois tomo nota do que di xm carreira, que vexo que está posto no conto. Moi interesante, si señor.

    Comment by Ninsesabe — October 28, 2007 @ 10:40 pm

  3. Ben certo que é un comentario moi interesante case máis que o propio post. Relaciona a dous dos grandes lobbys (as constructoras e os partidos políticos) que existen hoxe en día en España.
    Efectivamente xm, así vai o país.

    Comment by F. Miguez — October 29, 2007 @ 7:42 am

  4. A ver que pasa cando o Ave chegue a cadiz

    Comment by Fada Branca — October 29, 2007 @ 6:16 pm

  5. Terás que ir ti a li coa túa variña máxica, he he. Pero ¿por qué a Cadiz?

    Comment by F. Miguez — October 30, 2007 @ 6:49 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.