Erro nos sistemas formativos.

O maior defecto dos nosos sistemas formativos, do xeito en que se soen ensinar as cousas, está na negación do erro. Empeñarse en que o alumno aprenda a facer as cousas sen trabucarse é unha equivocaión en si mesma, xa que para “saber” de verdade, hai que ser capaz de identificar os erros e correxilos a tempo.
Poño como exemplo o ensino nas autoescolas. Ós futuros conductores ensínaselles a conducir sin perde-lo control do coche en ningún momento. De ese modo, o conductor non aprende a recoñecer situacións de risco nin qué debe facer cando, sexa polo que sexa, se atopa nunha situación crítica. Así nos vai.

Nota: Este é “o meu primeiro aforismo”. Non os vou a asinar como F. Miguez porque xa o fai blogsome automáticamente.

8 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/10/20/erro-no-sistema-educativo/trackback/

  1. Facedo un offtopic, a min sempre me chamou a antención que à xente que estuda administración en empresas só se ensinan os casos de éxito, como se todo fose sair sempre ben. Eu lembro as miñas primeiras clases de enxeñería con moreas de exemplos de erros, mesmo exemplos con milleiros de vítimas mortais polo medio, o cal xa che metía o medo no corpo.

    Comment by xm carreira — October 22, 2007 @ 11:32 am

  2. A verdade é que é moi facil aprender dos exitos, pero de onde mais de aprede son do erros

    Comment by Fada Branca — October 22, 2007 @ 2:37 pm

  3. Estamos de acordo, logo. Un debería aprender sempre dos erros alleos (a min tamén me ouxeron un lote de exemplos na carreira, e todos do máis didáctico) como dos propios. Aprender a percibir cando as cousas están indo mal para correxir a tempo e, naturalmente, aprender cómo facer esa correción.
    Por suposto, isto esixe que os mestres tamén sepan equivocarse e rectificar.

    Comment by F. Miguez — October 22, 2007 @ 5:42 pm

  4. Tamén ocorre que é ben doado explicar os erros a posteriori, como fan os economistas ou os historiadores. Por exemplo: por qué estoupou a chamada burbulla tecnolóxica logo de facer apoloxética investidora no sector; ou por qué caeu o muro de Berlín. Mais o factor risco sempre está presente na maioría das decisións que temos que tomar tanto a cotío como a máis longo prazo, polo que non sempre é posible levar a cabo a opción óptima (que é a de asumir riscos calculados). A condición de profeta aínda nos está vedada á maioría dos mortais, o cal inclúe ós técnicos de toda pelaxe e condición.

    Comment by cansendono — October 22, 2007 @ 8:22 pm

  5. Certo que as autoescolas dan unha ensinanza penosa, e xa temos probas contundentes (non só intuición) de que son unha mafia:
    http://www.farodevigo.es/secciones/noticia.jsp?pRef=3151_2_172866__Gran_Vigo-Competencia-expedienta-treintena-autoescuelas-Vigo-pactar-precios
    Pero por outra banda a reducción de accidentes co carnet por puntos é a proba contundente de que só respectando máis as normas hai menos accidentes, é dicir, que o conductor era responsable polo menos do equivalente a esa reducción. E sabendo perfectamente cales son as normas… Por iso o exemplo das autoescolas é perigoso, porque quita parte da culpa os conductores. por iso, querido Míguez, rógolle que substitúa o seu exemplo no seu primeiro aforismo (e agora a aguantar a choiva de respostas :-P
    E por certo, FM, déboche unha entrada sobre aforismos :-)

    Comment by peregrinodelasrias — October 22, 2007 @ 10:32 pm

  6. ¡Non podo creer que as autoescolas sexan unha mafia! :D Agora entendo por qué en todas me daban exactamente a mesma tarifa (e fun a sacalo a Coruña).
    Estou de acordo en que a culpa dos accidentes está, maioritariamente, nas mans dos conductores. Pero iso non é incompatible co “aforismo” do post. Verás: ¿a tí ensináronche a facer unha frenada de emerxencia na autoescola (refírome a esas frenadas nas que se bloquean as rodas ou, con ABS, o freno empeza a temblar como si se fose a desmontar)? A min non. Insistíronme moito que a modiño, que frenara con coidado… pero a primeira vez que peguei un frenazo, non lembro si foi culpa propia ou allea, tiven que improvisar, o cal resulta bastante perigoso cando estás “na hora da verdade”. Xa non falo do contravolante, e de outras técnicas relacionadas coa seguridade, pero polo menos aprender a frenar… (teño empezado dende hai tempo un post sobre isto, pero non o dou rematado).
    No contexto do aforismo, eu coido que na autoescola deberían levarte a unha pista cerrada e poñerte en apuros de verdade, dicirche nalgún momento “ves, derrapaches e perdeches o control porque… e iso tes que evitalo”. Sería bastante máis seguro que limitarse a esixir que os conductores sepan ler os sinais.
    No fondo, e como resposta máis concreta ó que planteas, o exemplo das autoescolas non ven a eximir ós conductores, sinon a plantear que as esixencias para a obtención do permiso de conducir deben de ser máis profundas.

    Comment by F. Miguez — October 23, 2007 @ 4:34 pm

  7. Efectivamente, tes moita razón.
    Levado ó mundo do xadrez, unha das miñas pasións, é ben sabido que se aprende moito máis dunha derrota que de 100 victorias.
    E dirás ti que lojo eu tería que saber moito…
    Pero esa é outra historia.

    Comment by Ninsesabe — October 24, 2007 @ 6:43 pm

  8. :D Tamén contan que Tojeiro, ante un clase chea de aspirantes a empresarios díxolles que o mellor que lles podía pasar era que se arruinasen, iso si, a tempo de volveren a empezar.

    Comment by F. Miguez — October 25, 2007 @ 6:06 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.