Esto mata moteros. Seguridade pasiva nas marxes das estradas.

O gardarraíl da foto ten pintado a frase “ESTO MATA MOTEROS”.
Antes de profundizar na cuestión, engadirei unha lista de outras que, no meu humilde xuício tamén matan ou poden matar moteros:

-Adiantar a outro vehículo polo lado dereito en estrada ou autoestrada.
-Adiantar a un vehículo que, á súa vez, está adiantando a outro vehículo.
-Circular a 240Km/h por unha estrada nacional en hora punta de tráfico.
-Tomar unha rotonda polo lado esquerdo.
-Adiantar entre dous vehículos que avananzan no mesmo sentido de marcha.
-Adiantar entre dous vehículos, un que avanza no sentido propio e outro en sentido contrario.
-Circular en paralelo con outro “motero” nunha estrada virada e aberta ó tráfico.
-Adiantar en lugares de escasa ou nula visibilidade (como curvas ou cambios de rasante).
-Adiantar aproveitando carriles de incorporación ou desaceleración, así como isletas encebradas na calzada.

Todas estas cousas, e algunha máis que me poderá recordar o lector, foron vistas ou coñecidas nunha ou varias ocasións por este que aquí apunta. Non digo, nin penso, que os moteiros temerarios e irrespetuosos cos demáis usuarios sexan todos, nin unha maioría, pero viríalle bastante ben á súa imaxe como colectivo que se recriminasen entre eles actitudes que nos leven a pensar ós demáis que os moteiros “fan o que lle sale dos huevos” e, si se matan, é cousa súa por andaren como tolos.
Aclarado iso, digo xa que estou totalmente do lado das reclamacións dos moteiros. En ningunha faceta da vida, un elemento de seguridade debe encerrar un risco en si mesmo, e as estradas non son unha excepción. Os gardarraíles son un invento pésimo. Non só lle provocan lesións graves ós moteiros, sinon que en determinadas circunstancias poden actuar como un “abrelatas” na carrocería dun turismo, chegando incluso a causarlle danos ós ocupantes do mesmo.
A día de hoxe, a mellor medida que se instala para evitar as saídas de via ou carril son as barreiras de formigón con forma de Y invertida. Non se deforman, non cortan, e como os vehículos colisionan con elas de xeito máis ou menos tanxencial, son capaces de detelos sin que se produza un impacto seco (e mortal), como acontecía antigamente cando os coches chocaban contra o canto dos petriles. ¿Inconvenientes das barreiras Y? Que ocupan máis que os gardarraíles e que non son feitas de un material reciclable.
Pero aínda podería ser mellor. Hai unha medida de seguridade deste tipo que está totalmente abandonada na obra pública española, e que debería considerarse con máis frecuencia: as “escapatorias.” Si algún dia ven unha carreira de coches ou motos en circuíto, fíxense por qué razón as saídas da calzada nunca teñen apenas consecuencias. Efectivamente: ós lados da pista existen espacios despexados de obstáculos físcos (así os vehículos non chocan contra nada) e o chan está feito de gravilla solta, que frena progresivamente os bólidos segundo se lles van enterrando as rodas. Ademáis, as barreiras non son ríxidas, sinon que están formadas por obxetos que absorven a enerxía dos impactos, como neumáticos vellos ou alpacas de palla. Os gardarraíles estaban chamados a cumplir esta última función, pero truxeron consigo os problemas dos que falamos.
Tal e como eu o vexo, a cousa era tan sinxela como coller a un grupo de enxeñeiros máis ou menos solventes, de áreas como a enxeñería civil e a enxeñería mecánica, e poñelos a buscar duas ou tres solucións recurrentes para distintos entornos de proxecto. E despois, claro está, tomar en serio as súas aportacións.
Eu proporía catro:
A xeneralización da barreira en Y en entornos onde o espacio é crítico, como vias urbanas.
A implantación de marxes amplas e escapatorias alí onde se dispoña de máis sitio. Si se fixan, moitas veces quedan curvas mortas, ou anacos de asfalto ás beiras das estradas cando se cambian os trazados. Acondicionalos como escapatorias non sería moi caro, e aumentaría a seguridade.
A xeneralización de dispositivos de absorción de enerxía. Sexan estáticos, como os neumáticos, as alpacas, ou depósitos cheos de auga (vense moito en películas americanas), ou sexan sistemas reactivos (mais ou menos “tipo airbag”, para que nos entendamos), que ocuparían menos espacio que os outros e serían axeitados alí onde, de novo, o espacio é un problema.
Mellorar a xeometría dos taludes. Implicaría maiores afeccións nas marxes da calzada, pero unha base oblícua dos taludes e murallóns, probablemente implicaría deceleracións menos dañinas en caso de accidente. (É só unha hopótesis, habería que estudialo para ver si de verdade é efectivo.)
De momento, parece que as protestas dos moteiros van ter éxito e a DGT comprométese a cambiar os gardarraíles, veremos que resultado dan, pero xa é un paso adiante.

7 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/10/16/esto-mata-moteros-seguridade-pasiva-nas-marxes-das-estradas/trackback/

  1. Totalmente dacordo contigo, os moteiros reclaman a retirada dos gardarraís, paréceme ben, ademais penso que xa hai un plan previsto para substituilos nos vindeiros anos, pero o que tamén teñen que facer eles é unha cura de humildade, supoño que coñecera-la autovia do Salnés, a que vai para as praias da zona onde vivo, cara a Sanxenxo, A lanzada e Montalvo, pois teño visto auténticas barbaridades de moteiros e mesmo onte, vindo para a casa do traballo, no casco urbán de Poio, un “flipao” porqué non teñen outro nome, saiu dun semáforo facendo unha levantada de moto ao longo de bastante metros, pois ben, se se lle chega ir a moto ven contra min e mátame, éntrame polo cristal de diante e non o conto….

    que miren tamén para eles á hora de reclamar máis seguridade nas estradas.

    un saúdo

    Comment by breogain — October 17, 2007 @ 6:57 am

  2. Eu téñolle medo ás motos. Aínda que non todos serán así, moitos dos máis mozos van coma se tiveran un código da circulación especial para eles. Tamén eu estou dacordo contigo nos exemplos do seu comportamento.

    Comment by bouzafria — October 17, 2007 @ 1:53 pm

  3. ¿E non me dicen nada sobre as barreiras? :D

    Comment by F. Miguez — October 17, 2007 @ 6:02 pm

  4. Moitos moteiros teñen un moi mal comportamento pero, dito isto, nunca me gustaron as barreiras de aceiro galvanizado (nós chamámoslle “bionda” porque o perfil fai dúas ondas): oxídanse e hai que cambialas, cortan moitísimo e dan unha falsa sensación de seguridade. Eu prefiro as barreiras de formigón (nós chamámoslles “New Jersey” porque foron inventadas alí); unha vez colocadas son para toda a vida e son mais seguras.

    Comment by xm carreira — October 20, 2007 @ 11:41 am

  5. Esas “New Jersey” son as que eu me refiro como “Y invertida”. Celebro que esteamos de acordo, porque, eu tamén creo que esas “bionda” causan unha falsa sensación de seguridade, o cal é a veces máis peligroso que non ter protección ningunha (porque a xente se confía).

    Comment by F. Miguez — October 20, 2007 @ 12:15 pm

  6. Pois si, son as mesmas. Cando o vehículo se achega lateralmente á barreira de formigón, debido ao rozamento do neumático coa parte inferior do Y, reduce a velocidade. Coas biondas metálicas directamente te escarallas vivo coma se te empotrases contra unha lata. O ideal serían unhas barreiras coma as dos circuitos de karts, con amortecedores, pero iso vale un pastón.

    Comment by xm carreira — October 20, 2007 @ 3:38 pm

  7. Habería que poñer nunha balanza o que valen esas barreiras e os custes que lle supoñen ó estado as lesións en accidente de tráfico, porque ó mellor compensaba bastante ese gasto. Ademáis, xa sabe vostede que eu son máis da opinión de mellorar as infraestructuras existentes que de seguir coa política de formigón que levamos :)

    Comment by F. Miguez — October 22, 2007 @ 7:50 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.