Aforismos revisited.
Cando presentei a categoría “Aforismos”, dixen que poría frases propias e alleas e non o cumplín. Con unha excepción anecdótica, os aforismos que puxen hasta o de agora son todos de terceiras personas. Penso que hai moitas ideas que quero apuntar, para non as esquecer, pero acaban marchando co vento porque, ou ben non dan en si mesmas para desenvolver un artigo enteiro, ou ben me bota para atrás o tempo que preciso para escribir todo un post sobre algo (sobre todo, dado como son a escribir textos máis ben longos).
Por iso, fago propósito da enmenda, e propóñome a min mesmo o obxetivo de apuntar esas ideas fugaces sin preguizas e sin darlles máis voltas das oportunas.
Pois eu creo que ese proposito é moi bo, a ver que sae del
Comment by Fada Branca — October 14, 2007 @ 12:21 pm
Espero non defraudar.
Comment by F. Miguez — October 15, 2007 @ 6:17 am
Non sei, non sei, querido Tino: non te vexo escribindo entradas dunha soa frase
Pero para apoiarte, cando fagas ti a primeira entrada de aforismos, eu adicareite a entrada que faga a continuación explicando os dous únicos aforismos que me gusta dicir que son meus. E se te pasas por http://alfaya.wordpress.com/ verás que en unhas cantas entradas con aforismos (por exemplo a do 15 de outubro). É un coleccionista de aforismos, entre outras moitas cousas.
Comment by peregrinodelasrias — October 15, 2007 @ 10:23 pm
He he. Gracias polo apoio, porque vai ser todo un reto.
Botareille un ollo ese blog, a ver si aprendo algo.
Comment by F. Miguez — October 16, 2007 @ 6:25 pm