Colleita de millo 07.

Estes dias teño andado a esfollar (bágoa de xogo de palabras) no millo.

Espigas.

Xa había anos que na miña casa non se collía un tractor “a plan” de espigas. Tampouco foi este, porque temos un canizo roto e hubo que facer varios viaxes, pero o caso é que viaxei moitos anos atrás na miña memoria ó volver ter tanto millo na casa, e iso éncheme de ledicia.
Sí. Primeiro, a ledicia que nos da a fartura ós galegos, que me compensa bastante o fiasco da campaña de trigo. Segundo, a ledicia de que, sentado nesas espigas, sinto que sigue viva a cultura na que me criei, que me fixo como son, e que non me deu ningún motivo para renegar de ela. Terceiro, a ledicia de que algo que eu fixen funciona. Refírome á sementadora, porque unha cousa era ver que o millo e os feixons caían no rego, outra era ver que nacían, e outra ben distinta é apañar as espigas e comer os feixóns. Este é o momento no que sí digo “a sementadora deu resultado”. Agora, a ver si outras cousas me dan o mesmo resultado.

P.D.: Non me sentía ben si non digo que boa parte do mérito o teñen meus pais, que se encargaron de case todo o traballo de sachar, e máis apañaron eles os feixóns.

8 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/10/10/colleita-de-millo-07/trackback/

  1. En relación ó xogo de palabras, aló na miña terra chamábaselle “ir ás fabas”…As parellas metíanse no medio do millo, e claro, no medio do millo tamén se sembraban as fabas…
    Os mundos cambian que da xenio, pero algunhas cousas son eternas.

    Comment by Ninsesabe — October 10, 2007 @ 7:31 pm

  2. Na casa dos meus sogros tamén colleitamos unha boa chea de millo este ano, penso que tamén un tractor enteiro del que agora está a secar, dá gosto velo ali, tan amareliño e tan ben feito… :) e iso que habia paxaros a plan este ano, para iso houbo que darlle voltas e voltas a varios artilúxios para espantalos, que se os cedés colgados, que as tiras de cinta con brillo…en fin, os paxaros rinse dos espantallos de hai anos, agora hai que modernizarse, que eles non son parbos.

    un saúdo :)

    Comment by breogain — October 11, 2007 @ 7:42 am

  3. Nos tivemos problemas cos páxaros noutra plantación, de millo blanco, aquí pegada á casa. Nesa, que está ben cerca da finca de trigo que sí me invadiron, só hai algunha espiga comesta polos ratos.
    Hai que modernizarse, efectivamente, para manter vixentes ese “valores eternos” dos que fala Ninsesabe, que son a verdadeira gracia da vida :D

    Comment by F. Miguez — October 11, 2007 @ 9:32 am

  4. AIIIIIIIIIIII CANTOS RECORDOS

    Comment by Fada Branca — October 11, 2007 @ 5:55 pm

  5. Que bo que houbese boa colleita e que funcionase o teu artiluxio. Non hai como a ledicia dun bo traballo recompensado.

    Comment by paideleo — October 12, 2007 @ 1:18 pm

  6. Fada: A infancia de moitos de nos estivo entre milleiros e espigas ¿Verdade?, e na matanza, e pisando uvas… Pero hai que facer por que iso non quede só na memoria :)
    Paideleo: Unha parte da miña motivación, está en que si algún dia eu teño “o meu propio Leo”, poder ensinarlle este mundo que é o noso campo, como no seu dia mo ensinaron a min, e non so por fotos.

    Comment by F. Miguez — October 12, 2007 @ 2:32 pm

  7. Conque andas a es”follar”, eh, pillabán?

    Comment by O Raposo — October 12, 2007 @ 6:09 pm

  8. ¡Quen me dera! Por iso a bágoa de xogo de palabras. :D

    Comment by F. Miguez — October 13, 2007 @ 3:09 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.