Eu, ciclista. Activismo a pedaladas.
Serei sincero. Cando me empezou esta vena ciclista, a idea de circular entre o tráfico rodado parecíame inviable. Estaba disposto a me despeñar eu so por un mote abaixo (tranquilos, aínda non estou tan chalado como os deste vídeo), pero o risco de ser atropelado parecíame inasumible. Sin embargo, pouco a pouco funme decidindo a meterme entre os coches, e hubo para iso un factor determinante: ver a deportistas e afeccionados polas estradas de Galicia, reivindicando ó mellor sin darse conta o feito de que non só os vehículos a motor teñen dereitos sobre o asfalto. Así, é hoxe o dia en que non me parece descabelado o plan de marchar na bici de montaña hasta Vigo ou o Porriño a facer unha compra pequena, e moito menos cargar a BH no coche e desembarcala ás portas de Pontevedra para facer certos trámites coa administración. Por exemplo.
Confío, polo menos, en que algúns dos que me vexan sigan o meu exemplo, como eu seguín o de outros, e se apeen dos seus coches. Confío tamén en que os conductores, como é un servidor moitas veces, resignados a circular detrás de unha bicicleta, entendan que existe unha realidade fora da sociedade do automóvil. ¿E por qué esa vocación “evanxelizadora”, si queren chamalo así? Por dúas razóns.
A primeira, e a constatación de unha experincia gratísima, a de se mover polas cidades case á mesma velocidade que os coches, pero sin perder tempo tratando de aparcar e permitíndome acceder a lugares ou facer maniobras vetadas para vehículos a motor.
Segundo, porque, como dixen noutra parte destes artigos, considero que os coches son un invento maravilloso, pero no momento en que desplaza ás personas das ruas, estas empezan a ser un pouco menos humanas. De feito, ese proceso xa está culminado, e toca agora empezar a camiñar no outro sentido. Sexa a pe, en bicicleta, en patíns, ou como se queira, o “desculpe, ¿permíteme pasar?” sempre estará mellor que dar un bocinazo con cara de can.
Personalemente, e ninguén ten por qué estar de acordo conmigo, creo que non estaría de máis rediseñar a nosa sociedade e os nosos entornos para que as personas volvamos ser protagonistas da paisaxe visual e acústica, porque automovilistas só somos algúns (ainda que moitos) e a tempo parcial. Personas somos todos, sempre.
Totalmente de acordo en todo, pero especialmente no de rediseñar os espacios vitais.
Comment by Ninsesabe — October 6, 2007 @ 8:47 am
Non e ningún segredo que eu sexa máis partidario dos entornos rurais que dos urbanos, con esa óptica, coido que vai sendo hora de que deixemos de intentar crear cidades “do futuro”, colapsadas de coches, nas que a xente só se relaciona no traballo, no ximnasio e nos locais de ocio, para voltar á “vida de aldea”, que a xente se pare a falar polos camiños e se tome a vida con máis calma.
Comment by F. Miguez — October 6, 2007 @ 12:47 pm
Ademáis, é curioso cómo cada vez que un concello decide peatonalizar unha zona se poñen en pe de guerra comerciantes, veciños e colectivos varios… E despois inguén consigue demostrar os efectos perniciosos que vaticinara para o comercio e a comodidade do personal, pero tampouco recoñecen o contrario. Simplemente, as rúas aparecen cheas de xente camiñando con bolsas da compra, parándose a mirar nos escaparates e sentándose nas terrazas dos bares como si fose a cousa máis natural do mundo.
Non sei si a máis natural do mundo, pero dende logo que máis natural que outras formas de urbanismo sí que é.
Comment by F. Miguez — October 6, 2007 @ 1:14 pm