Eu, ciclista. Bicicross 20 de asalto.
Nun principio, o proxecto empezou a desmadrarse na miña cabeza: “As llantas están enferruxadas, os neumáticos teñen vinte anos, o asiento “tipo banana” é para un cativo…” Botando contas con un catálogo online diante, a reconstrucción saíame case máis cara que mercar unha bici plegable nova, de aluminio e con marchas, así que me limitei ó imprescindible: a cámara da roda dianteira, o cable de freno traseiro, o sillín e o soporte de sillín (¿sabe alguén si hai unha palabra galega que equivala a “tija”?).
Do óxido e os golpes, fixen miñas as palabras coas que describen ó vello Land Rover de toda a vida nunha reportaxe sobre a súa historia “…and it´s beautiful, truly beautiful, in the way that the weather bitten and old face of a desert nomad may be beautiful.” (transcripción aproximada) Pois sí, é unha bici vella ¿e qué? No mundo en que vivimos, poucas cousas poden fachendear de seguir sendo útiles pasados vinte anos, e asaltado polo romanticismo desexo pensar que algún dia, cando eu “xa non sexa util” esa bici seguirá levando a alguén por ruas e camiños. E si ese alguén está na liña descendente da miña árbore xenealóxica, mellor.
Volvendo ó mundo práctico, discurrín a maneira máis cómoda de plegala para que me collera en calquera coche, e o resultado pódeno ver na foto. Pouco máis de un minuto e unha chaviña inglesa (tamén vale unha que trae a propia bici, pero é máis agresiva cos tornillos) son a diferencia entre un bulto máis no maletero e unha bicicleta perfectamente funcional. Todo por 24′60€, luz traseira incluída ¿alguén da menos?
Comparada coas outras bicis plegables do mercado actual, é un pouco máis lenta de plegar (arreglaríase cambiando os tornillos por cierres rápidos), e un pouco máis pesada… pero as rodas de tacos e o manillar tipo BMX fanme sentir tan sexy como se andivese nun Hummer H3
P.D.: O sillín tipo banana e o arco metálico que o soportaba por detrás, tan caraterísticos destas “bicicross”, quedan gardados por si algún día desexara restituir o estado orixinal da bicicleta, porque un clásico, sempre é un clásico.
Eres un artista!
Comment by susolista — October 4, 2007 @ 8:57 pm
Vindo iso de ti, considérome honrado. De todos xeitos, gústame pensar que son un expoñente da situación actual do 100% recycling que tanto nos acracteriza ós galegos.
Por certo, este coemtario teu, Suso, é o número 1000 que recibe o meu blog, date por convidado para cando abra tempada de furanchos
Comment by F. Miguez — October 4, 2007 @ 9:58 pm
Vai fotos mais chulas. Mola a BH.
Comment by xm carreira — October 5, 2007 @ 1:06 pm
Bueno, nestas fotos non se lle notan os oxidos e os golpes, pero sí, a min paréceme unha bici moi bonita.
Comment by F. Miguez — October 6, 2007 @ 12:47 pm