Eu, ciclista. La bicicleta es roja.

A miña caligrafía nunca pasou inadvertida, unhas veces por exceso e outras por defecto. De pequeno foron máis as do segundo tipo así que, cando se deberon esgotar tódolos cadernillos Rubio do mercado, meus pais tíñanme boa parte das tardes copiando unha frase calquera hasta que o facía con boa letra.
Unha noite, espertei con ganas de ir ó baño e antes de acender a luz dinme conta de que había algo extraño, un cheiro curioso que non esquecerei nunca invadia a habitación e algo brillaba xunto os pes da cama. Eu son era bastante medoso, así que tardei un pouco en me decidir a prende-la luz. Cando por fin o fixen, o que descubrín foi esa bici da foto (eu son era o da dereita, o outro é meu irmán). Unha BH Bicicross 20. Imaxien que pequeno e/ou inxenuo podía ser eu, que entendín aquilo como unha especie de horas extra a destempo dos reis magos (non era Nadal, por suposto), e maravilleime da capacidade adivañatoria do meu pai, que me fixera copiar a tarde anterior a frase “La bicicleta es roja” unhas cincuenta mil veces.

Bicis.

Visto dende agora, entendo que foi unha especie de agarimo dos meus pais, despois de que pasara un mes ou máis encamado tras dunha operación quirúrxica. Polas tardes, íbamos a Acea da Ma, a unha zona que estaban urbanizando daquela (o Paseo Marítimo do Burgo non existía nin en proxecto), para aprender a montar na bici, hasta o día que unilateralmente decidín que xa sabía andar e me embalei todo… caín nunha taghea e rompín o codo dereito. Outra vez ó quirófano e outro mes de baixa. Despois a bici veu para Redondela, e mercáronlle outra máis pequena a meu irmán, dando inicio unha era épica, como a de tódolos nenos con bici.

Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/10/01/eu-ciclista-la-bicicleta-es-roja/trackback/

No comments yet.

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.