Eu, ciclista. Da condición física do Sr. Miguez.

(En desagravio ou penitencia por non ter acudido á manifestación ciclista de onte, voulles contar un pouco a miña experiencia como ciclista, para ver si consigo contaxiar ó público do espíritu das duas rodas, con cinco artigos que colgarei ó longo desta semana.)

Hubo unha época, con trece anos, que me empecei a sentir particularmente fatigado nas clases de educación física, e deume por sair a correr un pouquiño polas tardes, a ver si collía un pouco de fondo. Un tempo despois supen que a orixe da miña fatiga estaba nun problema de estómago, non na falta de exercicio, pero aquilo de correr convertérase xa nunha necesidade para min. Quice anos despois, poñer os tenis e botar a correr, sin pensar en voltar, sigue sendo un impulso que teño que liberar, pero os dous anos de embalador de mobles afastáranme tanto desa práctica que a miña maquinaria estaba francamente oxidada e o meu bandullo francamente abultado. Sumado iso á falta de un programa de adestramento, ó final deste inverno pasado, acumulei unha importante sobecarga muscular que me tiña outra vez no dique seco. Así que, un dia, decidín ir a dar unha volta nunha vella bici de montaña que era máis do meu irmán que miña, e na que, salvo algunha ocasión esporádica, levaba sin montar uns doce anos.
Fun por unha pista ben coñecida no entorno vigués, que é a “Ruta da Auga” (a pista da traída de augas de Vigo) e quedei alucinado polo feito de que, tras hora e media pedaleando, as miñas pernas voltaban a casa mellor do que sairan. A partir de ahí, primeiro foi o “culotte”, despois uns guantes para non esfolar as mans si caía (idea moi afortunada, por certo), o casco, algúns axustes na bici… Hasta que a dia de hoxe, uns meses despois, podo dicir que os pantalóns xa non me apretan e case estou outra vez en forma, pagando, a cambio, o precio de dar dous ou tres paseos semanales que, dada a estética dalgúns entornos desta comarca, case valen a pena por sí sós.

Panorámica.

8 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/10/01/eu-ciclista-da-condicion-fisica-do-sr-miguez/trackback/

  1. Pois xa somos dous, eu tamén son ciclista e de montaña, hai anos que deixei a competición, daquela, alomenos un quince anos corria nun equipo de mountain bike moi coñecido en toda Galiza, o “Gonbel” de Marin, competindo no campionato galego e correndo algunha que outra proba tamén no veciño Portugal, cheguei ate a corre-la copa do Mundo, daquela chamada a “Copa Grunding”, polo patrocinador, na casa do campo de Madrid, xunta aos mellores do mundo, daquela maiormente americanos.. agora fago algo de cando en vez, sobre todo os domingos, máis que nada porque polo traballo xa non teño tempo, pero o que si, é coa estática dia si e dia non fago uns cantos quilómetros na miña casa escoitando algo de música e pensando en algo para escribir no blogue…

    unha aperta compañeiro de fatigas, un dias de estes tamén conto a miña experiencia coma ciclista e poño algunha foto :)

    Comment by breogain — October 1, 2007 @ 1:31 pm

  2. Eu son máis ciclista de asfalto; a miña bicicleta de carreiras acada unha boa velocidade punta e recoñezo unha certa temeridade nas baixadas.

    Comment by xm carreira — October 1, 2007 @ 2:30 pm

  3. Eu, que son neófito, aínda oín falar da Copa Grundig hai pouco, pero iso sitúao a vostede a un nivelón impresionante. É unha bágoa que traballo e deporte/exercicio sexan tan incompatibles (seino por experiencia).
    Eu, procuro andar alomenos unha vez á semana polo monte e outra por asfalto (ousexa, unha sesión de esforzos moi variables e outra de esforzo máis constante para que se complemente o exercicio). A verdade é que na estrada a vella BTT de aceiro, con rodas de 2.10 pulg. de ancho, faise pesadísima, e cando poida aforrar algo igual collo unha de carreiras de segunda man (aínda que sexa prehistórica, seguro que pesa menos que a que teño).
    Agora ben, si teño que escoller, quedo coa de montaña, porque a cabra sempre tira ó monte :D

    Comment by F. Miguez — October 1, 2007 @ 4:25 pm

  4. Eu son mais de patear, de sendeirismo, pero a idea é mais ou menos a mesma.

    Comment by O Raposo — October 1, 2007 @ 9:35 pm

  5. Eu nunca fixen sendeirismo no sentido estricto da palabra, pero andar (e correr) levo andado unha chea, e no fondo sempre me identificarei máis coas pateadas que coa bicicleta.
    Non sei si servirá de exemplo, pero non quero poñerlle pedais automáticos á bici porque me nego a calzar uns botíns especiais para ela. Camiñar (que os botíns tampouco o impiden, as cousas como son) é o recurso natural do humano, e para min e sagrado.

    Comment by F. Miguez — October 1, 2007 @ 9:43 pm

  6. O de darlle o pedal, debe de ser pola cousa esta Galega do afiador. Pola parte esta da Costa da Morte, debido a merda de estradas que sempre tuvemos, será polo que non hai ciclistas. Eu, pola miña banda, o andar en barcos, pois sempre buscas andar, andar moito…por terra.

    Comment by susolista — October 1, 2007 @ 9:48 pm

  7. Sexa a pe ou en bici, na Costa da Morte, o que hai e unha cantidade estupenda de sitios para pasear e percorrer ;)

    Comment by F. Miguez — October 2, 2007 @ 6:06 pm

  8. E falando da costa da morte, xa me gostaria a min facer unha excursión en bici por alí, teño ido moito pero no coche, o meu sitio preferido, o faro de Cabo Vilano e por suposto o de Fisterra, na esquiniña de todo, onde está a pintada que supoño teredes visto algunha vez, é máis, teño unha foto de hai catro ou cinco anos…ali, senti-la forza do vento e ver bate-las onda contra as rochas, aquilo é impresionante, son un namorado dos faros…un dia teño que poñer unhas cantas fotos que teño feitas nos da costa da morte.

    saúdos

    Comment by breogain — October 3, 2007 @ 11:46 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.