Do cacismo e o caciquismo.

“Yo hice una obra de un hotel, de planta baja y 4.000 metros cuadrados, y el presupuesto estuvo en cuatro millones de euros, incluído comprar el terreno. Así que no me explico cómo puede presupestarse el auditorio de Redondela en seis millones, siendo una obra más pequeña y el terreno ya propiedad del ayuntamiento.”

Deixémolo en Anónimo, que non quero meter a ninguén en líos. Eu non teño experiencia no sector da construcción, pero cando vin o letreiro da obra algo me dixo que “mil kilos (de pesetas) son moitos kilos“.

6.231.850,81€.

Aínda que, ó parecer, en total son máis.

Sobre o AVE e os seus problemas en Barcelona.

Os problemas que as obras do AVE está a causar no tránsito de cercanías barcelonés, pero sobre todo a maneira en que se está levando a polémica “que si Zapatero debe comparecer, que si as obras estarán rematadas ou non antes do 21 de decembro, que si dimita a ministra…“, poñen de manifesto que o AVE é unha infraestructura con grande interese político (enténdase “dos partidos políticos”), moito máis do interese que a xente sinte por ela (sin entrar a discutir as súas bondades ou inconvenientes).
Na mesma polémica, o feito de que a empresa adxudicataria, OHL, desminta que se trate de un boicot encuberto do grupo de empresas Villar Mir ó goberno deixa claro, cando menos, que existe unha sospeita bastante extendida sobre a influencia das grandes constructoras nesa mesma política.

Nota: Terán oido, con relación a esta e outras novas semellantes, a expresión “problema técnico”. Sepan que ós técnicos esas palabras prodúcenlle risa.

Al Gore e sentido común.

“Formamos unha civilización global que está emitindo 70 milllóns de toneladas de contaminación cada 24 horas. Teríamos que ser moi tontos para pensar que iso non vai traer consecuencias.”
Al Gore.

Anda Al Gore pontificando estes días por España. Paréceme un pouco esaxerado darlle tantos premios e tanto bombo, e dende a miña formación científica, son un pouco excéptico coa súa maneira de divulgar “a mensaxe”. Pero á marxe das discrepancias que poidamos ter Al Gore e eu á hora de tratar os datos científicos, esa afirmación súa ten o comodín do sentido común, ese no que basarse á hora de tomar partido contra as emisións contaminantes á atmosfera e, en xeral, a favor do desenvolvemento sostible.

“Todo o que facemos ten consecuencias, e si hai risco de que sexan catastróficas, o mellor erro que podemos cometer é cambiar de actitude.”
Esta é miña. Deixolla por si se aburren durante a fin de semana.

P.D.: Aquí apuntei a miña opinión sobre a cuestión do cambio climático, para non a esquecer.

Reflexións personales sobre novas xerales.

Nesta, xa miña “madurez” blogueira, teño tendencia a non tratar asuntos ou novas que traten profusamente outros medios. Non porque me sinta máis listo que os demais, sinon por todo o contrario: en moitos casos, non me creo quen de ofrecer máis que os outros. Pero levamos uns cantos dias de novas das que dan moito que falar, ou cando menos que pensar, e ó final non evito apuntar aquí os resultados obtidos pola miña cabeza, antes de me saturar.
Por exemplo, pasaron xa tres dias desde que rematou o mundial de Fórmula 1, e a inesperada victoria de Kimi Raikonnen acaba por atenuar leve e pasaxeiramente o noxo que sinto polas competicións deportivas, noxo fomentado por xente como Ron Dennis e a súa forma de guiar a escudería McLaren, moi semellante á que teñen moitos empresarios, xerentes e encargados mediocres por estas terras. Chanchullos, avaricia e falta de respeto polos profesionais fixeron, hai xa tempo, que deixase de crer no “deporte” (ainda que eu me considero deportista), do mesmo feito que ver xa o alumbrado colocado (aínda que non aceso) me lembra por qué fun crendo cada vez menos no Nadal.
Tamen vou crendo cada vez menos no ser humano, sobre todo cando vexo cousas como as imaxes do atrofiado mental que lle bateu á mociña ecuatoriana no metro de Barcelona. A actitude do suxeito non da lugar a opinar, pero sí me da qué pensar a miña posible actitude si estivera alí presente. Por un lado, penso que a miña ética personal me levaría a intervir na agresión (a favor da moza, naturalmente). Por outro, está o feito de que como son un tipo pacífico, nunca me metín nunha liorta e non teño nin idea de pelexar. Ademáis, os energúmenos teñen amigos, normalmente tamén energúmenos, e si eu saise nese video baténdolle ó agresor, viviría largo tempo temendo unha vinganza, xa que de delatarme seguramente se encargaría a lexión de reporteiros “al pie del cañón” que plagan hoxe os medios. Ademais, aínda non teño a certeza de que non tivese que responder eu ante a xusticia, así que gaña a opción “non intervir” por tres a un. Oxalá nunca estea presente nunha situación de esas, e si o estou, oxalá teña o valor de seguir o dictado da miña conciencia, aínda que leve as de perder.
Mentres tanto, pensen que ese ghicho pasará un par de anos no cárcere e, si lles parece, podemos abrir unha ronda de apostas sobre a clase de persona que será cando saia. Si aínda lles sobra tempo, pensen tamén que, a pesar de todo, un suxeito así tamén ten dereito a votar (e a sacar o carné de conducir, glups); non estou en contra do sufraxio universal, pero preocúpame a clase de partido que podería obter o boto de esta calaña.
Tamén me emocionou bastante enterarme de que Pacual Maragall ten Alzheimer. As súas declaracións sonan optimistas, e confío que él nunca lea que hay xa cinco ou seis anos, os médicos dixéranos, á miña familia e a min, que se estaba probando un tratamento que parecía estar dando bo resultado. Só a primeira parte da información resultou demostrable (a de que se estaba probando un tratamento). O resto: cariño e paciencia. Non o coñezo personalmente, pero deséxolle o mellor a Maragall, e á súa familia.
Con cousas así, o blogotema estrela da semana pasada nestes lares, o peche de Aduaneiros Sem Fronteiras, parece unha cuestión moi secundaria. Eu teño por costumbre non me posicionar en confrontamentos alleos, sobre todo cando non coñezo o 100% das circunstancia, e cando as dúas partes parecen ter algo de razón. Sí direi que os deseños dos Aduaneiros me pareceron fabulosos, e algún incluso me sobrecolleu, pero sobre todo iso, teño que recoñecerlles e agradecerlles que foran a porta pola que descubrin que existía un mundo de cultura, pensamente e crítica feito para/por galegos e en galego neste curruncho da blogosfera. Reabran o gharito ou non, espero que continúen con esa tarefa durante moitos anos.

Erro nos sistemas formativos.

O maior defecto dos nosos sistemas formativos, do xeito en que se soen ensinar as cousas, está na negación do erro. Empeñarse en que o alumno aprenda a facer as cousas sen trabucarse é unha equivocaión en si mesma, xa que para “saber” de verdade, hai que ser capaz de identificar os erros e correxilos a tempo.
Poño como exemplo o ensino nas autoescolas. Ós futuros conductores ensínaselles a conducir sin perde-lo control do coche en ningún momento. De ese modo, o conductor non aprende a recoñecer situacións de risco nin qué debe facer cando, sexa polo que sexa, se atopa nunha situación crítica. Así nos vai.

Nota: Este é “o meu primeiro aforismo”. Non os vou a asinar como F. Miguez porque xa o fai blogsome automáticamente.

Att. de Concha García Campoy.

Preguntaba la señora Garcia Campoy a un oyente, en el programa de hoy (17/10/2007), que si “las leyes están para cumplirlas o no”. La afirmación “las leyes están para cumpirlas” es recurrente en su tertulia política, y mucho me temo que es más propia de un diálogo de western que de un debate actual y serio.
Existen aún hoy paises en los que la ley, por ejemplo, niega la igualdad entre hombres y mujeres. ¿Cree la señora Campoy que se deban cumplir esas leyes? Yo no. Las leyes están escritas por seres humanos y, por tanto, pueden contener errores o incluso injusticias que atienden a algún interés. Pensar que las leyes españolas están exentas de defecto alguno sería tan estúpido, que no creo que sea necesario debatirlo, así que cuestionarlas y, llegado el caso, desobedecerlas puede ser, como ha sido a lo largo de la historia, el único camino para lograr que una sociedad progrese en sus derechos, libertades y orden.
Observen que no cito, ni pongo como ejemplo, a ninguno de los casos que andan en los debates de la actualidad política española, entre otras cosas porque ni los conozco demasiado, ni me preocupan; simplemente considero que apenas afectan a un ciudadano corriente como yo.
No sostengo, ni por asomo, que se deban abolir todas las leyes, pero permítame invitar a la reflexión a las personas que normalmente están en su mesa de debate, y a que eviten caer en las simplonerías del lenguaje usado por nuestra clase política.

Gracias por su atención. Reciba un cordial saludo.

F. Miguez.
Redondela.
Pontevedra
.

Enviado onte a Las Mañanas de Cuatro. Supoño que estaba un pouco quisquilloso.

Esto mata moteros. Seguridade pasiva nas marxes das estradas.

O gardarraíl da foto ten pintado a frase “ESTO MATA MOTEROS”.
Antes de profundizar na cuestión, engadirei unha lista de outras que, no meu humilde xuício tamén matan ou poden matar moteros:

-Adiantar a outro vehículo polo lado dereito en estrada ou autoestrada.
-Adiantar a un vehículo que, á súa vez, está adiantando a outro vehículo.
-Circular a 240Km/h por unha estrada nacional en hora punta de tráfico.
-Tomar unha rotonda polo lado esquerdo.
-Adiantar entre dous vehículos que avananzan no mesmo sentido de marcha.
-Adiantar entre dous vehículos, un que avanza no sentido propio e outro en sentido contrario.
-Circular en paralelo con outro “motero” nunha estrada virada e aberta ó tráfico.
-Adiantar en lugares de escasa ou nula visibilidade (como curvas ou cambios de rasante).
-Adiantar aproveitando carriles de incorporación ou desaceleración, así como isletas encebradas na calzada.

Todas estas cousas, e algunha máis que me poderá recordar o lector, foron vistas ou coñecidas nunha ou varias ocasións por este que aquí apunta. Non digo, nin penso, que os moteiros temerarios e irrespetuosos cos demáis usuarios sexan todos, nin unha maioría, pero viríalle bastante ben á súa imaxe como colectivo que se recriminasen entre eles actitudes que nos leven a pensar ós demáis que os moteiros “fan o que lle sale dos huevos” e, si se matan, é cousa súa por andaren como tolos.
Aclarado iso, digo xa que estou totalmente do lado das reclamacións dos moteiros. En ningunha faceta da vida, un elemento de seguridade debe encerrar un risco en si mesmo, e as estradas non son unha excepción. Os gardarraíles son un invento pésimo. Non só lle provocan lesións graves ós moteiros, sinon que en determinadas circunstancias poden actuar como un “abrelatas” na carrocería dun turismo, chegando incluso a causarlle danos ós ocupantes do mesmo.
A día de hoxe, a mellor medida que se instala para evitar as saídas de via ou carril son as barreiras de formigón con forma de Y invertida. Non se deforman, non cortan, e como os vehículos colisionan con elas de xeito máis ou menos tanxencial, son capaces de detelos sin que se produza un impacto seco (e mortal), como acontecía antigamente cando os coches chocaban contra o canto dos petriles. ¿Inconvenientes das barreiras Y? Que ocupan máis que os gardarraíles e que non son feitas de un material reciclable.
Pero aínda podería ser mellor. Hai unha medida de seguridade deste tipo que está totalmente abandonada na obra pública española, e que debería considerarse con máis frecuencia: as “escapatorias.” Si algún dia ven unha carreira de coches ou motos en circuíto, fíxense por qué razón as saídas da calzada nunca teñen apenas consecuencias. Efectivamente: ós lados da pista existen espacios despexados de obstáculos físcos (así os vehículos non chocan contra nada) e o chan está feito de gravilla solta, que frena progresivamente os bólidos segundo se lles van enterrando as rodas. Ademáis, as barreiras non son ríxidas, sinon que están formadas por obxetos que absorven a enerxía dos impactos, como neumáticos vellos ou alpacas de palla. Os gardarraíles estaban chamados a cumplir esta última función, pero truxeron consigo os problemas dos que falamos.
Tal e como eu o vexo, a cousa era tan sinxela como coller a un grupo de enxeñeiros máis ou menos solventes, de áreas como a enxeñería civil e a enxeñería mecánica, e poñelos a buscar duas ou tres solucións recurrentes para distintos entornos de proxecto. E despois, claro está, tomar en serio as súas aportacións.
Eu proporía catro:
A xeneralización da barreira en Y en entornos onde o espacio é crítico, como vias urbanas.
A implantación de marxes amplas e escapatorias alí onde se dispoña de máis sitio. Si se fixan, moitas veces quedan curvas mortas, ou anacos de asfalto ás beiras das estradas cando se cambian os trazados. Acondicionalos como escapatorias non sería moi caro, e aumentaría a seguridade.
A xeneralización de dispositivos de absorción de enerxía. Sexan estáticos, como os neumáticos, as alpacas, ou depósitos cheos de auga (vense moito en películas americanas), ou sexan sistemas reactivos (mais ou menos “tipo airbag”, para que nos entendamos), que ocuparían menos espacio que os outros e serían axeitados alí onde, de novo, o espacio é un problema.
Mellorar a xeometría dos taludes. Implicaría maiores afeccións nas marxes da calzada, pero unha base oblícua dos taludes e murallóns, probablemente implicaría deceleracións menos dañinas en caso de accidente. (É só unha hopótesis, habería que estudialo para ver si de verdade é efectivo.)
De momento, parece que as protestas dos moteiros van ter éxito e a DGT comprométese a cambiar os gardarraíles, veremos que resultado dan, pero xa é un paso adiante.

Aforismos revisited.

Cando presentei a categoría “Aforismos”, dixen que poría frases propias e alleas e non o cumplín. Con unha excepción anecdótica, os aforismos que puxen hasta o de agora son todos de terceiras personas. Penso que hai moitas ideas que quero apuntar, para non as esquecer, pero acaban marchando co vento porque, ou ben non dan en si mesmas para desenvolver un artigo enteiro, ou ben me bota para atrás o tempo que preciso para escribir todo un post sobre algo (sobre todo, dado como son a escribir textos máis ben longos).
Por iso, fago propósito da enmenda, e propóñome a min mesmo o obxetivo de apuntar esas ideas fugaces sin preguizas e sin darlles máis voltas das oportunas.

Colleita de millo 07.

Estes dias teño andado a esfollar (bágoa de xogo de palabras) no millo.

Espigas.

Xa había anos que na miña casa non se collía un tractor “a plan” de espigas. Tampouco foi este, porque temos un canizo roto e hubo que facer varios viaxes, pero o caso é que viaxei moitos anos atrás na miña memoria ó volver ter tanto millo na casa, e iso éncheme de ledicia.
Sí. Primeiro, a ledicia que nos da a fartura ós galegos, que me compensa bastante o fiasco da campaña de trigo. Segundo, a ledicia de que, sentado nesas espigas, sinto que sigue viva a cultura na que me criei, que me fixo como son, e que non me deu ningún motivo para renegar de ela. Terceiro, a ledicia de que algo que eu fixen funciona. Refírome á sementadora, porque unha cousa era ver que o millo e os feixons caían no rego, outra era ver que nacían, e outra ben distinta é apañar as espigas e comer os feixóns. Este é o momento no que sí digo “a sementadora deu resultado”. Agora, a ver si outras cousas me dan o mesmo resultado.

P.D.: Non me sentía ben si non digo que boa parte do mérito o teñen meus pais, que se encargaron de case todo o traballo de sachar, e máis apañaron eles os feixóns.

Eu, ciclista. Activismo a pedaladas.

Serei sincero. Cando me empezou esta vena ciclista, a idea de circular entre o tráfico rodado parecíame inviable. Estaba disposto a me despeñar eu so por un mote abaixo (tranquilos, aínda non estou tan chalado como os deste vídeo), pero o risco de ser atropelado parecíame inasumible. Sin embargo, pouco a pouco funme decidindo a meterme entre os coches, e hubo para iso un factor determinante: ver a deportistas e afeccionados polas estradas de Galicia, reivindicando ó mellor sin darse conta o feito de que non só os vehículos a motor teñen dereitos sobre o asfalto. Así, é hoxe o dia en que non me parece descabelado o plan de marchar na bici de montaña hasta Vigo ou o Porriño a facer unha compra pequena, e moito menos cargar a BH no coche e desembarcala ás portas de Pontevedra para facer certos trámites coa administración. Por exemplo.
Confío, polo menos, en que algúns dos que me vexan sigan o meu exemplo, como eu seguín o de outros, e se apeen dos seus coches. Confío tamén en que os conductores, como é un servidor moitas veces, resignados a circular detrás de unha bicicleta, entendan que existe unha realidade fora da sociedade do automóvil. ¿E por qué esa vocación “evanxelizadora”, si queren chamalo así? Por dúas razóns.
A primeira, e a constatación de unha experincia gratísima, a de se mover polas cidades case á mesma velocidade que os coches, pero sin perder tempo tratando de aparcar e permitíndome acceder a lugares ou facer maniobras vetadas para vehículos a motor.

Piii-Piiiiii.

Segundo, porque, como dixen noutra parte destes artigos, considero que os coches son un invento maravilloso, pero no momento en que desplaza ás personas das ruas, estas empezan a ser un pouco menos humanas. De feito, ese proceso xa está culminado, e toca agora empezar a camiñar no outro sentido. Sexa a pe, en bicicleta, en patíns, ou como se queira, o “desculpe, ¿permíteme pasar?” sempre estará mellor que dar un bocinazo con cara de can.
Personalemente, e ninguén ten por qué estar de acordo conmigo, creo que non estaría de máis rediseñar a nosa sociedade e os nosos entornos para que as personas volvamos ser protagonistas da paisaxe visual e acústica, porque automovilistas só somos algúns (ainda que moitos) e a tempo parcial. Personas somos todos, sempre.

Calma.