Manifestación ciclista en Vigo.

Nestes dias, primeiro o anuncio da Lei de Potenciación do Transporte Público en Galicia, e onte a nova de que o Ministerio de Fomento impulsará un “servicio ferroviario de proximidade” na nosa comunidade dan a sensación de que se aveciñan por fin cambios na política de transportes. Será por experiencia ou por idiosincrasia galega, pero permitan que me mostre fondamente excéptico.
De entrada, recoméndolles que vexan o vídeo da segunda nova, e xulguen vostedes mesmos si o contido da noticia se corresponde coas esperanzas que produce o titular; ademáis, díganme si non da que desconfiar que recurran a ese eufemismo de “servicio de proximidade”, como si quixeran eludir deliberadamente o termo “cercanías” que se usa habitualmente. O vídeo da nova sobre a Lei de Transporte Público, honestamente, paréceme moito máis esperanzador.
Pero por si acaso, eu vou seguir protestando, e seguramente o faga este domingo en Vigo.

Manifestación ciclista.

¡As 11:30 na Praza do Rei!

P.D. do 30/09/07: Ainda que as cousas non sempre están na man propia, é inevitable sentirse algo defraudado con un mesmo cando non cumple o que dixo que faría.