Máis automovilismo.

A suxerencia de Pedro, busco este vídeo do GP de España do ano 81. Non ten moita calidade, pero apréciase efectivamente un final de infarto. ¡Tempos gloriosos, os do turbo e o “efecto suelo“!


E claro, xa enganchado nese vicio do youtube, un pouco abellado por Breogain, din “un par” de voltas e atopei isto:


A musiquiña, que é un típico defecto dos vídeos que a xente colga na Internet, sobra. Aínda así, coido que se ve bastante ben qué era Audi Quattro Sport, e a súa xeneración: O Grupo B . Pregúntense si algunha vez viron un coche (os dragster non valen, porque non trazan curvas) levantarse tanto ó acelerar.
Os coches de rallye, por regulamento, están construídos a partires de un modelo de rua con producción comercial. Cando se fixaron esas normas, no 1983, a FIA decidiu facer unha categoría na que se homologaban os deportivos de menor tirada, para abrirlle as portas a Ferrari, Porsche, etc. Esa categoría foi o Grupo B, pero a nova normativa foi aproveitada polos fabricantes máis populares (Renault, Peugeot, Audi, Lancia, MG, Ford…), que rápidamente sacaron coches pensados exclusivamente para os rallyes, coincidindo catro factores históricos: 1º Durante os anos 70, moitos de eses fabricantes xa desenrolaran coches de carreiras sumamente exitosos, como o Lancia Stratos, o Renault Alpine, o Ford Escort MKII ou o FIAT 131 Abarth, capaces de reemplazar nos rallyes ás marcas tradicionalmente deportivas, luxosas e elitistas. 2º Na Fórmula 1, Renault iniciara unha nova época co emprego do turbo, que permitía obter potencias maiores en motores máis pequenos, e, por tanto, menos pesados. 3º Pola súa parte, Audi tivo a idea de empregar unha transmisión 4x4, non para superar terreos difíciles como nos todoterreno, sinon para mellorar a motricidade dos vehículos de altas prestacións (resumidamente: repartindo a forza do motor entre as catro rodas, é máis dificil que estas patinen que cando solo dúas tiran). 4º Para rematar, o desenvolvemento acadado na electrónica de control e os microprocesadores chegaba xusto a tempo para solucionar os problemas de regulación que xurdían co turbo, e outros máis tradicionais dos que se tiñan encargado as carburacións e os platinos: chegaba a era das inxeccións e os encendidos electrónicos. Para o meu xuicio, no que a automovil se refire, nunca tanta innovación se xuntou en tan pouco tempo. (Hai máis que comentar, pero tampouco se trata de facer un tostón.)
Un coche de rallyes actual anda sobre 300CV, mentres que aqueles Gr. B se situaron hasta entre 500 e 700CV así que, desafortunadamente, a progresión de fatalidades nos catro anos que durou esa categoría (1983-86) foi dramática, morrendo o último ano un piloto, dous copiltos e tres espectadores, estes últimos nun accidente no Rallye de Portugal que ademáis provocou trinta feridos (no video, as imaxes de público invadindo a calzada mentres o coche se achega a eles saltando son precisamente de Portugal). Tal vez con un pouco máis de rigor no control do público, e evitando insensateces como, por exemplo, situar os depósitos de combustible no habitáculo, pretiño dos ocupantes, tería sido suficiente para manter a seguridade das carreiras e, como dixen o outro dia, probablemente os coches de hoxe non serían como os que coñecemos.
Pero non foi así, e vinte anos depois, o Grupo B sigue levantando pasións entre os afeccionados, que nos temos que conformar con repasar os vídeos que quedaron daquela época, e os testemuños de pilotos sorrintes que recoñecen o difícil que lles resultaba controlar aqueles monstros, en rallyes que mezclaban partes de asfalto con partes de terra. Pilotos, por certo, que quedaron recoñecidos como os mellores da historia, e entre os que se topa Michèle Mouton, a muller máis lauerada da historia deste deporte.
Vexan, vexan… e escoiten.




E paro, porque non quero que me volvan poñer a tratamento :) .

Nota1: No ano 87 eu cumplín 9 anos. Lémbrome de oir falar dos accidentes, pero puco máis.
Nota2: Levantando aínda paixóns como levanta, hai moita información na rede sobre o Grupo B, da cal unha porcentaxe enorme é ruido.
Nota3: Moitos dos enlaces que puxen son tamén a videos, así que… si son afeccionados busquen un asiento cómodo.
Nota 4: O penúltimo vídeo empeza con Hannu Mikkola dicindo que algo así como que probaran un de eses coches nun circuito e facía unha volta en só catro segundos máis que o Fórmula 1 máis rápido… ¡Do ano 86!