Semana Europea da Movilidade.
Estamos na Semana Europea da Movilidade, unha iniciativa comunitaria pola que se intenta promover un transporte (de personas) máis sostible e saudable para todos, baseándose no transporte público, a bicicleta, e o coche de San Fernando. Non tiña pensado adicarlle nin unha palabra ó asunto, pero como o cinismo me provoca irritacións severas, voulles explicar por qué o considero unha patraña, alomenos nesta esquina do mundo na que eu resido. (Perdoen si resulta tosco, pero teño algo de presa porque teño que ir lavar unha pipa e o lagar para a vendima).
1º O primeiro paso para reducir os problemas de tráfico nas cidades é reducir a necesidade de desplazarse das personas. Parece obvio, pero o deseño das cidades, areas metropolitanas, ou como se lles chame, está feito como si ir de un lado para outro non costase nada. Poño dous exemplos: Un na Coruña, que ten o seu “crecimento” caracterizado polo desplazamento da poboación a urbanizacións como A Zapateira, Os Regos, A Barcala, Mesoiro… Que carecen prácticamente de servicios como centros de saúde, garderías ou escolas, e quedan afastadas dos centros de traballo, facendo necesarios os desplazamentos dos residentes. O outro vai ser o novo Hospital de Vigo. Esta cidade ten xa dous hospitais, o Xeral, e o Meixoeiro, que se reparten a poboación da cidade e os concellos da zona. Agora van facer un terceiro, tamén en Vigo, e pregunto eu ¿Por qué non o fan, por exemplo, no Morrazo? A xente de Cangas e Moaña ten que desplazarse a Vigo para cuestións hospitalarias ¿por qué non aforrar eses desplazamentos con un hospital que recolla a xente de eses concellos, Bueu, Vilaboa e Marin? Seguro que se reducía a ocupación dos hospitais de Vigo e Pontevedra, e a da ponte de Rande, que é o que nos ocupa hoxe. Reducir a distancia entre personas e necesidades é a principal maneira de facilitar a movildade.
2º Cada vez máis, a bicicleta faise o icono social da movilidade. É curioso, porque o meu avó tiña unha, na que ía traballar e facer as súas cousas, igual que moita xente da súa xeración. Esas bicicletas desaparaceron cando o SEAT 600 truxo a modernidade, e agora dámonos o gusto de parecer revolucionarios facendo algo que facían os avós (recoméndolles encarecidamente a película Dia de Festa, de Jacques Tati). Máis que de bicicleta, eu fun de “a pe” toda a vida, tanto para desplazamentos curtos como para moverme dentro das cidades, pero este ano redescubrín esa maquiniña de dúas rodas. A cousa empezou como exercicio complementario ó “footing” (detesto esa palabra), pero pouco a pouco funlle collendo gusto e agora tamén a uso como medio de locomoción práctico. Igual que o meu avó.
Cando un monta na bicicleta, o primeiro que ten que superar é a dor do cú, que pasa nun par de dias. Despois ven aprender a manexar correctamente as marchas e os freos, que é cousa de un par de semanas, e finalmente, pasado mes e medio, as pernas collen a dinámica e calquera é capaz de desplazarse en bicicleta sin grandes fatigas, maniotas nin suores (outra cousa é facer deporte). Queda sin embargo algo ó que ninguén se acostumbra nunca: a posibilidade de que un coche, moto, ou camión te tire. A miña impresión dende a bici é que os conductores son en xeral bastante respetuosos, pero o dia que un o faga mal… Aínda non me movin por cidade, pero sí en vilas como Redondela, Arcade ou Porriño, onde o tráfico non resulta perigoso, sempre que te manteñas no casco urbano. En estrada é outro cantar. Hai sitios nos que os arcens non existen, ou están ocupados por aceras pensadas para os peóns, que obrigan ó ciclista a circular polo carril, e outras particularidades que dende o coche pasan desapercibidas. Estamos no de sempre, falta deseño e faltan proxectos. Faltan espacios nas estradas para os que non vamos a máis de cincuenta, sexamos peóns, ciclistas ou tractoristas (que envexa me dan eses carrís auxiliares en Ordes ou Vilalba, ós dous lados da estrada). Faltan sitios onde canda-la bicicleta sin molestar. Falta, sobre todo, que a sociedade e os políticos teñan imaxinación suficiente para ver a bicicleta como algo máis que un medio de paseo, ou como un tanto de modernidade para celebrar unha semana ó ano.
A pesares de todo, non podo evitar recomendarlles que dean un paso adiante. Parecerei sacado de un anuncio de “teletienda” pero creanme, eu probeino e quedei encantado
. Agarden a que pase esta semana, para non darlles a razón ós políticos, e intenten moverse un pouco menos co coche, porque no outono fai menos calor e o exercicio resulta máis cómodo. Verán que gusto o aire respirar aire non climatizado e move-las pernas… contareilles un segredo que poucos sabemos: as suspensións dos coches deséñanse para que as oscilacións teñan unha frecuencia entre 1Hz e 2Hz (1Hz é un ciclo por segundo), está estudiado que esa é a máis confortable para o ser humano, ¿saben por qué?, porque coincide coa frecuencia do paso cando camiñamos ¿A que nunca o notaran?
pois diso se trata precisamente.
Outro dia contareilles un microproxecto personal relacionado coa movilidade sostible, a reciclaxe, a economía, e unha migalla de sentimentalismo.
Pois debe ser que gosto de levar a contraria sempre que xusto escollin esta semana para volver a colle-lo coche. E gosto de andar a pé e na bici, pero a adrenalina que soltei hoxe adiantando camións pola autoestrada co coche da autoescola eso non ten prezo!!
Oiches neno, haberá que quedar algún día non?
Comment by Iria — September 20, 2007 @ 12:35 pm
Moita razón tes… coa bici o mundo vese doutra maneira: moito máis humana… pero o respeto dos ciclistas é algo aínda moi lonxe de ser unha realidade lamentablemente!
No Concello de Vigo que tanto falaron dos carrís bici e da mobilidade sustentable e todas esas historias na campaña electoral: AGORA NIN SE LEMBRAN DELAS…!
Para que non o esquezan hai convocada unha MANIFESTACIÓN AUTORIZADA (así polo menos teremos escolta policial e non teremos que poñer nós os seguros de responsabilidade civil…)
MANIFESTACIÓN CICLISTA
DOMINGO 30 ás 11.30 na Praza do Rei (Concello) VIGO
Pasade a Convocatoria e a ver ESCOITAN !!!
Comment by Erasmo — September 20, 2007 @ 2:45 pm
Eu debo recoñecer que, salvo algún camionero que me pitou por meterme ó carril cando desaparecía o arcén, de momento, teño a sensación de que os conductores teñen sido bastante respetuosos conmigo, máis do que me parecen cando o vexo dendo o meu coche. Sobre esa manifestación, agradézolle que mo diga, porque é probable que vaia. Tratarei de darlle bombo ó asunto.
A ver si nos organizamos un dia.
Iria, non fai falta que se avergoñe, inventamos o coche porque era necesario, non por fastidiar. O problema está en como/cando/para que se usa. Igual que as pistolas ou os medicamentos.
Sobre o de quedar, ten razón, quedábamos máis veces cando estaba en Barcelona que agora, que é pisoteniente na Couña
Comment by F. Miguez — September 21, 2007 @ 8:39 am