Lección de Fórmula 1 para Lobatos novatos.

Hai xa tempo que me aburriu a Fórmula 1 e dixei de seguila. Pero hoxe meu irmán despertoume co inicio do G.P. de Bélxica, cando os comentaristas dicían que no ano 2000 se producira alí, en Spa, o mellor adiantamento da historia da F1 (ou algo así), referíndose a este:


Personalmente, coido que habería que estudiar un pouquiño antes de falar das cousas en público, porque esa maniobra de Hakkinen e Schumacher, con Ricardo Zonta como espectador invitado, queda relegada á insignificancia cando un viu algunha vez isto:


Xulguen vostedes mesmos. Os que están a punto de matarse nese vídeo son Gilles Villeneuve (que casualmente morreu en Bélxica, no 82), co Ferrari, e o francés René Arnoux con un Renault, no transcurso do grande premio de Francia de 1979.
É máis probable que a miña calvicie retroceda que ver tres voltas tan espectaculares na F1 contemporánea, pero non so iso. Para min, ese vídeo histórico ten o romanticismo de ver a Renault, un fabricante de coches populares sacándolle os colores a Ferrari, con todo o seu glamour, misticismo e parafernalia de só facer xoguetes para ricos. Para chegar a ese nivel, os franceses fixeran algo bastante menos frecuente do que se cree: innovar. Nun motor que era a metade dos habituais naquelas carreiras, montaron un invento xa existente dende principios do s. XX que dera bo resultado na aviación, coñecido popularmente como turbo.
Ese GP de Francia gañouno Jean-Pierre Jabouille con un Renault (sí, amigos Arnoux e Villeneuve estábanse partindo a cara polo segundo posto) e o mundial Jody Scheckter, o último de Ferrari hasta o de Schumacher precisamente no ano 2000 (o do primeiro vídeo). Máis de vinte anos de sequía para os pilotos da escudería italiana, e esplendor para os de Honda e Renault sobre todo (Alain Prost e Ayrton Senna, por exemplo).
Con ese enxendro mecánico que normalmente asociamos a macarras e temerarios, a Renault convertiuse un pouco na Pandora do motor. Abriuse un novo mundo de posibilidades ante a imaxinación dos enxeñeiros, e emprendeuse un camiño polo que, seguramente, os motores de automoción actuais non terían nada que ver cos que coñecemos (no 81, BMW sacoulle 1500CV a un motor de 1500cc). Lamentablemente, como da caixa (que en realidade era unha ánfora) do personaxe mitolóxico, tamén sairon graves problemas para a regulación dos motores, coa tecnoloxía da época, e a estabilidade dos vehículos, con consecuencias tráxicas no Mundial de Rallyes e algún desafortunado modelo comercial. Non foi o que pudo ser, pero hoxe o turbo xa é un elemento imprescindible nos motores de automoción, fundamentalmente nos diesel, e todo gracias a que a creatividade e a innovación da Renault (pudo ser calquera outra) non toparan daquela obstáculos.

Fontes:
Wikipedia
O Mundo