Ruido II.
Por unhas cousas ou outras, fun deixando a lectura de feeds hasta acumular máis de 800 entradas (hai pouco que Roogle Reader deixou de usar a forma +100 para poñer a cifra exacta). Non me amola, porque non leo todo. Na maioría dos casos, e sobre todo en blogs temáticos, só leo os titulares “por ver si aprendo algo”. Neste preciso intre (despois de un lote de horas intensivas) só me quedan 87 entradas, a maioría de blogs personales ós que lles dedico un pouco máis de cariño (e quedan para outro dia). Por tanto, calcúlase que levo lido o 80% (aprox.) da miña selección de fontes RSS, e xa podo avanzar que a imaxe máis repetida neses máis de 700 artigos é esta:
Repito o que dixen daquela, parece que aínda non estamos á altura. Será que seguimos un patron “teño a posibilidade de publicar, a ver que podo poñer…” no canto de “teño algo que publicar, a ver si alguén o le“. A crítica, naturalmente, non é aplicable a blogs personais, onde cada un fai o que lle peta, e alá quen o lea, pero os blogs especializados… Supoño que será culpa miña, por non escoller ben.
Por si o preguntan, esta foto fixo furor en blogs adicados a transporte e sustentabilidade. Supoño que pola gracia, pero o mesmo chiste unha ducia de veces chega a facerse noxento.
Eu por iso non quero sementes RSS. Teño a liberdade de escoller as miñas visitas.
No posteo anterior puxeches unha preciosa alegoría.
Comment by paideleo — September 13, 2007 @ 6:20 pm
Outra vez un apunte ben elaborado. Coméntoo no meu blog, entrada do 13-9-2007
Comment by peregrinodelasrias — September 13, 2007 @ 7:26 pm
A verdade é que non entendo ben como funciona eso das sementes. Mesmo me custa traballo comprender que botando uns grans de nada na terra saian nabos…
Eu, como Paidelo, a pelo.
E aquí me tes, de volta das vacacións, e xa ves que non me esquecín de ti…
Xa vexo que traballaches ben no verán.
Comment by Ninsesabe — September 13, 2007 @ 8:58 pm
He he, os estudiantes (polo menos os malos coma min) non temos unha diferencia nítida entre cando é vacacións e cando non. Eu facía coma vos, ía visitando páxina por páxina, pero ademáis de que a lista de “favoritos” empezaba a ser intratable, o método supuña case dúas horas diarias, a maioría cargando páxinas sin ningunha actualización dende a anterior visita. Agora, si estou máis o menos ó dia, en menos de unha hora reviso as novidades de case 100 publicacións, e algunhas con 10-20 entradas diarias (das que non todas me interesan, claro).
A cousa é moi sinxela, daste de alta nun agregador (por exemplo google reader si tes conta de gmail), gardas as direccións que che interesan, e o maquinillo reseña todo o que alí se crea de novo.
Pedro, moi agradecido pola túa cita. Deixeiche alí un comentario ó respecto.
Comment by F. Miguez — September 14, 2007 @ 10:16 am
Concordo con Paideleo (#1), eu tamén vou a pelo, principalemente porque me gusta ver o deseño dalgúns blogs e cos feeds pérdoo. Case nunca leo máis de 30 blogs á semana.
Sobre a discusión de blog xeralista contra blog especializado moito se podería falar e eu probei os dous lados. En calquera caso o que máis valoro sempre é que o autor do blog sexa auténtico, que se molle se pode, que se noten as súas experiencias persoais, que non se poida dicir que o blog enteiro podía ser doutro calquera.
Comment by xm carreira — September 15, 2007 @ 7:55 pm
Lin hai un tempo este artigo sobre a tipificación dos blogs en función diso mesmo que dis.
Concordo plenamente en que, si o autor non lle aporta algo (ou moito) de seu, os blogs non sirven de nada. Para dar noticias, xa están os xornais.
Comment by F. Miguez — September 16, 2007 @ 2:50 pm
Si, xa vira ese gráfico nalgures.
Comment by xm carreira — September 16, 2007 @ 4:20 pm