Ruido II.

Por unhas cousas ou outras, fun deixando a lectura de feeds hasta acumular máis de 800 entradas (hai pouco que Roogle Reader deixou de usar a forma +100 para poñer a cifra exacta). Non me amola, porque non leo todo. Na maioría dos casos, e sobre todo en blogs temáticos, só leo os titulares “por ver si aprendo algo”. Neste preciso intre (despois de un lote de horas intensivas) só me quedan 87 entradas, a maioría de blogs personales ós que lles dedico un pouco máis de cariño (e quedan para outro dia). Por tanto, calcúlase que levo lido o 80% (aprox.) da miña selección de fontes RSS, e xa podo avanzar que a imaxe máis repetida neses máis de 700 artigos é esta:

Vaia por Deus.

Repito o que dixen daquela, parece que aínda non estamos á altura. Será que seguimos un patron “teño a posibilidade de publicar, a ver que podo poñer…” no canto de “teño algo que publicar, a ver si alguén o le“. A crítica, naturalmente, non é aplicable a blogs personais, onde cada un fai o que lle peta, e alá quen o lea, pero os blogs especializados… Supoño que será culpa miña, por non escoller ben.
Por si o preguntan, esta foto fixo furor en blogs adicados a transporte e sustentabilidade. Supoño que pola gracia, pero o mesmo chiste unha ducia de veces chega a facerse noxento.