Curiosa arqueta.
Isto que se ve na imaxe é unha curiosa alegoría. Nesa tapa de fundición, está grabado a palabra Galicia e un mapa da nosa comunidade, que xa casi nin se ven por mor do asfalto que lle botaron por enriba.
A historia é aínda máis alegórica. Trátase da tapa dunha arqueta de saneamento que hai nunha rúa, preto da miña casa de O Burgo (Culleredo). A semana antes das eleccións municipais, por casualidade, reasfaltaron a tal rua con tanta urxencia que, no canto de fresar o aglomerado vello, como se fai normalmente, botaron outra capa nova sepultando as arquetas e levando a chapuza ó nivel esperpéntico de deixar o asfalto máis alto que a beirarrúa nalgún sitio. (Nos sei si se aprecia ben na foto.)
A semana pasada, coas eleccións xa pasadas, e todo o demáis, andiveron por fin uns operarios a desenterra-las arquetas, pero eu xa tiña tirada esa foto que colgo hoxe, como símbolo do que se fai na nosa terra. Para non o esquecer.
Sen ánimo de entrar en polémica, porque sen dúbida é unha perfecta alegoría doutros momentos da nosa historia, o xeito de actuar foi o habitual.
1. Estendido de aglomerado, deixando os ocos das tapas.
2. Picar o aglomerado.
3. Subir as tapas e tomalas con formigón.
Un saúdo.
Comment by makeijan — September 10, 2007 @ 9:29 am
:D Polemice sin medo, que é vostede moi benvido.
A parte das arquetas e pluviais, certamente, foi feita polo procedimento normal. Pero o que, para min, foi unha chapuza monumental, foi deixar a calzada máis alta que a beirarrúa na zona do edificio Freitava2 e máis adiante. Por iso digo que sería máis xeitoso ter fresado o pavimento antigo, xa que as beirarrúas son elevadas para separar coches e peatóns. Tamén existe a opción de tentar elevar agora a acera, o tempo dirá si deciden facelo. Ademáis, sin valorar que Sacristán sexa mellor ou peor alcalde, asfaltar Ribados uns dias antes das eleccións non cheira ben de todo.
¿Vive vostede no Burgo, ou coñéceo? Eu vivín alá hasta os 18 anos, e aínda vou bastante a menudo. Máis adiante teño pensado facer outro artigo sobre certos aspectos do crecimento que tivo nos últimos anos, e sempre será ben recibido calquera comentario que aporte algo, ainda entrando en polémica
Un saúdo.
Comment by F. Miguez — September 10, 2007 @ 12:37 pm
Eu estudiei na Laboral do 76 ao 78, e a verdá e que medrou unha barbaridade. No resto, debe de ser que fan así tamén aquí,(aceras, e obras antes das eleccións)que xa se considera normal.
Comment by susolista — September 10, 2007 @ 8:36 pm
Pois si que tardaron desde as eleccións para retocar a chapuza.Boeno, claro, ata agora estiveron de vacacións.
Comment by O Raposo — September 10, 2007 @ 10:01 pm
Vaia, somos case veciños e eu sen enteirarme. Eu paso moitos fins de semana no apartamento dos meus pais perto de Fonteculler e concordo en que a zona aínda está a medio facer e nótase nalgúns detalles como os pavimentos, a sinalización, o saneamento da ría, etc… Pero hai casos peores.
Comment by xm carreira — September 11, 2007 @ 9:20 am
Eu tamén paro moitos fins de semana nun piso que teñen os meus pais alá, no Burgo. He, he, o mundo ven sendo ben pequeno. O Burgo, Acea da Ma, Fonteculler, Vilaboa, o Temple… todas son zonas que aumentaron moitísimo a súa poboación, que é o que nos solemos referir cando dicimos “medrou moito”. Fíxose ó meu entender (pasando por alto que de entrada son anti-urbano) bastante ben, con bastantes zonas verdes, moito espacio público… Pero o saneamento da ría, e o transporte terrestre tiñan que estar feitas antes de tratar de acumular vinte ou trinta mil personas (?) na zona; ter toda esa poboación cos seus coches atascados por falta de previsión do transporte, e a verter nunha ria que xa estaba bastante dañada (aínda saían os mariscadores queixándose na tele o outro día) foi a típica falta de previsión dos que se apuraron a dar licencias de obra.
Ademáis, hai un pequeno detalle sobre o aeroporto que xa comentei unha vez, e que teño intención de tratar máis adiante con outro artigo.
Comment by F. Miguez — September 11, 2007 @ 1:27 pm
Ao meu modesto entender, o que se deberia facer nestes casos, ou alomenos teño visto eu aqui en Pontevedra, é fresar todo o firme, botarlle unha capa de xabre e logo o aglomerado quente deixando os ocos das tapas de “rexistro” e demais, eu alomenos nunca vin as arquetas tapadas, o que si teño visto, non en Pontevedra, máis si na miña aldea é eses asfaltados de “urxencia” antes das eleccións, con desprazamento “in situ” do concellal de obras e incluso do alcalde con pasquíns do partido e dando palmaditas no ombro dos veciños (verídico).
Un saúdos a todos.
Comment by breogain — September 13, 2007 @ 6:45 am