Curiosa arqueta.
Isto que se ve na imaxe é unha curiosa alegoría. Nesa tapa de fundición, está grabado a palabra Galicia e un mapa da nosa comunidade, que xa casi nin se ven por mor do asfalto que lle botaron por enriba.
A historia é aínda máis alegórica. Trátase da tapa dunha arqueta de saneamento que hai nunha rúa, preto da miña casa de O Burgo (Culleredo). A semana antes das eleccións municipais, por casualidade, reasfaltaron a tal rua con tanta urxencia que, no canto de fresar o aglomerado vello, como se fai normalmente, botaron outra capa nova sepultando as arquetas e levando a chapuza ó nivel esperpéntico de deixar o asfalto máis alto que a beirarrúa nalgún sitio. (Nos sei si se aprecia ben na foto.)
A semana pasada, coas eleccións xa pasadas, e todo o demáis, andiveron por fin uns operarios a desenterra-las arquetas, pero eu xa tiña tirada esa foto que colgo hoxe, como símbolo do que se fai na nosa terra. Para non o esquecer.