Reflexións sobre incoherencia ambiental.

Nesta campaña miña de andar a retratar a Redondela pre-AVE, andaba eu onte co coche por unha pista e lembreime de que o axente forestal, aquel que me viñera visitar cando a cuestión dos páxaros no trigo, dixera que había comuidades autónomas nas que estaba prohibido circular con vehículos a motor polo monte.
-”Estaría bonito que me multasen por andar co coche por aquí, coa que están a fozar eses (os do AVE) ahí abaixo.”- pensei para min.
Non é a primeira vez que me pasa algo así pola cabeza. Tempo atrás, por equivocación, metín o coche no areal de unha praia de Arteixo, e quedei atascado. Mentres trataba se sacalo, preguntábame si era xusto que me fosen poñer unha multa (coa que estou totalmente de acordo) por meter o coche na area, mentres detrás de min, apenas a uns kilómetros, outros estaban a destruir o litoral co invento ese do “Porto Exterior da Coruña”.
Así mil cousas.
Si mexas na rua, múltante, pero a costa e os rios de Galicia están cheos de zonas envenenadas por verquidos fecais ou industriais, e non pasa nada.
Si fas unha pintada nunha parede, múltante, pero destrúese o Círculo Lítico da Mourela, e non pasa nada.
Fan campañas contra o despilfarro da auga, e incluso falan de poñer taxas e similares, pero estou farto de ver xardins municipais cos aspersores a todo gas incluso despois de chover, ou inúndase España enteira de campos de golf.
Rómpenche a cabeza día e noite coa reciclaxe, para que despois incineren a maioría dos residuos.
Está prohibido tocar os niños dos páxaros, e resulta que se aterran as marismas e lagoas onde crian moitas especies de aves.
E aposto a que calquera de vostedes podería aportar máis exemplos de esta incoherencia ¿verdade?
A sociedade, e en particular as administracións, exercen unha doble moral en materia ambiental que, á larga só vai conseguir que, individualmente, as personas se desmoralicen de todo canto ten que ver coa conservación do entorno.

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/09/05/reflexions-sobre-incoherencia-ambiental/trackback/

  1. Unha vez mais, e van…, tes mais razón ca un santo. A min chámame moito a tención, que por Guadalajara a diante, se queixen de falñta de auga, e despois ves todos eses regadíos con esas tuberías aéreas de km, regando as duas da tarde a pleno sol da Mancha.

    Comment by susolista — September 5, 2007 @ 8:02 pm

  2. Eu nunca entendín de que cabeza saiu crear hortas de regadío nos desertos da España oriental, mentras que en Galicia, onde hai agua para regar o que faga falta, se foron esforzando pouco a pouco en desmontarnos a agricultura.

    Comment by F. Miguez — September 6, 2007 @ 7:34 am

  3. concordo con canto dicides. Cando lin que un campo de golf de 9 buracos (que debe ser un campo de terceira división) gastaba ao ano o que unha cidade de 30.000 persoas fiquei pampo coa cantidade de campos que andan a facer pola costa mediterránea, porque polo noso país aínda vai chovendo. Como di meu avó, non sei de quen sería a idea de pór leitugas no deserto pero debeu quedar calvo!

    Comment by Henrique — September 11, 2007 @ 2:21 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.