O curioso efecto da escrita.

Acabo de escribir dous comentarios de resposta, un longo e outro curto, na entrada anterior de este blog. Descúbrome a min mesmo lendo e relendo eses comentarios, e non me sorprendo porque é un costumbre que xa me coñezo, pero hasta o de agora permanecía inexplicado. “¿Será unha especie de narcisismo?” “¿Será onanismo?” “¿Será que son un maniático e non me canso de repasar o que escribo a ver si se pode mellorar?” Eran preguntas que eu me facía, e certamente a última ten bastante de certo (aínda que a calidade da miña escrita non o reflicta).
Hoxe, na relectura antes citada, dinme conta da verdadeira causa desa manía: Busco coñecer a miña propia opinión, o meu propio criterio, ou os meus propios sentimentos. Manda carallo Hai que fastidiarse. Resulta que un escribe para comunicarse consigo mesmo, para saber o que lle pasa pola cabeza. Sorte que a estas alturas non merece a pena cambiarlle o nome ó blog por algo como “Go To The Mirror!
(Sí, coido que vou escoitar Tommy outra vez.)

8 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/08/25/o-curioso-efecto-da-escrita/trackback/

  1. Don’t panic! Eu tamén o fago a miúdo e coido que é un rasgo de persoalidade. No mue caso é fácil de explicar porque confésome sen medo como perfeccionista, cafeinómano, ansioso e vaidoso.

    Comment by xm carreira — August 25, 2007 @ 11:18 am

  2. He he. Eu non lle sei si son perfeccionista ou simplemente maniático, pero ambas cousas irritan bastante ós meus gurús da xestión eficiente do tempo, e con razón.

    Comment by F. Miguez — August 26, 2007 @ 1:22 pm

  3. Pois si realmente escribir faite labores de psicoterapeuta iso que te aforras e muito máis tranquilo que te quedas.
    Saúdos!

    Comment by Tamara — August 27, 2007 @ 12:03 pm

  4. Espero que de verdade o aforre e non que sexa un síntoma de necesitalo urxentemente :D
    Unha aperta.

    Comment by F. Miguez — August 28, 2007 @ 10:21 am

  5. Pois mira que efectos curiosos que lendo o teu post eu lembreime da túa letra…

    Comment by Iria — August 28, 2007 @ 2:53 pm

  6. É curioso que a todo o mundo lle chama a atención a miña caligrafía (non pola calidade, sinon polo estilo) e para min é o máis normal do mundo. Tal vez teña algo de terapéutico tamén, non che sei.

    Comment by F. Miguez — August 29, 2007 @ 8:32 am

  7. Eu tamén son dos que adico moito tempo a redactar e a repasar o que escribo. Pero fágoo sobre todo por facer máis precisa a comunicación do que penso, e para procurar facer máis amigables as palabras. Pero aparte do meu blog, teño outro diario particular que adico á reflexión-oración-literar-liberarme-debuxar-etcétera, e alí si que escribir é unha forma de explorarme por dentro. Outra coincidencia máis, querido F, :-)

    Comment by Pedro — August 30, 2007 @ 9:09 pm

  8. Grato é, coincidir con vostede. Eu non era moi consciente de esa faceta auto-exploratoria hasta o momento, pero resulta que llo aplico a absolutamente todo canto escribo. O que sí teño abandonado son os debuxos, e mira que me gustaba, ainda que tamén ten bastante de autoanálise ver qué foi o que fun fotografiando dende que teño a cámara.

    Comment by F. Miguez — August 31, 2007 @ 7:13 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.