Microchips en cerebros.

Cando vin Blade Runner, ou cada vez que vexo ou leo ciencia ficción na que se especula coa desnaturalización do ser humano, ou coa fin das liberdades individuais, a miña vena pesimista faime estar seguro de que nese mismo instante algún malnacido está a traballar por facer realidade esa visión, algún cabrón xa sabe cómo sacarlle proveito, e una lexión de parvos está disposta a alegrarse polo invento.
Ler que están desenvolvendo un chip para implantar no cerebro dos soldados americanos confirma a exactitude do meu pensamento. Primeiro serán os soldados, despois os presidiarios, os pederastas ou claquera figura antisocial… hasta que chegue un día que “polo ben de todos” esteamos monitorizados dende algures, por alguén que non coñecemos.
Lembren vostedes que non pasaron apenas décadas dende a fin dos últimos totalitarismos en Europa Occidental, e nada nos pode garantir a imposibilidade do seu retorno, nin que estes se vaian a beneficiar de eses “adiantos”. Lembren vostedes que hoxe en día existen totalitarismos no mundo, e só representan unha ínfima parte da vontade que algúns teñen de someter ós demáis.
Permítanme dudar de que os nosos fillos vaian a ter algunha oportunidade.

9 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/08/23/microchips-en-cerebros/trackback/

  1. Muy fuerte la noticia de los chips para los soldados americanos…
    Un paso más para la autodestrucción del ser “humano”

    Comment by Tamara — August 23, 2007 @ 12:27 pm

  2. Menos mal que non viñetes a Furna porque foi o venres, je je. O outro día puxeron unha peli que o quue levaba o chip, era o futuro presidente dos EE.UU, e estaba controlado por uns malos malísimos. Esto víase vir, e hanno de vender como un elemento que millorará a seguridade mundial e eviotara o terrorismo.

    Comment by susolista — August 23, 2007 @ 8:51 pm

  3. Aquí pode ser que atines porque eu miro que de cada día nos atan cunha cousa nova.

    Comment by paideleo — August 23, 2007 @ 11:56 pm

  4. Cando non é pola patria, é pola seguridade de todos, ou para mellorar a competitividade das empresas… O caso é que nunca nada se fai por egoísmo o por someter ós demáis, ningunha dictadura recoñeceu nunca que estaba ahí por beneficio propio, sinon que sempre se venderon como o mellor que lle podía acontecer a unha sociedade. E o peor é que sempre hubo quen crese.

    Comment by F. Miguez — August 24, 2007 @ 4:19 pm

  5. Hey, estos chips, al igual que internet o el gps, no son “malos” en sí, ni una amenaza para la humanidad. Ejemplo: el gps es un invento militar del que nos beneficiamos muchos (aunque cuando a los EEUU les interese “apagarán” los satélites y punto). El peligro real es el que apunta F: que un uso abusivo (y potencialmente catastrófico) se justifique con la demagogia habitual y nos lo hagan tragar a TODOS los ciudadanos de a pie.

    En el caso particular de los microchips, no creo que sea útil implantarlos bajo la piel hasta dentro de mucho tiempo. Por ejemplo, si se trata de tener localizada a una persona basta con una pulsera, que también puede servir para medir datos vitales (como el nivel de glucosa en sangre, que ya utilizan los diabéticos). Sin embargo, yo apuesto que nuestros hijos o nuestros nietos complementarán sus capacidades mentales con miniordenadores, que al principio se llevarán en gafas o similares por simple desconfianza, pero cuando se generalicen empezarán a implantarse bajo la piel, de la misma forma que ahora se aplican vacunas a todos los niños. ¿Qué utilidades tendrán? Pues literalmente llevaremos un ordenador tremendamente potente en la cabeza, pa to lo que pueda surgir: GPS, traducción instantánea a todos los idiomas, tlf móvil, memoria para lo que queramos, aprendizajes tipo Mátrix, medicación ultraprecisa… Si esto os suena exagerado, que sepáis que hace algún tiempo que se experimenta con chips cerebrales para devolver la movilidad a paralíticos: los chips leen los impulsos cerebralos y los “traducen” en corrientes eléctricas en los músculos, que se mueven (y llega con tecnología de hace 10 años, porque el cerebro aprende enseguida a relacionar los movimientos musculares con los impulsos cerebrales que los provocan, y eso permite utilizar chips y “corrientazos” muy bastos). En el mismo experimento se utilizaban los chips para mover cursores de ordenadores… Siento no poder dar una referencia mejor para el ejemplo que pongo que “un documental de Discovery Channel” que vi hace unos años. Siento el rollo :-)

    Comment by Pedro — August 24, 2007 @ 4:55 pm

  6. Solucionarlle ou paliarlle os problemas a personas con algunha discapacidade, vale, pero para min, o demáis sobra. Eu non quero ser o soporte orgánico para unha computadora, son un humano, equivócome moitas veces, pero non pasa nada, forma parte da miña condición. O importante é aprender a darme conta e a solucionalo.
    ¿O GPS? Para min está a altura tecnolóxica do Hula-Hop, vamos un xoguete, que fora da navegación aérea e marítima, solo sirve para sentirse un pouco máis importante. Eu non o teño, e nunca o botei en falta ¿Que me perdo? Pois pregunto ou improviso algo. Gardo gratos recordos da maioría das veces que me perdín, porque atopei cousas que non coñecía.
    A traducción simultánea, pois polo estilo. Contaba un veterano español do Paris-Dakar que lle sorprendera que os beduinos (?) o entenderan cando lles falaba en catalán. Resultou que non o entendían, pero eran capaces de interpretar correctamente a súa linguaxe corporal. Ser capaz de orientar a un camioneiro da europa do este, que só chapurreaba malamente un italiano no que eu son perfecto ignorante, perdido nun camiño entre Redondela e Mos, é algo do que eu presumo.
    Honestamente, teño máis fe nas capacidades innatas do ser humano, sobre todo naquelas que non se lles da importancia, que en calquera inxerto que se nos intente aplicar.
    En último caso, existe unha contradicción na lóxica formal de eses avances. Si se considera que o ser humano ten imperfeccións que deben ser subsanadas con implantes tecnolóxicos… ¿Non estarán eses implantes, naturalmente de creación humana, salpicados de esa mesma imperfección? Eu xa che apunto unha imperfección: o ser humano, como conxunto, é máis que a suma das súas partes; intentar intervir artificialmente en facultades illadas (porque un implante que nos mellore en todo vai estar complicado :D ) implica necesariamente penaliza-las outras, cando menos polo desuso. Aínda concreto máis: a primeira condición que se pode escarallar é a capacidade de aprendizaxe (a instintiva, non a capacidade de estudiar), e precisamente esa capacidade foi a baza que marcou a “superioridade” dos humanos fronte de outros animais… e fronte das computadoras.
    He he, eu tamén me enrollo, porque a cousa da moito que debatir :D

    Comment by F. Miguez — August 25, 2007 @ 5:32 am

  7. He he, aínda non quedei satisfeito :D
    Contábanme nunha ocasión, que nunhas maniobras da OTAN en España, unha unidade norteamericana, con todo o seu equipo, toda a súa tecnoloxía, e demáis, fixo un pequeno ridículo cando chegaron a un sitio no que a cartografía tiña un erro e, simplemente, quedaron alí hasta que alguén os foi buscar.
    A iso me refiro coa pérdida da capacidade de aprendizaxe. Unha persona menos dependiente seguramente sabería seguir.

    Comment by F. Miguez — August 25, 2007 @ 5:41 am

  8. F, un par de detalles: levas un reloxio que che impide desenrolar a túa capacidade de controlar o tempo mediante o sol ou similares, calzas zapatos que te afastan das sensacións de pisar o chan e que debilitan terriblemente os teus pes (caso de que estiveses cos soldados americanos, sen zapatos, non poderías sair andando para buscar axusa :-) , desprázaste polo mundo cun coche que contamina, impide que practiques o camiñar, pero que te apasiona… Os chips-ordenadores cerebrais chegarán e faranse tan naturais e humanos (ou tan deshumanizantes e innaturais) coma os reloxios, a pasta de dentes, os coches…

    Comment by Pedro — August 30, 2007 @ 7:43 pm

  9. Non é cousa de falar de min, :D pero de todo iso que me dís, o único que botaría verdadeiramente en falta si tivese que prescindir de eles, serían os zapatos. Teño reloxio, pero non me fai falla para saber cando é hora de comer, de durmir, ou en qué parte do día vivo (o cerebro xa ten un reloxio moito máis preciso que calquera observación solar, pero hai que aprender a escoitalo). Sí dependo do coche, porque vivo nunha sociedade estructurada, dende hai cincuenta anos, en torno ás comunicacións por estrada; non me atemoriza a idea de que exista unha sociedade sin coches, tódalas sociedades humanas dos cen mil anos anteriores a esas cinco décadas foron así, e apostaría calquera cousa a que pasadas outras cinco décadas virán outros cen mil anos sin que o automovil prevaleza.
    A veces ós enxeñeiros ou tecnófilos ocórrenos que as árbores non nos deixan ver o bosque e pensamos que o mundo, e nos mesmos, só podemos mellorar con novas invencións, hasta convertir a innovación tecnolóxica en un fin en sí mesmo. Normalmente, esta non prospera hasta que alguén se pode facer rico con esa innovación (no marco da sociedade de consumo, igualmente reciente, e agardo que igualmente efímera) ou directamente facerse máis poderoso (por exemplo controlando os individuos de unha sociedade con microchips).
    Probablemente eses chips chegarán. Personalmente, oporeime a eles con todas as miñas forzas, e confío que a miña vida teña rematado antes do día en que se impoñan. Eu non quero ser o chasis de unha computadora :D

    Comment by F. Miguez — August 30, 2007 @ 8:40 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.