A unión.


Seguramente algúns xa verían na televisión este vídeo que me mandou unha amiga. Nel, un grupo de leonas cazan a unha cría de búfalo, pero os acontecimentos dan un xiro inesperado.
Hai moita xente convencida de que, si no mundo natural os felinos constitúen unha cima da pirámide, que somete ós demáis, eles poden ser o mesmo dentro da especie humana. Un exemplo evidente é o nacismo, ou calquera outra teoría de supremacías raciais, pero todo patrón social basado nas oligarquías, como a plutocracia neoliberal vixente, encaixa perfectamente en esa mentalidade. Cabe puntualizar que os leons matan para comer, e négaselles a capacidade de valorar os seus actos chamada conciencia; ningún “depredador” humano ten eses dous atenuantes.
Este vídeo (aínda que un pouco longo) é unha formidable fábula do que debería ser a conducta humana. Temo que, hai unhas décadas, estivemos máis preto de conseguilo que hoxe en día, pero soñar é gratis.
Por certo, non deixen de valorar a figura do cocodrilo, ese oportunista oculto debaixo das augas disposto a aproveitarse do que poida.

3 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/08/20/a-union/trackback/

  1. O que non temos e que si que atoparon estes búfalos é a razón necesaria pra facer esta revolución

    Comment by Manuel Rivas — August 20, 2007 @ 2:43 pm

  2. Non creo que sea a razón a que move aos búfalos, mais ben é supervivencia.

    Comment by susolista — August 20, 2007 @ 8:43 pm

  3. ¿Non temos razón ou non a vemos? Velahí está a cuestión.

    Comment by F. Miguez — August 21, 2007 @ 1:48 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.