Os xeneradores de Barcelona.

Andan estes días a retirar os xeneradores que plantaran en Barcelona para paliar as consecuencias do incendio aquel na subestación, que provocara o famoso apagón. Queixábanse os veciños porque molestaban cos seus fumes e cos seus ruidos, ocupaban espacio na cidade, e eran moi feos.
Non é segredo, nin mito, a existencia de xente nas cidades convencida de que as patacas nacen de árbores, ou ignorancias semellantes. Probablemente, tampouco se imaxinaban cómo se fai a electricidade, porque normalmente ese fume, eses ruidos, e esa invasión paisaxística é aturada sin alternativa por xentes que viven no rural. Que lles pregunten ós veciños de Cerceda ou de As Pontes de García Rodriguez. (Na foto, o “xenerador” que levan aturando durante décadas en As Pontes. A mina adxacente mírase dende o espacio).

O "xenerador" das Pontes.

Non estaría de máis que eses grupos electróxenos, agora retirados da capital catalana, empezaran unha xira didáctica polas cidades España, para que o urbanita medio adquirise un grado máis de respeto por ese mundo ubicado alén do formigón.

6 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/08/15/os-xeneradores-de-barcelona/trackback/

  1. Pois efectivamente vese dende o espacio. Incluín unhas cantas fotiños no meu blog para darlle unha perspectiva máis ó impacto da central térmica. Iso si, incluín a miña pequena análise de canto de “solucionable” é este problema.

    Comment by Pedro — August 16, 2007 @ 8:28 pm

  2. Pois efectivamente vese dende o espacio. Incluín unhas cantas fotiños no meu blog (entrada do 16 de agosto) para darlle unha perspectiva máis ó impacto da central térmica. Iso si, incluín a miña pequena análise de canto de “solucionable” é este problema.

    Comment by Pedro — August 16, 2007 @ 8:29 pm

  3. Tremenda la foto…Vaya desastre paisajístico…
    Bikos!

    Comment by Tamara — August 17, 2007 @ 8:22 am

  4. Pedro, moi bo o teu artigo, déixoche alí unhas observacións.
    Tamara, hai unha noticia boa e unha mala: A boa, é que esas casiñas que ves son unha maqueta a escala 1:2 (aprox.) de unha auténtica vila de montaña, que puxeron de pegote diante da central supoño que para aparentar interesados polo entorno. A mala, é que si visitas a zona ves que o desastre real é aínda moito peor que o da foto. As dúas veces que estiven en As Pontes padecín unha especie de angustia e de depresión que me facían querer liscar canto antes de alí.

    Comment by F. Miguez — August 18, 2007 @ 4:23 am

  5. Efectivamente, non é so un problema crer que as patacas nacen no supermercado, tamén o é crer que a electricidade nace espontáneamente nos cabos ou nos enchufes ou ignorar que tras de toda actividade económica (agrícola, turística ou industrial) hai un custo ambiental. Efectivamente o urbanita medio non soe pararse a pensar que hai tras das cousas que consume a cotío pero ¿cantos renunciarán ao seu ar condicionado mesmo que haxa risco de que arda toda a rede eléctrica?.

    Comment by xm carreira — August 19, 2007 @ 1:32 pm

  6. Ademáis, non nos damos conta de que “custo ambiental” non significa “o que van ter que pagar os ecoloxistas” sinon, no mellor dos casos, o que todos perderemos de canto nos ofrece o entorno, por decidirnos a alteralo de esta ou aquela maneira.

    Comment by F. Miguez — August 19, 2007 @ 9:26 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.