Irresponsabilidade na N-VI.

N-VI en Iñás.
Na foto de arriba vese a Nacional VI, ó seu paso por Iñás (Oleiros) o pasado 3 de Agosto, mentres que na de abaixo vese cómo estaba ese mesmo treito o 2 de Xunio. É dicir, para non andarmos con rodeos, que esa curva leva máis de dous meses sin pintar.
Para poñernos en antecedentes, cabe aclarar que a Estrada Nacional VI (Madrid-A Coruña) leva xa moito tempo en obras entre San Pedro de Nos e o Espíritu Santo, tanto que nun dos rótulos de Fomento alguén escribiu “Obra empezada por Aznar”. Sin cartos ou sin ganas, respostaría eu sin afán politicante, porque é evidente que os seus sucesores tampouco se están apresurando por rematar. Ter 5 Kilómetros dunha das principais estradas de Galicia en obras durante anos dice moi pouco, ou tal vez bastante, do rigor co que o Ministerio de Fomento se toma as cousas (xa saben vostedes que eu son moi crítico con esa manía española de gastar en novas obras os cartos de manter as existentes). Xa, en primeiro lugar, porque esa especie de “lo hacemos por su bien, disculpe las molestias” dos letreiros empezou a sonar a cachondeo ó entrar no segundo ano de obras, e a densidade de tráfico que rexistra a N-VI nese tramo (onde coinciden os vehículos da estrada de Ferrol, cos da comarca de Betanzos e os que veñen de Lugo, ou o interior, por estrada, ademáis de parte do tráfico de Bergondo, Cambre, Sada…) non é para andar de cachondeo, salvo que o plan sexa encabronar ós conductores hasta que a necesidade da Vía Ártabra se faga obvia.
Pero o máis grave non é isto, sinon o risco que supon para a seguridade vial un treito en obras, e sobre todo cando estas se dilatan tanto como para que os conductores empecemos a ignorar a sinalización provisional. Coido que non será necesario explicar que unha estrada en obras é sempre unha estrada máis perigosa, así que concentrémonos no problema presentado na foto: Trátase de unha curva con pouca visibilidade (a foto está tomada aproximadamente no medio) co risco engadido de que nun extremo (no lado “da Coruña” para entendernos) ten dous carriles, e no outro tres; é dicir, na parte que está sin pintar empeza un carril de adiantamento para o sentido ascendente. Estes dous factores fan que, estando só sin pintar a lonxitude da curva propiamente dita, a ambigüidade respecto “a quen lle pertenece” o centro da calzada a faga singularmente perigosa, sobre todo de noite, imaxe moito máis espectacular que a de día, pero que non colgarei aquí porque non se ve absolutamente nada (por iso é espectacular); aínda por enriba, a curva queda nunha zona sin iluminar entre dous treitos con farolas. ¡Co barato que sería pintar unha liña de puntos provisional que delimite os carriles e o arcén! ¿Verdade?
Desafortundamente, deixar treitos delicados sin pintar é un clásico da chapuza vial galega. Parte da N-550 entre Carral e o Mesón do Vento (si coñece vostede esa estrada, saberá que non é unha broma) estivo tamén un tempo sin pintar, afortunadamente bastante menos. E como está apuntada, para non a esquecer, lembraremos de paso a que (a xuicio deste humilde blogueiro) foi a grande cafrada da mesma N-550 en Valga e Caldas de Reis, con carraxe agravada nestes días en que, poucos meses despois dos traballos, unha parte desa estrada xa está levantada de novo por mor da obra da variante de Caldas. Se iso non é falta de planificación, chamarémolo tomadura de pelo.
Pacientes e espero que vacacionais lectores, vai sendo hora de que esixamos algunha cabeza para que deixen de xogar con nos, cos nosos cartos, ou a nosa seguridade, e a Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia (entidade con máis autoridade da que un imaxinaba) pode ser un bo lugar para empezar.

2 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/08/10/irresponsabilidade-na-n-vi/trackback/

  1. 100% dacordo Míguez. O Ministerio de Magdalena Álvarez está a ser un desastre para Galiza. Pódese entender que desde que se reamtou a A-6 (A Coruña-Madrid) a vella N-VI ficase un pouco de lado mas é que o estado hoxe é lametábel.

    Cando vou da Coruña a Lugo gosto de ir pola vella N-VI, por ir relaxado co coche e ver paisaxe. Teño visto pozas de auga no medio da estrada, treitos en que a pintura case nin se ve, exceso de vexetación sen podar en curvas, etc… o que fai perigosa unha vía onde a velodidade punta debería ser de 100 km/h.

    Penso que parte da solución pasa por que moitos dos conductores volten a por en valor a vella N-VI e a paisaxe coa que nos pon en contacto.

    Hai tamén unha estrada fermosísima entre Betanzos e Vilalba (popularmente coñecida como a estrada de Irixoa) que vale a pena ir por ela porque nos dá cunha paisaxe rural, ás veces decadente, dunha enorme beleza.

    Comment by xm carreira — August 11, 2007 @ 10:05 am

  2. Comparto totalmente esa predilección polas vías convencionais, é como si un poidese abrir moito máis os ollos e a mente ós sitios polos que pasa. Coñecín esa estrada Irixoa convencido de que era un atallo entre unha parroquia afastada de Vilalba (na que ía facer un trato) e A Coruña. Non sei si foi tal atallo, pero teño volto a transitar por ela só de puro paseo. Tamén me gusta moito (na mesma provincia) a que une Cerceda con Santa Comba, que a están a arreglar agora, a ver que tal queda.
    O do mantenimento, é algo que veño dicindo de sempre, pero desafortunadamente hasta niso somos consumistas e parece que nos gusta máis estrenar estradas novas antes que arreglar as “vellas”.
    Do que dice, engadir só unha observación a un problema endémico de tódalas nosas estradas: as casas pegadas á calzada, como na que morreu o outro día unha anciá que lle volcou un camión enriba. En moitos casos, non sei si estaba primeiro a casa ou a estrada, pero sexa como sexa, hoxe en día non debería seguir sendo así.

    Comment by F. Miguez — August 11, 2007 @ 12:10 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.