Si unha arbore cae sin que ninguén a escoite…

Andiven estes días a buscar un libro que me regalara miña tía cando cumplín 9 anos, “Las Aventuras de Vania el Forzudo”, para prestarllo a unha amiga miña que ten agora esa idade. Na procura, remexín entre a colección de literatura infantil (e non tan infantil) que acumulamos meu irmán máis eu, e xurdiume esta dúbida, que é o primeiro aforismo meu propio que apunto:

“Si non lembras ter lido un libro ¿de verdade podes dicir que o leches?”
F. Miguez.

Por certo, si é vostede maior de 9 anos, recoméndolle ese libro. Vai para vinte anos que o lin e aínda me lembro de él.

9 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/08/04/si-unha-arbore-cae-sin-que-ninguen-a-escoite/trackback/

  1. ¡Outro que se acorda! :-)

    Comment by Pedro — August 5, 2007 @ 2:28 pm

  2. E eu tamén! Adoraba a colección do Barco de Vapor…

    Comment by Iria — August 5, 2007 @ 11:44 pm

  3. Que curioso, eu tamén lin ese libro e mercaramo miña nai. O meu era de Barco de Vapor coas tampas de cor laranxa e chamábase As aventuras do varudo Vania. Aquilo de “varudo” chamoume atención e miña nai decidiu mercalo aproveitando que debía estar de rebaixas no Corte Inglés. Eu lembro que o preguiceir de Vania voltouse forte (=varudo) pasando o día a comer pipas mas de non moito máis. Agora o libro teno a miña curmá.

    Comment by xm carreira — August 6, 2007 @ 8:18 am

  4. Eu tamén o lin! Linme case toda a colección de barco de vapor, azuis e laranxas…adorábaos!

    Comment by Tamara — August 6, 2007 @ 8:49 am

  5. ¡Válgame Deus! Pois sí que era coñpecido o libro, he he. Esa traducción ó galego de “As Aventuras do Varudo Vaniá” vina nunha librería un tempo despois de lelo en castelán. Resulta que a nosa xeración ten en común algo máis que Espinete, e tódalas series de TV que tanto nos repiten ¿Haberá máis libros, ou calquera outra figura que tivéramos en común e nos quedara esquecida?
    (Iria, vostede non vale, he he)
    Mendinho, o comentario que fixo na anterior entrada tragárao o “Spaminator”. Xa está recuperado e o responsable sancionado. Moitas gracias.

    Comment by F. Miguez — August 6, 2007 @ 3:02 pm

  6. Pois eu non o lin, manda carallo. Eu tiña 9 anos no 1971, e ainda non leera mais ca tebeos.

    Comment by susolista — August 7, 2007 @ 9:27 pm

  7. He he, non presumas de vello, Suso, que aínda non eres tal.

    Comment by F. Miguez — August 8, 2007 @ 7:45 am

  8. eu quero o resumen das aventuras do varudo vania

    Comment by ema — March 26, 2009 @ 3:01 pm

  9. Ema, se buscas o título en castelán en Google, has topar un resumen, pero eu recoméndoche que leas o libro.

    Comment by F. Miguez — March 26, 2009 @ 5:10 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.