Campaña Verán 2007 da DGT.
As campañas que puxo a DGT nos medios este verán parécenme das máis afortunadas que fai en moitos anos. Manteñen un pouco o aire recriminador que tan desapropiado cosidero, pero tratan, por fin, dúas causas de sinistralidade alleas ás grandes teimas históricas do organismo que dirixe Pere Navarro.
Si falase de min mesmo, debería recoñecer que a maioría das situacións perigosas nas que me vin foron por mor de algunha distracción. Eu non suelo estar nos supostos plantexados no anuncio: poño o cinto antes de arrancar, non uso o movil, nin aparto a atención da estrada para manipula-la radio.Sí teño tendencia a distraerme coa paisaxe salvo cando conduzo a unha velocidade alta) ou coa conversa si vou a compañado. Inclúan estes factores si están dispostos a reducir os seus risco ó volante mellorando a súa atención. Oxalá dentro de pouco tempo non esteamos a falar de reduci-las distraccións ó volante, sinon de aumenta-la concentración dos conductores (¿enténdese a diferencia cualitativa?) como verdadeiro único medio para reducir os accidentes, con independencia da velocidade entre outros factores. Lembren, por último, que o cansancio e a tensión psicolóxica son dous factores que lle afectan moi negativamente á atención cando se conduce.
Respecto da distancia de seguridade, coido que debemos recoñecer que é un dos grandes deberes pendientes dos conductores españoles, aínda que a saturación das vías pode ser un bo atenuante na acusación. Tamén debemos recoñecer que as explicacións que se dan normalmente para calcular dita distancia son un pouco… difíciles de aplicar: “A 120Km/h deberíamos mantener una distancia de, al menos, 103m”, dicían nas noticias de Telecinco o outro día. (vexan o vídeo) ¿Cómo carallo se miden 103 metros dende un coche que viaxa a 120? Estanse a introducir sistemas electrónicos nos vehículos que evalúan esa distancia automáticamente, pero eu non os considero indispensables; o sentido común, un axeitado adestramento da conducción en estrada e autoestrada durante a autoescola (unha das grandes eivas da actual formación de conductores), e de novo a atención, poderían axudar a reducir os accidentes por alcance. A última (a atención), ten o doble interese de non limitarnos a “circular detrás” dos demáis vehículos, sinon a ter en conta activamente factores como a velocidade, o estado da vía ou o tráfico, ademáis de servir para, naqueles casos de circulación densa que dificulten manter unha correcta distancia de seguridade, tratar de anticipar as accións dos que nos preceden, mirando máis adiante para diviñar cándo este vai frear ou desviarse. Coidado tamén con outra grande esquecida: a distancia lateral ó adiantar a outros vehículos, en particular motos, bicicletas ou aqueles conducidos por maiores, noveles, ou personas dubitativas.
Por último, engadir que unha costumbre moi boa para evitar que os coches se peguen moito “por detrás” é a de non formar tapóns. Si se acumulan coches detrás nosa, ou o que nos sigue manifesta a súa intención de circular máis rápido, non nos costa nada facernos ó lado onde sexa posible e deixar pasar. Todos andaremos máis tranquilos. E por si alguén pregunta, eu sí que o fago.
Coma sempre, bos consellos. Facereiche caso.
Comment by susolista — August 2, 2007 @ 8:37 pm
Velocidade excesiva, comidas regadas con abundante alcool e mesmo drogas son as grandes causas de por que os españois son os que máis accidentes teñen por habitante de toda a Europa (mais ca gregos e portugueses, apesar de eles teren en xeral peores estradas e coches mais vellos) desde que todos queren ser Fernando Alonso.
Só hai que ler a impresión dos turistas estranxeiros en foros sobre os conductores españois ou os curiosos consellos da páxina de euroresidentes para circular polas estradas españolas.
Comment by xm carreira — August 3, 2007 @ 7:41 am
Eu estudie publicidade e relacións públicas. O meu anuncio favorito da DGT e un sobre a importancia do uso do cinturón no que vese de manera metafórica que cando non o levan posto as súas almas saen do corpo, pero cando o levan posto o cinturón as retén…
Impactante e moi gráfico. Encántame.
Comment by Tamara — August 3, 2007 @ 10:16 am
Por partes:
Suso: gracias polo cumprido, pero que alguén me faga caso faime sentir unha responsabilidade no lombo…
Mendinho: Eu coido que a estupidez patria ó volante xe estaba antes de Ferando Alonso, Carlos Sainz, ou mesmo Antonio Zanini. Esa cultura lúdico-gastronómica, ademáis de influir negativamente nas aptitudes ó volante como tí ben dis, é unha manifestación de despreocupación e hedonismo que non ten nada malo mentres se saiba trazar unha liña coas cuestións de responsabilidade como é conducir un coche, e ahí é onde a cagamos. As institucións, como representración da sociedade, deberían ter valorado isto hai tempo e aportado solucións alternativas do tipo “transporte público” ou “ubicación estratéxica dos lugares de esparcimento”. De todos xeitos, e sin poder comparar con outros países, o que falta en España é educación para a conducción; o que hai hoxe en día para sacar o carné de conducir, como moitos regulamentos de este país, está á altura cronolóxica do SEAT 1400 (que foi antes do 600).
Tamara: a min tamén me gustou ese anuncio, pero non estou seguro de que o público xeral o comprendese e, o que é máis importante, se vise influído por él. A cuestión do cinturón de seguridade debería de ser prioridade nacional hasta que TODO O MUNDO O USE SEMPRE.
Unha aperta a todos.
Comment by F. Miguez — August 3, 2007 @ 6:32 pm
eu tamén estou dacordo contigo en que as últimas campañas da D.X.T. foron e son un grande acerto, tanto na forma coma no fondo, está claro que hai que ser algo “directo” de máis para chegar á xente, eu hai anos que poño o cinto antes de acende-lo coche, non falo polo móbil nin fozo na radio desatendendo a estrada, pero tamén sigo a ver a xente facendo “piratadas” diante miña, cambiando de carril sen pór a intermiténcia, facendo adiantamentos en cambios de rasantes ou curvas e demais, para colmo, e unha vez máis a primeira vítima da operación saída de Agosto foi outra vez nas estradas galegas, estou a pensar que o noso é un mal endémico, eu toco madeira para que non me pase nada pero nunca se sabe o que pode vir diante ou detrás túa, hai que ter mil ollos…
saúdos a tod@s
Comment by breogain — August 3, 2007 @ 11:27 pm
Tes razón, o problema non é beber, senón non saber beber. Só un dato, na década dos setenta só o 4% dos accidentes estaban relacionados con exceso de alcool, hoxe case o 30%, sendo o país da UE máis perigoso.
Deixo dous links
O accidente do coche Fraga visto por Colin Davies:
Once again, I am lost as to where the logic is here, specifically how a
straighter road would improve the driving of a congenital idiot. But this is why
Mr Fraga, at 86, is still a powerful politician and I am not. And never will
be.
Consellos en euroresidentes
Comment by xmcarreira — August 6, 2007 @ 3:04 pm