Retrata, para non o esquecer. O AVE en Redondela, e eu contra él.

Obras do "AVE" en Negros, Redondela.

Estiven uns dias na Coruña e entereime pola Galega que xa empezaran as obras do AVE aquí, en Redondela. Eu contaba que aínda me quedaba un tempiño antes de empezar con un pequeno proxecto que teño en mente: fotografiar os lugares de este concello por onde vai pasar a obra, para deixar unha memoria fotográfica do que esta supoña. Así que en esas ando (ademáis de intentar estudiar algo para septembro) estas datas.
Casualmente, chegaronme rumores non hai moito, dende o mundo da obra pública, segundo os cales as obras de ese “tren de altas prestacións” están virtualmente paradas por falta de cartos. Cabe preguntarse, supoñendo certa esa información, si ten lóxica que empecen as obras de outro treito así, de golpe, e a resposta é afirmataiva. A lóxica da política. O AVE é un tren político, unha baza propagandística máis do bipartidismo español (como o terrorismo, por exemplo) co que a oposición sistemáticamente demostra o que non fai o goberno, mentres este “demostra que cumple os seus compromisos” de cara ás seguintes eleccións. Esta forma de entender a política de infraestructuras é pura idiosincrasia, e independiente de qué partido ocupe cada un dos roles citados; a necesidade de mostrarlle a Vigo cómo “se cumplen os compromisos” en materia de AVE antes das eleccións xerais do ano que ven, xustifica poñerse a fozar en Redondela con outros treitos sen rematar.
Polo demáis, os que teñan lido antes este blog saberán que non lles son eu moi partidario de ese invento do AVE, por varias razóns, que enumero sin enrollarme máis:

1º O impacto territorial das infraestructuras para AVE é gravísimo, comparado por exemplo co ferrocarril convencional ou os propios aeroportos. Para acadar as velocidades propias destes trens, ademáis das prestacións da maquinaria, é preciso que a via sexa o máis dereita posible. Iso é facil en outras rexións, pero en Galicia só se pode conseguir con importantes desmontes e taludes. Ademáis, a dispersión poboacional galega conleva que moitos asentamentos humanos se vexan afectados por esas obras (amén do patrimonio e do medio ambiente). En xeral, todo o que sexa apostar polo transporte terrestre en Galicia é ir contra a natureza da nosa terra (por si hai polémica, vaia por diante que eu prefiro apostar polo desenvolvemento local, non por un transporte insostible).
2º Non sei que porcentaxe de galegos viaxan a cotío a Madrid ou a Porto, pero sí sei que a práctica totalidade nos movemos dende as nosas vivendas ós núcleos de actividade económica (cidades, vilas, e polígonos) tódolos dias. O AVE supon unha inversión astronómica para solucionar o problema de unha minoría, mentres non se fai nada para reducir os custes do transporte que temos todos sin excepción, e a diario. (véxase o artigo “Da cuestión do tráfico na Area Metropolitana da Coruña II.”)
3º Ademáis da viaxe a Madrid, suponse tamén que o AVE vai reducir os tempos entre as principais cidades galegas. Na liña do punto 2, razono da seguinte maneira, invitándoos a que fagan o propio no seu caso paticular: Eu vou moito á Coruña. Para ser máis exactos, vou moitas veces de Redondela a Culleredo. Lévame entre hora e media (autoestrada) e duas horas e media (N-550). Supoñamos que o AVE Vigo-Coruña tarda unha hora. Si lle sumamos media hora para chegar de Redondela a Vigo, que é a estación máis próxima, e poñámoslle vinte minutos dende a Coruña ó Burgo, temos xa unha hora cincuenta, máis do que tardo actualmente cando vou pola AP-9, e cunha estimación moi benevolente, xa que exclúe esperas e retrasos, pasando por alto que viaxo sempre con tres bártulos relativamente pesados. Ademáis, unha vez na zona coruñesa sigo necesitando un medio de transporte dispoñible as vintecatro horas, que me permita moverme por diversos concellos da zona. ¿Viven vostedes nun lugar estratéxicamente comunicado, ou poderían analizar a súa relación co futuro AVE igual que eu o fago? Non quero imaxinar canto lle vai cambiar a vida a un residente en Triacastela cando o AVE estea opeartivo :D
4º Por último, hai unha razón máis para me opoñer ó AVE: esa falta de cartos. Xa moitas veces me teño queixado que os nosos políticos son como aqueles que o domingo cenan en restaurante de gala, a costa de pasar fame o resto da semana. Luce moito nas campañas electorais andar a inaugurar obras, canto máis grandes mellor, e para iso estanse gastando uns orzamentos que se lle sangran á conservación do xa existente, cos trastornos e o perigo que iso supón.
En definitiva, os que me lean con frecuencia, e os que me coñecen personalmente, saben que eu son escéptico e crítico con certos aspectos do desenvolvemento e o “progreso” tal e como se entenden na actualidade, na medida que se están tomando decisións difícilmente reversibles por seguir modas tecnolóxicas. As modas, por definición, son tal porque se fan maioritarias, así que a miña voz soíña non vai servir de nada. Quedará, confío, o silencio das fotografías como testigo do que foi.

Nota: Espectacular agalega.info (tendo banda ancha, claro). Sinxela e operativa. A veces da gusto ser galego.
Nota II: ¿Seica a blogoesfera non entende de vacacións ou que? “Só” catrocentas entradas RSS por ler para esta fin de semana. Téñoche choio.

O curioso efecto da escrita.

Acabo de escribir dous comentarios de resposta, un longo e outro curto, na entrada anterior de este blog. Descúbrome a min mesmo lendo e relendo eses comentarios, e non me sorprendo porque é un costumbre que xa me coñezo, pero hasta o de agora permanecía inexplicado. “¿Será unha especie de narcisismo?” “¿Será onanismo?” “¿Será que son un maniático e non me canso de repasar o que escribo a ver si se pode mellorar?” Eran preguntas que eu me facía, e certamente a última ten bastante de certo (aínda que a calidade da miña escrita non o reflicta).
Hoxe, na relectura antes citada, dinme conta da verdadeira causa desa manía: Busco coñecer a miña propia opinión, o meu propio criterio, ou os meus propios sentimentos. Manda carallo Hai que fastidiarse. Resulta que un escribe para comunicarse consigo mesmo, para saber o que lle pasa pola cabeza. Sorte que a estas alturas non merece a pena cambiarlle o nome ó blog por algo como “Go To The Mirror!
(Sí, coido que vou escoitar Tommy outra vez.)

Microchips en cerebros.

Cando vin Blade Runner, ou cada vez que vexo ou leo ciencia ficción na que se especula coa desnaturalización do ser humano, ou coa fin das liberdades individuais, a miña vena pesimista faime estar seguro de que nese mismo instante algún malnacido está a traballar por facer realidade esa visión, algún cabrón xa sabe cómo sacarlle proveito, e una lexión de parvos está disposta a alegrarse polo invento.
Ler que están desenvolvendo un chip para implantar no cerebro dos soldados americanos confirma a exactitude do meu pensamento. Primeiro serán os soldados, despois os presidiarios, os pederastas ou claquera figura antisocial… hasta que chegue un día que “polo ben de todos” esteamos monitorizados dende algures, por alguén que non coñecemos.
Lembren vostedes que non pasaron apenas décadas dende a fin dos últimos totalitarismos en Europa Occidental, e nada nos pode garantir a imposibilidade do seu retorno, nin que estes se vaian a beneficiar de eses “adiantos”. Lembren vostedes que hoxe en día existen totalitarismos no mundo, e só representan unha ínfima parte da vontade que algúns teñen de someter ós demáis.
Permítanme dudar de que os nosos fillos vaian a ter algunha oportunidade.

A unión.


Seguramente algúns xa verían na televisión este vídeo que me mandou unha amiga. Nel, un grupo de leonas cazan a unha cría de búfalo, pero os acontecimentos dan un xiro inesperado.
Hai moita xente convencida de que, si no mundo natural os felinos constitúen unha cima da pirámide, que somete ós demáis, eles poden ser o mesmo dentro da especie humana. Un exemplo evidente é o nacismo, ou calquera outra teoría de supremacías raciais, pero todo patrón social basado nas oligarquías, como a plutocracia neoliberal vixente, encaixa perfectamente en esa mentalidade. Cabe puntualizar que os leons matan para comer, e négaselles a capacidade de valorar os seus actos chamada conciencia; ningún “depredador” humano ten eses dous atenuantes.
Este vídeo (aínda que un pouco longo) é unha formidable fábula do que debería ser a conducta humana. Temo que, hai unhas décadas, estivemos máis preto de conseguilo que hoxe en día, pero soñar é gratis.
Por certo, non deixen de valorar a figura do cocodrilo, ese oportunista oculto debaixo das augas disposto a aproveitarse do que poida.

Os xeneradores de Barcelona.

Andan estes días a retirar os xeneradores que plantaran en Barcelona para paliar as consecuencias do incendio aquel na subestación, que provocara o famoso apagón. Queixábanse os veciños porque molestaban cos seus fumes e cos seus ruidos, ocupaban espacio na cidade, e eran moi feos.
Non é segredo, nin mito, a existencia de xente nas cidades convencida de que as patacas nacen de árbores, ou ignorancias semellantes. Probablemente, tampouco se imaxinaban cómo se fai a electricidade, porque normalmente ese fume, eses ruidos, e esa invasión paisaxística é aturada sin alternativa por xentes que viven no rural. Que lles pregunten ós veciños de Cerceda ou de As Pontes de García Rodriguez. (Na foto, o “xenerador” que levan aturando durante décadas en As Pontes. A mina adxacente mírase dende o espacio).

O "xenerador" das Pontes.

Non estaría de máis que eses grupos electróxenos, agora retirados da capital catalana, empezaran unha xira didáctica polas cidades España, para que o urbanita medio adquirise un grado máis de respeto por ese mundo ubicado alén do formigón.

Campaña de trigo 06/07.

Esta fin de semana, a asociación de veciños da miña parroquia truxo unha malladora e organizou un acto lúdico-cultural sobre a actividade tradicional. Eu aproveitei para mallar o que colleitei do meu trigo, e fago memoria de unha campaña que valoro como bastante desmotivadora.

Si ben este foi con diferencia o ano que máis gran collín, o resultado non se corresponde para nada coas espectativas que tiven hai uns meses, cando a leira presentaba o aspecto que se ve na foto do final. Xuntáronse tres problemas que provocaron o fracaso do experimento, hasta o punto de que menos da cuarta parte da producción foi recollida:

A meteoroloxía: O verán tan chuvioso fixo que, coincidindo coa fin do ciclo vexetativo do trigo, as malas herbas collesen moitísima forza e invadisen unha porcentaxe maioritaria do terreo.
A recolección: As malas herbas non serían un problema si tivésemos feito a sega no seu momento ótpimo, hai cousa de un mes (en realidade, o trigo tamén retrasou a súa maduración unhas semanas por mor da elevada humidade), pero o home da malladora negouse a vir antes do mes de agosto por resultarlle prioritario o traballo de alpacado, á súa vez demorado por cousa da meteoroloxía. Meus pais insistiron en recoller unha parte a man, aínda que fose testimonial, pero a cousa non pasou de ahí. De ningún xeito podemos permitirnos na nosa casa a cantidade de horas necesarias para segar e enmoiar toda a extensión cultivada, amén dos problemas de almacenamento dos moios hasta o día que o mallador viñese (sumábase ademáis certa incertidumbre porque, o ano pasado, tamén estaba previsto realizar unha malla colectiva que ó final nunca chegou). Lembrarán vostedes que eu teño a miña propia malladora, pero a coitadiña aínda está pendiente de unha seria restauración.
Os páxaros: Unha cousa é dicilo, e outra ben distinta velo. A xente que viu a bandada de pardales que almorzaba e cenaba de buffet libre no meu trigo cortóuselle a respiración, e entendeu cómo din por perdida a colleita e deixei de preocuparme polo trigo. Foi pola miña propia saúde, porque estaba empezando a descorazonarme de ver cómo as espigas se ían desintegrando mentres agardaba o día que o mallador quixese vir. Acudín á Extensión Agaria en busca de consello, e a única solución viable (porque cubrir un campo de trigo con unha rede non é viable) que me aconsellaron foi colgar CDs por alí para espantalos. Nin siquera a presencia humana espantaba a gula dos paxáros, así que o resultado da medida foi máis ben escaso. Acudín entón á delegación provincial de Medio Rural, que me mandou a Medio Ambiente, para vivir un proceso que resumo neste diálogo ficticio que ben podería servir de guión para un esketch dos Tonechos:

-(Míguez) Hola, veño porque teño unha parcela cultivada con trigo e hai unha praga de pardales que ma está devastando.
-(Administración) Pois non sei qué lle vas facer, porque está prohibido tocarlle ós páxaros.
-(M) Eu estiven a ler a Lei de Caza e hai un apartado no que se fai unha excepción cando os animais supoñen un dano para a agricultura.
-(A) Iso era na antiga Lei de Caza estatal, agora hai unha Lei autonómica distinta. Toma, le si queres, pero eu penso que o mellor vai ser que pidas unha indemnización como se fai cos danos do “jabalí”.
F. Miguez le a Lei de Caza, Lei 4/1997.
-(M) Aquí pon o mesmo que puña na outra lei.
-(A) ¿Ai sí? A ver. Pois é verdade. Entón tes que solicitar unha autorización para adoptar medidas contra esas aves, pero eu penso que o mellor vai ser que pidas unha indemnización como se fai cos danos do “jabalí”.
-(M) Vale, quero pedir permiso para adoptar medidas contra unhas aves que me están a causar danos nun cultivo agrícola.
-(A) Non cho damos, pero eu penso que o mellor vai ser que pidas unha indemnización como se fai cos danos do “jabalí”.
-(M) Está ben, quero pedir unha indemnización polos danos que me está a causar unha praga de gorrións nun cultivo de trigo.
-(A) Non cha damos, porque as indemnizacións solo existen para danos provocados polo “jabalí”.

Ese foi o día que dixen “que lle den polo cú ó trigo mellor deixo de preocuparme“, porque estaba a piques de ter unha crisis de ansiedade. Debo recoñecer que o axente forestal que viu a evaluar a situación, e me aconsellou qué argumentar na miña instancia, foi unha persona atenta e, visto o fracaso, tomou a molestia de acudir a un comercio para investigar que opcións había. Recomendoume unhas cintas brillantes de propósito similar ás dos CDs, pero para aquel momento eu xa me dera por vencido.

A experiencia, en resumen, foi bastante decepcionante. Non significa que vaia abandonar, nin moito menos, pero haberá que agardar hasta o inverno para pensar qué farei o ano que ven. Hai por diante proxectos de maior alcance, que van ser os que verdadeiramente condicionen o que plantarei ou deixe de plantar. Quédame agora a esperanza do millo e os feixóns, e mentres, aférrome á incrible sensación que producía, ás horas do alba, oir naquel mar verde as ondas provocadas pola primeira brisa do dia. Unha cousa é dicilo, e outra ben distinta sentilo.

Trigo en primavera.

Nota: No primeiro enlace, o do Faro de Vigo , sae unha foto de Constante O Pisco, un veciño que repite ano tras ano na TVG ou Telecinco por ter uns xirasoles que chegan máis alto que o tellado da súa casa.

Irresponsabilidade na N-VI.

N-VI en Iñás.
Na foto de arriba vese a Nacional VI, ó seu paso por Iñás (Oleiros) o pasado 3 de Agosto, mentres que na de abaixo vese cómo estaba ese mesmo treito o 2 de Xunio. É dicir, para non andarmos con rodeos, que esa curva leva máis de dous meses sin pintar.
Para poñernos en antecedentes, cabe aclarar que a Estrada Nacional VI (Madrid-A Coruña) leva xa moito tempo en obras entre San Pedro de Nos e o Espíritu Santo, tanto que nun dos rótulos de Fomento alguén escribiu “Obra empezada por Aznar”. Sin cartos ou sin ganas, respostaría eu sin afán politicante, porque é evidente que os seus sucesores tampouco se están apresurando por rematar. Ter 5 Kilómetros dunha das principais estradas de Galicia en obras durante anos dice moi pouco, ou tal vez bastante, do rigor co que o Ministerio de Fomento se toma as cousas (xa saben vostedes que eu son moi crítico con esa manía española de gastar en novas obras os cartos de manter as existentes). Xa, en primeiro lugar, porque esa especie de “lo hacemos por su bien, disculpe las molestias” dos letreiros empezou a sonar a cachondeo ó entrar no segundo ano de obras, e a densidade de tráfico que rexistra a N-VI nese tramo (onde coinciden os vehículos da estrada de Ferrol, cos da comarca de Betanzos e os que veñen de Lugo, ou o interior, por estrada, ademáis de parte do tráfico de Bergondo, Cambre, Sada…) non é para andar de cachondeo, salvo que o plan sexa encabronar ós conductores hasta que a necesidade da Vía Ártabra se faga obvia.
Pero o máis grave non é isto, sinon o risco que supon para a seguridade vial un treito en obras, e sobre todo cando estas se dilatan tanto como para que os conductores empecemos a ignorar a sinalización provisional. Coido que non será necesario explicar que unha estrada en obras é sempre unha estrada máis perigosa, así que concentrémonos no problema presentado na foto: Trátase de unha curva con pouca visibilidade (a foto está tomada aproximadamente no medio) co risco engadido de que nun extremo (no lado “da Coruña” para entendernos) ten dous carriles, e no outro tres; é dicir, na parte que está sin pintar empeza un carril de adiantamento para o sentido ascendente. Estes dous factores fan que, estando só sin pintar a lonxitude da curva propiamente dita, a ambigüidade respecto “a quen lle pertenece” o centro da calzada a faga singularmente perigosa, sobre todo de noite, imaxe moito máis espectacular que a de día, pero que non colgarei aquí porque non se ve absolutamente nada (por iso é espectacular); aínda por enriba, a curva queda nunha zona sin iluminar entre dous treitos con farolas. ¡Co barato que sería pintar unha liña de puntos provisional que delimite os carriles e o arcén! ¿Verdade?
Desafortundamente, deixar treitos delicados sin pintar é un clásico da chapuza vial galega. Parte da N-550 entre Carral e o Mesón do Vento (si coñece vostede esa estrada, saberá que non é unha broma) estivo tamén un tempo sin pintar, afortunadamente bastante menos. E como está apuntada, para non a esquecer, lembraremos de paso a que (a xuicio deste humilde blogueiro) foi a grande cafrada da mesma N-550 en Valga e Caldas de Reis, con carraxe agravada nestes días en que, poucos meses despois dos traballos, unha parte desa estrada xa está levantada de novo por mor da obra da variante de Caldas. Se iso non é falta de planificación, chamarémolo tomadura de pelo.
Pacientes e espero que vacacionais lectores, vai sendo hora de que esixamos algunha cabeza para que deixen de xogar con nos, cos nosos cartos, ou a nosa seguridade, e a Demarcación de Carreteras do Estado en Galicia (entidade con máis autoridade da que un imaxinaba) pode ser un bo lugar para empezar.

Un ano despois dos incendios.

A estas alturas de agosto, andábamos hai un ano afogados polo fume e bagoentos de ver cómo se queimaban os nosos montes. Non de que se queimaran, que non era novidade, sinon de que poidésemos sentir o lume tan preto das casas e, curiosamente, tan preto das grandes cidades de Galicia. Unha vez máis, a nosa terra saiu do mundo das néboas para ser portada informativa, e unha vez máis foi por unha catástrofe.
Este ano, a enrevesada climatoloxía que nos acompaña ten creado un escenario totalmente diferente, que non nos permite averiguar si a administración e a sociedade fixemos os deberes oportunos. Mellor así, eu tampouco desexaría saber nunca si o meu dentista é un profesional brillante ou mediocre, pero sí vexo ó meu arredor que algunhas cousas cambiaron:
O esforzo feito en desbroce e limpeza de zonas forestais, e non tan forestais, aumentou considerablemente. Parece que lle vimos as orellas ó lobo, ou tal vez que se extendeu a idea de que o abandono e o matorral poden traer sancións económicas. Agora, e isto é unha apreciación personal, só queda explicarlle ás cuadrillas de limpeza que está mal desbrozar as parcelas deixando paus e ramalleiras caídas ou atravasedas nos camiños.
Parece que existe unha aposta pola profesionalización das cuadrillas da Xunta, e que os concellos van pintar menos na materia. Boas noticias ambas, na medida que os montes son entidades transmunicipales, e na medida de que todos sabemos, ou cando menos intuimos, que o peor do noso folclore caziquil andivo máis de unha década por detrás de esas cuadrillas.
Fora da profesionalización, os programas de voluntariado son unha aposta estupenda, sobre todo como oportunidade para que a xente das cidades se achegue ó monte coa visión práctica que del temos os do rural. Eu valorei a posibilidade de inscribirme como voluntario, e desboteina porque non podía garantizar ningún compromiso (e si non é para comprometerme, pois non me apunto a nada). Ademáis, honestamente, pareceume un pouco ridículo apuntarme para ir ó monte de cando en vez e avisar si vise algo raro, porque xa é algo que fago habitualmente. Máis por placer (e deporte) que por sermos propietarios forestais, non hai semana que non vaia unha ou dúas veces dar unha volta por algunha pista, tanto en verán como inverno. Aínda así recoñezo, e isto é un auto-tirón de orellas, que ese ir por libre pode ser considerado unha das grandes taras sociais e políticas do galego medio, así que reflexionarei sobre o asunto.
Por último, dicir que cando estábamos no peor dos lumes, eu tiña pensado mandarlle unha carta ás autoridades pertienentes na que, baseándome nos intereses políticos (que non necesariamente partidistas, ollo) que puderan existir tras dos lumes, fosen consideramos estes como unha acción terrorista, e perseguida como tal dende o punto de vista xudicial e co necesario esforzo policial. Non me fixo falta porque, ós poucos dias, saíu un ministro dicindo iso mesmo nos medios. Pois ben, pasado un ano de aquilo… ¿dónde están os resultados? ¿Qué pasou cos incendiarios detidos? ¿Que resultados deron as investigacións da Guardia Civil, ademáis de negar calquera trama conspiratoria?

Cabalos no monte de outra parroquia.

Eu, que son moi mal pensado, e pouco crente das casualidades, deixareilles para reflexionar o que un madeirista lle dixo a un amigo meu (que tamén tivo, e ten, realición profesional co monte) naqueles días de crisis do ano pasado:
“Eu non o podo crer. Mira que cheghei a botar pitillos encendidos, a propósito, en sitios con herbas secas e así, para ver si é verdade que prende tan fácil, e nada. Imposible. Aquí arde só si se lle pon lume con mala intención.”
Virá outro verán seco, antes ou despois, e veremos si as choivas de este non lavaron as leccións que aprendemos o ano pasado.

P.D.: Lean este artigo do blog da FEGA, publicado o luns sobre o asunto. Non coindido con él no 100% (as queimas son necesarias mentres ninguén pense unha alternativa mellor), pero peréceme un texto interesante.

Si unha arbore cae sin que ninguén a escoite…

Andiven estes días a buscar un libro que me regalara miña tía cando cumplín 9 anos, “Las Aventuras de Vania el Forzudo”, para prestarllo a unha amiga miña que ten agora esa idade. Na procura, remexín entre a colección de literatura infantil (e non tan infantil) que acumulamos meu irmán máis eu, e xurdiume esta dúbida, que é o primeiro aforismo meu propio que apunto:

“Si non lembras ter lido un libro ¿de verdade podes dicir que o leches?”
F. Miguez.

Por certo, si é vostede maior de 9 anos, recoméndolle ese libro. Vai para vinte anos que o lin e aínda me lembro de él.

Campaña Verán 2007 da DGT.

As campañas que puxo a DGT nos medios este verán parécenme das máis afortunadas que fai en moitos anos. Manteñen un pouco o aire recriminador que tan desapropiado cosidero, pero tratan, por fin, dúas causas de sinistralidade alleas ás grandes teimas históricas do organismo que dirixe Pere Navarro.
Si falase de min mesmo, debería recoñecer que a maioría das situacións perigosas nas que me vin foron por mor de algunha distracción. Eu non suelo estar nos supostos plantexados no anuncio: poño o cinto antes de arrancar, non uso o movil, nin aparto a atención da estrada para manipula-la radio.Sí teño tendencia a distraerme coa paisaxe salvo cando conduzo a unha velocidade alta) ou coa conversa si vou a compañado. Inclúan estes factores si están dispostos a reducir os seus risco ó volante mellorando a súa atención. Oxalá dentro de pouco tempo non esteamos a falar de reduci-las distraccións ó volante, sinon de aumenta-la concentración dos conductores (¿enténdese a diferencia cualitativa?) como verdadeiro único medio para reducir os accidentes, con independencia da velocidade entre outros factores. Lembren, por último, que o cansancio e a tensión psicolóxica son dous factores que lle afectan moi negativamente á atención cando se conduce.
Respecto da distancia de seguridade, coido que debemos recoñecer que é un dos grandes deberes pendientes dos conductores españoles, aínda que a saturación das vías pode ser un bo atenuante na acusación. Tamén debemos recoñecer que as explicacións que se dan normalmente para calcular dita distancia son un pouco… difíciles de aplicar: A 120Km/h deberíamos mantener una distancia de, al menos, 103m”, dicían nas noticias de Telecinco o outro día. (vexan o vídeo) ¿Cómo carallo se miden 103 metros dende un coche que viaxa a 120? Estanse a introducir sistemas electrónicos nos vehículos que evalúan esa distancia automáticamente, pero eu non os considero indispensables; o sentido común, un axeitado adestramento da conducción en estrada e autoestrada durante a autoescola (unha das grandes eivas da actual formación de conductores), e de novo a atención, poderían axudar a reducir os accidentes por alcance. A última (a atención), ten o doble interese de non limitarnos a “circular detrás” dos demáis vehículos, sinon a ter en conta activamente factores como a velocidade, o estado da vía ou o tráfico, ademáis de servir para, naqueles casos de circulación densa que dificulten manter unha correcta distancia de seguridade, tratar de anticipar as accións dos que nos preceden, mirando máis adiante para diviñar cándo este vai frear ou desviarse. Coidado tamén con outra grande esquecida: a distancia lateral ó adiantar a outros vehículos, en particular motos, bicicletas ou aqueles conducidos por maiores, noveles, ou personas dubitativas.
Por último, engadir que unha costumbre moi boa para evitar que os coches se peguen moito “por detrás” é a de non formar tapóns. Si se acumulan coches detrás nosa, ou o que nos sigue manifesta a súa intención de circular máis rápido, non nos costa nada facernos ó lado onde sexa posible e deixar pasar. Todos andaremos máis tranquilos. E por si alguén pregunta, eu sí que o fago.