Carta ó director do Faro de Vigo. Sobre a Autovía por Redondela.

La editorial publicada por Faro de Vigo el domingo 15 de Julio sobre de la conexión de la A-57 con Vigo, así como otras informaciones y opiniones que este medio suele publicar al respecto, son el paradigma del esperpento desarrollista vigués, y me explico desde los antecedentes: Ríos de tinta se han vertido en este periódico sobre el crecimiento del aeropuerto de Peinador, escritos, más que presumiblemente, por personas que ignoran los particulares de convivir diariamente, desde las siete de la mañana hasta pasada la media noche, con el estruendo de los reactores sobre sus casas. Se han vomitado diatribas sobre un AVE que, sin entrar en otras consideraciones técnicas que ruborizarían a muchos de los redactores de este periódico, nunca será utilizado por el vigués medio pero sí condenará para siempre a muchos vecinos de Redondela, y otros ayuntamientos vecinos, a convivir con el ruido, las barreras visuales y la destrucción de nuestro entorno. Con la citada conexión, la desfachatez se perpetúa.
Faro de Vigo no tiene idea de transportes, infraestructuras, ni política territorial. Lo ha acreditado durante años de textos indocumentados sobre lo antes expuesto, y se doctora en la ignorancia con la citada editorial, en la que defiende esa conexión entre la A-57 y Peinador que vendrá a jodernos la vida a los redondelanos, entre otros, siendo esta tan indefendible como que se trata de un invento de aquel Alberto Nuñez Feijoo conselleiro de política territorial, que trató de quitarle las castañas del fuego a su partido cuando este perpetuó los peajes de Rande y toda la AP-9, en una maiobra verdaderamente agraviante para Vigo y toda Galicia. ¿Donde estaba la pluma editorial del Faro aquel día? Mejor no preguntar.
Documéntense y cuenten la verdad en su periódico: La conexión de la A-57 con Peinador va a ser una obra que destrozará Redondela seguro, y quizás Soutomaior, Pazos de Borbén o Mos, y que no va a servir para nada, porque el ciudadano normal preferirá seguir pagando los dos euros y medio que le timan en Rande antes de darse un garbeo por los montes de la comarca, para tardar el doble de tiempo en llegar a los accesos colapsados que todos conocemos en Vigo y Pontevedra. Solo se necesita saber sumar y leer un mapa. Pero ustedes prefieren regodearse en Dios sabe qué victimismo, qué complejos, o que intereses, antes de decir las verdades de bulto: Que la privatización de AUDASA, y la consecuente conservación de los peajes existentes, son el mayor atentado contra el desarrollo de Galicia (incluído Vigo) desde la Guerra Civil Española. Que Europa se construye a golpe de transporte público mientras en España se nos trata de meter una autovía hasta la puerta de cada alcalde. Que el camino más corto y rápido entre Pontevedra y Vigo es la autopista (AP-9) y es más barata cualquier mejora en esta, incluída la supresión del peaje, que inventar otra carretera nueva. Que la saturación de la AP-9 se debe al tráfico del Morrazo y no al de Pontevedra. Que la propia A-57 va a absorver la mitad de ese tráfico que pasa por Vigo desde el norte.
En resumen, ojalá la dirección del Faro de Vigo sintiese sobre sus viviendas la condena al ruido, los taludes, los viaductos y la contaminación de una nueva autovía, como sentimos en Redondela, para que se le abriesen los ojos a una realidad más allá del desarrollismo torpe y anacrónico que defiende.

Acabo de mandala agora mesmo (7:52h, 31/07/07). Si teño tempo entre esta tarde e mañá, tentarei de poñerlle os vínculos pertinentes. A razón pola que está en castelán é longa de explicar, pero allea á miña vontade.

8 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/07/31/carta-o-director-do-faro-de-vigo-sobre-a-autovia-por-redondela/trackback/

  1. Vese que o investimento en infraestructuras non che gusta nadiña. Non coñezo o estudo informativo, de veras, pero entendo que a solución pasa por algo así como facer da A-57 unha grande circunvalación da área metropolitana de Vigo. Entendo que os que vaian a traballar á periferia viguesa non irán por Rande, co cal quedará algo menos conxestionado, e o aeroporto de Peinador estará mellor integrado.

    O ideal para desconxestionar Rande sería outra ponte pero iso non é doado nin do punto de vista económico, porque é caro, nin do punto de vista político, porque a área metropolitana é unha gaiola de grilos.

    Comment by xm carreira — July 31, 2007 @ 9:31 am

  2. O Faro de Vigo é lamentable. Só buscan sacar noticias victimistas que o único que conseguen é enganar e enfurecer os vigueses de a pé.

    Comment by Leonardo Da Vinci — July 31, 2007 @ 10:11 pm

  3. e supoño que a mandaches en castelán porque senón non a a darian publicado…(sic),concordo contigo con que o desenrolo das infraestructuras non debe de ser a calqueira prezo, aqui en Pontevedra levamos anos có tema da circunvalación, si, a circunvalación que inda non temos, debemos de se-la única cidade importante ou capital de provincia que inda non gasta diso, pero tampouco queremos que sexa arrasando Marcón, Tomeza ou Mourente, as cousas hai que facelas ben e con cabeza, pensando tamén nos veciños, non só nos intereses económicos, estratéxicos ou políticos.

    Comment by breogain — July 31, 2007 @ 10:45 pm

  4. Comentarios moi acertados:
    Na Plataforma que temos en Redondela polo choio da autovía, somos maioría os galego-falantes. Aínda así, temos a consigna de mandarlle ós medios todo en castelán para ter unha opotunidade mínima de que nos publiquen algo.
    Si Vigo e o resto da provincia fosen como se lee no Faro, serían unha mestura de República Bananera e concello galego rural ultracaciquil. Vamos, un atallo de paletos; pero desafortunadamente conta con unha carteira importantísima de lectores.
    Sobre a cuestión das infraestructuras, o primeiro que non me gusta de elas é o impacto que producen no entorno, xeneralmente irreversible. Un entorno que, ademáis, se beneficia cada vez menos de esas infraestructuras que se pensan para atender só ós grandes núcleos de poboación ou grandes núcleos de presión económica como pode ser a Zona Franca de Vigo. Pero o peor de todo é que nunca existiu, e sigue sin existir, un plan para Galicia ¿Que Vigo quere ampliar o aeroporto? Hai que amplialo. ¿Que Vigo tamén quere AVE? Pois veña AVE, e aeroporto. ¿Que Coruña quere o mesmo que Vigo? Andando… E así nos vai, con dous portos exteriores a cada lado da Ría da Coruña, co de Vigo que quere ser o Rei, ou con concellos como Cambre ou Mos, atravesados ambos pola Ap-9, por sendas autovías, e sendos ferrocarriles, vénselles enriba unha nova autovía a cada un, e os futuros trazados do AVE a Ferrol e Portugal respectivamente.
    Ó final estan a estragar todo o territorio, e os cartos, para cousas que ninguén sabe explicar moi ben para o que sirven, e que, como dice Breogain, non se fan coa cabeza. Iso é o que non me gusta nadiña ;)
    Do caso particular da A-57 e Rande, xa falaremos máis adiante.

    Comment by F. Miguez — August 1, 2007 @ 11:21 am

  5. Dadelle caña, caghinatós. ¿E se fan un tunel submarino coma o da Mancha, e de paso paganno co ouro dos galeóns que hai por ali? Xa sei que non é coña, pero bueno, non me aguantaba. Sorte.

    Comment by susolista — August 1, 2007 @ 8:08 pm

  6. Non sei si coñeces algo a ria de Vigo, Suso. No interior, na costa de Redondela, está a illa de San Simón, antigo penal da represión franquista e, disque, base de abastecemento para os submarinos alemáns no curso da Segunda Guerra Mundial.
    Parece ser que os mariñeiros vellos de Cesantes contan que, pasada a Guerra, andivo a investigar o choio ese dos galeóns un inglés ou un alemán, segundo as versións, e que o ouro vai xa no carallo.
    Tamén se di que, a día de hoxe, calquera intento de buscar no fondo da ría está vetado por unha razón “de peso”. Bueno, máis ben de metales pesados; décadas de actividade e verquidos industriais incontrolados deron con tal cantidade de plomo, cadmio, e demáis tóxicos, no fondo da ría que, si se remexe, é probable que os mexillóns das bateas, o peixe, os chocos, e o marisco todo deixen de ser aptos para o consumo humano durante unha boa temporada.
    Así é como se fan aquí as cousas: o ouro levárono outros, e nos quedámonos co plomo, o noso propio plomo.

    Comment by F. Miguez — August 1, 2007 @ 10:48 pm

  7. E que esa é unha das causas que máis me preocupan dos políticos e responsables tanto autonómicos como locais: a falta de planificación e previsión.
    Non queren ou non son capaces de facer as cousas cun pocuo de sentido común. Van tirando cara adiante e logo xa se verá. Non existe ningunha planificación ni ningún plan a seguir. Así nos vai.

    Comment by Leonardo Da Vinci — August 2, 2007 @ 9:53 pm

  8. Hoxe a medio día saía o presidente (ou o que sexa) da Fundación Semana Verde de Galicia queixándose de que o tinglado aquel que teñen en Silleda non da todo o que tiña que dar porque, dicía, “non existe planificación e todo se fai con criterios localistas” en materia de congresos.
    Só un tonto moi tonto non se daría conta de que ese é o grande problema estructural de Galicia. Tal vez quitándolle protagonismo ós concellos e alcaldes, en particular os metropolitanos, e facéndolle oidos xordos ás prensas locales… pero o electoralismo barato vai seguir facendo lastre.

    Comment by F. Miguez — August 3, 2007 @ 6:19 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.