Incompetencia II. Redescubrindo a mezquindade.
Continúo co meu periplo para me desfacer do antigo monitor dentro das normas que me dicta a miña conciencia.
“O monitor podes tiralo directamente no contenedor, porque aínda que Urbaser os recolle por separado, despois mézclaos co resto dos residuos. Só procura que non te vexan.“
Deixarémolos no anonimato, pero iso foi o que dixeron dous empregados de esa empresa, por separado, sobre o asunto. Lémbrame o que me dixo “Fin”, dono de un servicio de neumáticos local, ó preguntarlle qué facer con catro rodas vellas do tractor, a principios de ano:
“Para que chas recollan, tes que pagar uns cartos por cousa da reciclaxe, que me parece un roubo porque despois non saben qué facer con eles. Algúns quéimanos nas cementeiras e outros amontónanos en vertedeiros hasta que sepan qué facer. Entre Valencia e Madrid pasas kilómetros e kilómetros de un vertedeiro que teñen, todo de rodas, que aquilo da verjonza miralo. Así que si queres podes botalas nun contenedor, ou mellor aínda, si tes algo de broza, bótalla por enriba e plántalle lume, que de esas rodas non quedan restos. Iso sí, ti procura que non te vexan tiralas nin nun contenedor nin en ningún sitio.”
En fin, esquecín o que dixo unha amiga miña cando viu, hai uns anos, que os contenedores de “orgánicos” coruñeses se recollían no mesmo camión que os outros (pouca xente o sabía na Coruña, dada a nocturnidade da maniobra, pero hoxe en día iso xa non se fai), mais sí lembro a frase dun parente portugués, profesional (de traxe e garabata) da xestión de refugallos, mais ou menos por aquela altura:
“Hai dez anos, ninguén imaxinaba que o refugallo poidese dar tantos cartos.”
P.D.: A pesares de que particulares, asociacións de veciños e outros colectivos, manifestaron a súa insatisfacción cos dez anos do servicio prestado por Urbaser en Redondela, o concello renovoulle a concesión por outros vinte anos pouco antes das últimas eleccións municipais. En Redondela fálase abertamente de cazo.
Ti fai o que sea pero que non te vexan, e se te ven, procura que sea alguén que sepas que fixo o mismo. Viva Egpaña.
Comment by susolista — July 23, 2007 @ 9:22 pm
eu teño chamado aos do concello para que me viñeran retira-los monitores, torres, impresoras e demais trebellos informáticos, viñeros cunha carroceta e leváronos, supoño que para reciclar, a verdade, eu limiteime a chamar ao teléfone ese que puñan eles, pero non sei o tratamento que lles deron….
Comment by breogain — July 23, 2007 @ 10:44 pm
Non sei que empresa recolle o lixo no teu concello, pero moito me temo que o destino dos teus equipos vellos non fora exactamente o que ti desexabas. Efectivamente, Egpaña é así, mentres non te miren, (ou si pagas o imposto pertinente) podes facer o que sexa.
Un saúdo ós dous.
Comment by F. Miguez — July 24, 2007 @ 5:32 am
Paisano!Eu hoxe en día vivo o lado do Raxo de Burgo. Coñécelo non?
Unha aperta!
Comment by Tamara — July 24, 2007 @ 9:42 am
infórmate dalguha asociación que os recolla para reciclalos e donalos despois,é o mellor.
Comment by vermella — July 24, 2007 @ 3:30 pm
JE JE, digamos que é difícil non coñecer o Raxo. Vermella: ¿sabes tí de algunha asosociación coa que me poida poñer en contacto?
Comment by F. Miguez — July 25, 2007 @ 2:57 pm