Curso de verán sobre sentido común.
Lección 1ª. No país paradigma da eficiencia e a capacidade tecnolóxica, o Xapón, ven de producirse un escape por mor dos terremotos de estes días. Xa teño falado moitas veces de cómo o sentido común desaconsella a profileración da enerxía nuclear, na medida en que, de cantas fontes de enerxía dispoñemos hoxe en día, esta é a que pode ter unhas consecuencias máis nefastas en caso de accidente. O do Xapón, afortunadamente, non é exemplo de traxedia, mais sí de cómo é imposible reducir a cero o risco de esta se produza:
“El terremoto … superó la intensidad máxima para la que estaba calculado este complejo nuclear“. (El Mundo)
Si están moi aburridos, neste seu período vacacional, deixenme invitalos a reflexionar sobre si o risco merece a pena, e, si teñen ganas de desmoralizarse un pouco, a pensar canto importa a súa opinión no resultado da decisión política.
Lección 2ª. Agora, todo o mundo dice aquilo de “eu xa o sabía”, a propósito do accidente aéreo do Brasil. Si e que se vía vir, un aeroporto tan transitado, no medio de unha zona residencial… Verán, pódese dicir que eu me criei nun piso no Burgo (Culleredo), que está uns douscentos metros por debaixo da traxectoria de aterraxe dos avións que chegan a Alvedro; vamos, que parece que a barriga dos aparellos nos fora a levar a antena algún dia (dense por convidados a tal espectáculo cando o desexen, porque certamente acojona impresiona). O edificio no que eu vivía (e aínda recalo de vez en cando) foi construido na década dos setenta, igual que os catro ou cinco que o rodeaban, nun tempo en que un triste Fokker (?) de hélice pasaba cada día por alí. Agora os tempos cambiaron, e Alvedro ten un tráfico bastante máis intenso que daquela… e no Burgo hai bastantes máis edificios que recoller a caída de unha aeronave.
Así de listos somos. No afán de aproveitar a presión inmobiliaria do extrarradio coruñés, a poboación que vive debaixo da traxectoria dos avións multiplicouse considerablemente dende a miña infancia. Así, si algún dia se produce unha catástrofe como a do Brasil, os supervivintes poderán dicir aquilo de “xa se vía vir dende hai tempo”.
Si remataron o exercicio proposto na 1ª lección, fagan agora examen de conciencia, e pregúntense si son vostedes dos que asinten cando os panfletos a prensa local de Vigo ou A Coruña se queixan de agravios comparativos mutuos (ou con Lavacolla), si valora vostede positivamente a posibilidade de ter un aeroporto que non usa máis que un par de veces ó ano (con sorte) a cinco minutos da casa, ou si é vostede dos que pensa que Galicia, dadas a comunicacións actuais, case tiña abondo con un só aeroporto, céntrico e situado a varios kilómetros do núcleo de poboación máis próximo… como se fai polo mundo adiante.
Antes de facelo en Alvedro miraron de facelo en Laracha, e probablemente estaría moito millor. Pero a tua pregunta respondo que si, millor un ben comunicado con lineas de metro ou tren rápido pra tardar polo menos, algo menos en chegar de Lugo a Santiago, que de Santiago a Madrí
Comment by susolista — July 19, 2007 @ 9:19 pm
Non sabía eu iso de Laracha. Polo demáis, coido que non me sorprende que esteamos de acordo en preferir unhas comunicacións organizadas en Galicia que pensando “no centro”.
Comment by F. Miguez — July 20, 2007 @ 11:07 am
O problema dos aeroportos galegos non é que sexan tres, senón que non están comunicados entre sí nin se xestionan conxuntamente.
No Reino Unido é posible ir directamente, se pasar polo centro das cidades, dun aeroporto a outro tanto en tren como en autobús (nlagúns incluso en metro). Na Galiza, non é así. Para ir de Alvedro a Lavacolla terías que facer Alvedro-A Coruña-Santiago-Lavacolla, é dicir, un auténtico sube e baixa.
Non é malo tres tres aeroportos se se xestionan conxuntamente e cada un fai a súa función. Nalgúns aeroportos internacionais a distancia entre terminais é maior que a distancia entre Lavacolla e Alvedro.
Comment by xm carreira — July 23, 2007 @ 10:38 am
Agraciado comentario, sí señor. Pero permítame soster que a raiz do problema é o localismo fervente das grandes cidades de Galicia, esa incapacidade de Vigo e A Coruña para se integrar no resto da comunidade, o seu empeño permanente por seren “cidades estado” rodeadas de un submundo de man de obra, folclore, e terreo hacia onde medrar.
Comment by F. Miguez — July 23, 2007 @ 12:01 pm