Ruido e libros.

Como apuntara, tiña un lote de e-mails e entradas de blogs admirados sin ler. Empecei a ler ós pouquiños, e despois de uns días descrubín que o saldo non minguaba, e é que son moitos a escribir, e algúns a toda velocidade. Así que escomencei a semana con dous días de empacho que me deixaron un sabor bastante amargo: o do vacío. Ler tantos contidos dixitais xuntos fíxome ter a sensación de que, a poderosa ferramenta de comunicación que son as redes dixitais, supera con moito as capacidades da sociedade. ¿Por qué digo isto? Porque despois de dous días de dedicación casi exclusiva, só consigo expremer catro ringleiras de información interesante, diferente da que atopo nos medios convencionais. (Quedan á marxe os escritos de opinión ou de creación artística/literaria, que é cousa de cada un, e si a leo é porque lla valoro ó autor, aínda aceptando que ninguén fai un 100% de obras maestras.)
Sí, amigos, a maioría do que lin estes días era o que se coñece técnicamente como ruido (definicións 2, 3 e 4). Ruido en forma de fakes, hoaxes e demais intentos de se ter por máis listo e/ou graciosiño que o veciño. Ruido en forma de blogues que falan de blogues, de internet que fala de internet, da dichosa web 2.0 repetida hasta parecerme algo que ten partes iguais de dogma, fantasía e “coolismo“, aínda que un chicle na suela do zapato sería unha imaxe máis gráfica. Ruido en forma de novas repetidas en varios sitios, das catro ou cinco mesmas fontes (normalmente outras webs, para máis endogamia) citadas constantemente…
A pesares de todo, non renuncio a este mundo detrás do cal, afortunadamente, sigue habendo persoas, algunhas das cales me tomo a liberdade de considerar xá como amigos. Un de estes amigos, o Pepe (Novo Mundo, na lista á dereita dos seus monitores), convídame a unha cadea que consiste en citar os cinco libros máis frescos na biblioteca personal de cada un (¿entendín ben?). Acepto gostoso o convite, máis non estou seguro de a quen lle continua-lo “meme” así que vou deixar correr esa parte hasta outro momento de maior inspiración, si chegare.
Velahí os cinco libros que estou a ler, ou teño intención de ler a seguir:

Vom Kriege. Carl von Clausewitz.
Diseño en Ingeniería Mecánica. Joseph Edward Shigley, Charles R. Mischke.
Curso de la Teoría de Mecanismos y Máquinas. G. G. Baranov.
Produtos Cárnicos Galegos, Oportunidades de Mercado. A. Sanchez de Dios, C. Ameijenda Mosquera, M. Fernández Pardo.
Ecoloxía Forestal e Ordenación do Bosque. Roxelio Pérez Moreira.

Aínda que poida parecer outra cousa, excluín as lecturas forzadas por razóns académicas. O primeiro é un libro sumamente espeso (de feito é unha colección de apuntes que o autor non chegou a convertir en libro propiamente dito), pero un clásico en materia de política, guerra e estratexia (sin necesidade de que a terceira estea vencellada coa segunda), que sin telo rematado aínda, xa citei aquí en varias ocasións. Os dous de mecánica merqueinos hai uns anos como reforzo a sendas asignaturas; superadas ambas, vounos lendo ós poucos como enriquecemento máis que necesario da miña formación. Si hai algún friki, geek, ou como se diga (pero do convenio do metal, non da electrónica de consumo, a.k.a. tecnogadgets, ou as naves espaciais) entre o público, recoméndolle antes a Baranov que a Shigley, aínda que para de verdade bucear nunha obra de culto na enxeñería mecánica, debería facerse cos tres tomos de Ingeniería de Diseño (P. Orlov); simplemente porque trae todo o que existe nesta disciplina. Os dous últimos son os que están por arriba na pila de pendientes, un regalado por outro amigo feito nestas terras, e que agardan a me abrir a mente a materias que me interesan tanto como as máquinas mesmas, amén de ofrecer ideas para esta Galicia escasa precisamente de iso, ideas.
Noraboa ós que se deron conta, non hai narrativa nin poesía… porque o tempo é un patrimonio do que carezo por completo, así que eses libros van quedando hacia abaixo na pila (imaxinen, o Código da Vinci ten sete ou oito por diante).

P. D.:
Para os que tiveron problemas co “comentario de texto” na selectividade: Este post ten dúas partes claramente diferenciadas, e aparentemente unha xurde como contraposición da outra. Non foi unha maniobra deliberada do autor, pero este recoñece que sí obtivo un efecto tranquilizante da xogada.

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/07/04/ruido-e-libros/trackback/

  1. eu a verdade xa non me lembro cal foi o derradeiro libro ao que lle “botei unha ollada”, pode que fora o de “História xeral de Galiza” de Anselmo Lopez Carreira, o meu problema é o de moitos, non teño moito tempo, nin tan sequera os sábados que tamén traballo, e dende hai un par de meses có blogue menos, inda que estou pensando en pillar un libro de wordpress 2.0 ou se cadra conseguir un tutorial nalgures para aprender e facer máis trocos, que eu na informática estou case pez.

    Comment by breogain — July 5, 2007 @ 11:47 am

  2. Entón pásache como a min, he he.

    Comment by F. Miguez — July 5, 2007 @ 2:15 pm

  3. Pois eu necesitaba o contrario, desconectar da pantalla uns dias.

    Comment by susolista — July 5, 2007 @ 9:57 pm

  4. agora teño un pouco máis de tempo, pero pouco xa me queda,eu remato as miñas vacacións o luns, supoño que entón todo voltará á normalidade, a saber, traballar todo o dia e pola noite adicarlle media horiña ou se teño tempo unha hora a traballar no blogue e botarlle un ollo a outros blogues e páxinas que visito de cando en vez.

    Comment by breogain — July 5, 2007 @ 11:01 pm

  5. Dende logo que para moitos o ordenador e símbolo de traballo e de suplicio, mentres que a cultura e a socialización das redes informáticas son, máis ben, cousa de xente que sacrifica parte do seu tempo libre diante de estes trebellos.

    Comment by F. Miguez — July 6, 2007 @ 5:41 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.