Do viño e os furanchos.

“-Os furanchos e a hostalería poden convivir perfectamente, pero os hostaleiros teñen que comprender que si non compran o viño do país, dalgún xeito o teremos que vender. Eu vou a calquera bar, pido unha taza de viño do país e non teñen.
-Sí pero os hostaleiros dicen que non mercan viño do país porque xa non o bebe ninguén.
-Pois mira tí que eu, no furancho, vendo 1200 litros de viño en quince días. Os dous fins de semana que collo non dou parado de sacar cuncas de viño polas billas.”
Xaquín. Presidente da Asociación de Furancheiros de Redondela.

Nota: Furancho é unha casa particular na que se sirve viño de colleita propia, acompañado de algún prato caseiro para picar si o visitante o desexa.

10 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/06/29/do-vino-e-os-furanchos/trackback/

  1. eu tiña entendido que os furanchos, en teoria eran para vende-lo excedente de viño “da casa” e podia ser acompañado con algunha tapa fria do tipo de xamón ou queixo, pero polo visto moitos furanchos acompañan todo tipo de bebidas có viño e pratos coma tortillas, polbo á feira, croquetas, xamón asado, pementos de padrón e demais cousas e iso aos hostaleiros pódelle parecer unha “competéncia desleal” e terian os seus fundamentos…
    eu falo da miña zona, dos furanchos de tomeza, marcón e arredores de Pontevedra

    Comment by breogain — June 29, 2007 @ 3:30 pm

  2. Co dos furanchos, a polémica está servida. En principio, o honesto é que só den de beber ese viño excedente da casa (bueno, a auga non se lle nega a ninguén), e algún chupito de licor, tamén da casa. Respecto da comida, pois iso, tortilla, empanada, pementos… en teoría algo para picar, e tamén caseiro.
    O problema está cando, efectivamente, o furancho se convirte nun restaurante ilegal, que está aberto varios meses ó ano, que dan incluso marisco, postres ou café. A solución está nas mans das autoridades, facendo un regulamento que ordene a actividade dos furancheiros de acordo coas súas necesidades, coa demanda da sociedade (non hai que esquecer que os furanchos existen porque existe a súa clientela), e de acordo cos dereitos dos hostaleiros, naturalmente. Con unha norma escrita e consensuada, todos saberían a que ceñirse, e o que non…

    Comment by F. Miguez — June 30, 2007 @ 12:57 pm

  3. Pois por esta zona onde eu vivo, Pontevedra, xa hai lio entre furancheiros e hosteleiros, falan de competencia desleal e até os própios hostaleiros falaron de fecha-los bares, restaurantes e parrilladas e abrilas coma furanchos…preguntándose que faria logo a administración con actuacións deste tipo, e agora estamos no momento “álxido” dos furanchos, no vrao, están todos cheos de xente.

    Comment by breogain — July 1, 2007 @ 1:33 pm

  4. Ui, esa polémica xa e vella aquí en Redondela, pero a única solución vai ser o diálogo e regulación, porque os cosecheiros deben de ter dereito a obter benficio do seu traballo… e hai unha grande demanda deses establecimentos por parte da sociedade, sexa polo enxebrismo, ou polo que sexa. Así que mellor facer sitio para todos, e tratar de convivir.

    Comment by F. Miguez — July 2, 2007 @ 10:22 am

  5. teño estado nos muiños de Redondela algunha vez, máis o que son furanchos, por esa zona non coñezo, por aqui teño ido ao un de Seixo (Marin) e a outro en Marcón, despois tabernas xa unhas cantas, supoño que coñecerás a do “Heicho de dar queridiña” e tamén “A casa dos druidas” en Vilaboa, un saúdo.

    Por certo, agreguiche nos favoritos do meu blogue, un saúdo dende Pontevedra.

    Comment by breogain — July 2, 2007 @ 9:15 pm

  6. Eu teño ido pola zona de Vigo, cara o sur, xa hai polo menos vinte anos, e estábase de puta madre.

    Comment by susolista — July 2, 2007 @ 9:44 pm

  7. Coñezo o “Heicho de dar queridiña” e a “Casa dos druidas” de oídas, nunca me cuadrou a ir, pero faláronme maravillas dos dous.
    Polo demáis, os dous estades invitados, cando queirades, a ver cómo vai o choio ese dos furanchos de Redondela. A expresión “de puta madre” coido que é sumamente axeitada.
    Enlazado quedas tí tamén.
    Unha aperta.

    Comment by F. Miguez — July 4, 2007 @ 10:02 pm

  8. O problema non é que se venda o viño da casa e se den unha tapas frías para picar.
    O problema é que hoxe hai furanchos que case dan de todo, son como un restaurante encuberto; pero claro non pagan os impostos que pagan os outros. E ahí reside o problema e a inxustiza.
    Apertas.

    Comment by O Raposo — December 29, 2007 @ 11:25 am

  9. ESTOU DE ACORDO CON QUE OS COSECHEROS VENDAN O SEU EXCEDENTE DE VIÑO DA SUA COSECHA PERO O QUE NON ESTOU DE ACORDO E QUE ADEMIS DE COMPRAR VIÑO E VENDELO COMA SE FUSE SEU ALGUN FURANCHOS DE TODAS AS ZOAS SE CONVERTIRAN ENB VERDADEIROS RSTAURANTES ONDE SE FAN CALQUER TIPO DE BANQUETES COMA BODFAS, BAUTIZOS, CUMPLEANOS OU CALQUER OUTRA CELEBRACION POIS ISO NON O DEBIAN PERMITIR NIN OS AXUNTAMENTOS NIN TAMPOUCO OS MISMOS FURANCHEIROS SI DE VERDADE SE CONSIDERAN TALES

    Comment by JUAN JOSE — June 21, 2008 @ 8:47 pm

  10. Diso que dis, solo hai un problema: que todo o mundo dice estar de acordo, pero sempre queda algún quen non o cumple. Aínda que vaia un pouco contra o enxebrismo e todo o de romántico que teñan os furanchos, redactar unha normativa realista, e vixilar que esta se cumpla, é maneira de que a relación entre furanchos e hostalería non siga sendo tan conflictiva.

    Comment by F. Miguez — June 22, 2008 @ 3:19 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.