Estrés post traumático.
¿Nunca tiveron esa sensación de valeiro que sigue a un período de grande axitación? ¿Nunca se preguntaron “qué fago eu agora” ó remataren unha época caragadiña de traballo? Eu sí, pero non de esta volta porque, certamente, téñolles ben que facer. De entrada, dúas tarefas agrícolas postpostas a causa dos exames, a saber: sacha-lo millo e loitar contra unha considerable plaga de pardales que están a ter graves problemas de sobre peso a conta do meu trigo. Por outra parte, cen correos electrónicos (a maioría os típicos “FFW: reenviar, muy gracioso”) e máis de cincocentas entradas RSS de blogs pendientes por ler, agardan no mundo virtual dos servidores que os aloxan a pasar pola miña recén estrenada ADSL Rural. Supoño que os visitantes de este lugar que compartan blogovicio terán botado de menos os meus humildes comentarios; moito me temo que sobre o atrasado pouco vou poder comentar, porque si ando a parar, non chegarei nunca a rematar de ler todo o que escribístedes estas semanas.
Sobre o meu propio blogovicio, dicir que me está sorprendendo o relax que, pararme a teclear un post tan vácuo e inxénuo, me está a producir. O nejocio estuvo un pouco parado, como xa anticipara, e hai un cento de cousas que quixera ter “posteado” durante o período examinal, pero quedaron no correspondente limbo. Sí tiven tempo a teorizar e divagar sobre a forma e fondo desta ONG que é Apunta, para non o esquecer. para chegar ás seguintes conclusións:
Empecei a escribir nun blog porque mo suxeriu un amigo (as súas razóns tería), eu fíxenlle caso e só agora vou entendendo que me sirve para aloxar nalgún lugar, probablemente nunca descuberto, artigos que, como os trazos dun cadro impresionista, pretenden dar un retrato da miña forma de entender o mundo, e de cómo esta evoluciona. Apuntara hai tempo, que estrenaba unha nova categoría chamada Aforismos, e un novo uso da categoría Sitios. Pasado un par de meses, conclúo que a segunda idea foi un fracaso (por falta de tempo, máis que de ideas) fronte á primeira, que encaixa perfectamente nesa filosofía impresionista da que falaba. Isto invítame a que me plantexe, sin abandonar as correntes actuais, afondar nesa doctrina de posts breves con ou sen comentario, sobre temáticas varias. Ireinos informando puntualmente, segundo chegen.