Dos seis “paracas” mortos.

Hai dúas pequenas reflexións que quero apuntar sobre algo tan irreflexivo como a morte dos seis soldados do Exército Español no Líbano.
A primeira, é a desazón de pensar que a guerra na que morreron eses mozos forma parte de un conflicto enorme, ó que non lle atopo atisbo de solución nin no maior dos excesos da miña imaxinación. Oxalá morreran de unha vez os cabróns que están a obter beneficio de ese conflicto porque, queridos amigos, detrás de unha guerra, por definición, sempre hai un interese. (Perdoen que non enlace outra vez algunha referencia a Clausewitz).
A segunda é que resulta sorprendente a movilización social, política e xudicial, producida por algo aparentemente tan natural como o feito de que seis soldados morran nunha guerra (Perdoen agora que non entre a debatir os límites e connotacións da expresión “misión de paz”). Ó mellor, despois de milenios de guerras se cumple aquela frase de Dylan… algo así como darse conta de que xa leva morto moita xente.

5 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/06/26/dos-seis-paracas-mortos/trackback/

  1. Gustame o que dis, a ver se ahora se dan conta os que tanto bruan, que nas outras guerras, pasadas e futuras, a xente morre, e por desgracia non solo os soldados.

    Comment by susolista — June 27, 2007 @ 9:32 pm

  2. O teu comentario fíxome lembrar a aqueles que, no seu dia opinaban que unha “intervención militar” en Irak resultaría “positiva para a economía”. Malnacidos…

    Comment by F. Miguez — June 29, 2007 @ 12:24 pm

  3. Efectivamente, é curioso. Igual ocorre cos actos terroristas destes días en Londres: menudo tingralo que se armou. E dijo eu ¿Que pasaría se tódolos días morreran 30 ou 40 persoas en Londres, Berlín, París e/ou Madrid? Pois nada, supoño. Porque noutros sitios morren arreo e non pasa nada.
    ¿Ou será que hai mortos e mortos?
    ¿E terroristas e terroristas?
    Pero estemos tranquilos, que nos somos os bos.

    Comment by Ninsesabe — July 1, 2007 @ 5:38 pm

  4. Estes dias lin un artigo na misma liña que este meu, que facía fincapé na volta que deu o mundo para que un se escandalice de que morran militares na guerra (o cal tampouco está ben) pero xa teñamos asumido as mortes de civiles.
    Para min todos son personas, naturalmente, pero é unha observación moi boa do indiscriminado da violencia política, qué foi sempre así, so que dende a Convención de Xenebra críamos que avanzaramos algo en materia de civilización. Estabamos enganados, pero ten razón, menos mal que somos os bos.

    Comment by F. Miguez — July 2, 2007 @ 10:19 am

  5. por certo, a COPE esixe a ilegalización de A.M.I. por uns cartaces que sairon á rúa polo tema dos mortos no Líbano, mireino hoxe en Chuza
    http://www.ami-gz.org/index.php?sec=novas&id=55

    Comment by breogain — July 4, 2007 @ 9:34 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.