Crítica xeral á docencia universitaria (III).
Para que vexan cómo iba aquel terceiro curso, outra das gordas titulábase Elasticidad e Resistencia de Materiais, “Resis” entre nos. O titular tamén tiña un libro escrito e editado por él, que non cubría o primeiro tema do programa; unha vez rematado ese tema, e cando tocaba abordar as materias que él compendiara, dicía na clase (lean con atención):
-”Para seguir con comodidad el resto de la materia, he escrito un libro en el que encontrarán explicaciones y las figuras que ilustran esas explicaciones. Yo me gano la vida con otras cosas y no he escrito el libro para hacerme rico, así que me da igual que lo traigan comprado, fotocopiado, prestado o como quieran, pero procuren conseguirlo para poder agilizar el ritmo de la asignatura.”
Considero de xusticia reflexar este feito, que limpa moito a dignidade de outros moitos profesores universitarios que sí escriben libros esperando un certo lucro con eles. Chapó para o profesor Taboada.
Resis non era especialmente difícil en sí mesma, pero para poder aprobala existía un pequeno obstáculo: a nota mínima no examen era un sete. Taboada xusificaba esa actitude porque, segundo él a compensaba correxindo os exericicios con un criterio moito máis benevolente que si esixira o típico cinco. Tamén niso era honesto, pero pasábaselle por alto un pequeno problema: o exame consistía en tres exercicios, dos que él só correxía un; os profesores que correxían os outros dous exercicios non eran tan comprensivos cos erros de cálculo ou outras menudencias que él despreciaba.
Para que entendan por onde quero ir de esta volta, porei outro exemplo de índole máis global: A relación de tamaños que existe entre dous elementos mecánicos que deben encaixar un dentro de outro chámase “axuste” que vai desde os moi folgados hasta os que se teñen que encaixar con unha prensa. Ese axuste, depende do exceso ou defecto de material que as pezas teñen respecto a súa medida nominal, que se rixe e expresa en función de uns valores normalizados chamados “tolerancias”. Esta cuestión, e o seu desenrolo práctico, explicábana en catro asiganturas diferentes; o coeficiente de seguridade, era explicado en tres asignaturas, e hasta cinco veces nos explicaron cómo se mide con un calibre “pe de rei” e un micrómetro Palmer. En seis cursos de carreira, nin unha sola vez nos explicaron, por exemplo, cómo se calcula con qué forza hai que apretar un tornillo, ou de que xeito se constrúen as hipótesis de carga ou esforzo coas que se calcula unha estructura.
Quinta crítica á docencia universitaria: Debe de existir unha comunicación entre docentes e departamentos para lograr que as titulacións teñan unha estructura compacta e homoxénea, sin lagoas nin redundancias, e con uns criterios docentes e avaliativos coherentes.
(sigue)
O problema da coordinación entre os docentes non é exclusivo da ensinanza universitaria.
Polo contrario é un dos grandes problemas de moi difícil solución en tódolos niveis do ensino, polo menos neste país.
O traballo en equipo non é unha das virtudes do profesorado de calquera nivel (creo que sei o que digo); cada quen vai ó seu aire.
Así ocorren cousas como as que ti citas, e outras moitas de moi fácil solución en tódolos niveis.
Falta cultura cooperativa.
Posiblemente porque tampouco se enseña. Os nenos compiten. Habería que ensinalos a cooperar.
Comment by Ninsesabe — June 21, 2007 @ 7:20 am
Totalmente de acordo, con J.C.
Comment by susolista — June 21, 2007 @ 8:35 pm
“Vosotros sois mucho de cada uno por su cuenta y godiendo al de al lado.” Dicía un profesor de inglés (nativo) meu. Dícese que o pecado capital dos españoles é a envexa, de ahí chegar ós extremos cainistas de certos episodios históricos. Eu non creo na competitividade, pero sí na superación; desafortunadamente, aquí non se inculca a primeira (como no Xapón, por exemplo), nin moito menos a primeira. A idiosincrasia do “Cada uno por su lado…” sigue podendo con todo.
Eu aínda ampliaría o teu comentario, Ninsesabe, non só a outros niveis da docencia, sinon a todo o que aquí existe; non hai moito, meu avó estivo case catro horas a espera de facer unha radiografía nas urxencias H. Xeral de Vigo ¡porque no cambio de turno do medio día, os da mañán non lle dixeran nada ós da tarde! (e iso que, segundo eles, estaba “moi malito”).
Outro exemplo está nun paso a nivel que eliminaron cerca da miña da miña casa, facendo un tunel e unha estrada por debaixo… que se queda a dous metros da estrada nacional porque segundo parece “Obras Públicas non lle deixa tocar no que é seu á RENFE.”
Vamos, que farían falta un lote de posts para facer un retrato suficiente de ese talón de aquiles nacional.
Comment by F. Miguez — June 22, 2007 @ 7:04 am
Despois de 38 anos de mili na docencia, pasando por tódolos niveis (excepto o universitario) e ocupando prácticamente tódolos cargos que se poden ocupar, xa te podes imaxinar o que aprendín deste conto.
Comment by Ninsesabe — June 25, 2007 @ 10:10 am
Noraboa se non se che fixo especialmente dificil a resistencia de materiais.
A min a resistencia e o cálculo de estructuras fixéronseme alomenos complexas, e traballando vexo que ainda tiñan que ser máis difíceis, que se houbera que chapar todolos esforzos posibeis, que me serviría como arma pa xustificar os cálculos ante os patrós chupasangues, que lles importa un carallo se cae a edificación, eles queren aforrar ferro e vanche discutir ata o último tornillo da obra.
Quero agradecer ó ministerio de traballo por poñer axudas para os contratos indefinidos, xa que ademáis de social, é unha garantía para que as naves vaian ben calculadas, que xa estaba ata os collós de entrar nunha empresa por obra e discutir co xefe o meu cálculo “se non estás de acordo está ahí a porta” e levo en tres anos catro empresas por non querer que caian naves abaixo ¿tanto pedir é? Por fin poido calcular tranquilo e durmir tranquilo pola noite. Moitas grazas.
Comment by lughaid — July 1, 2007 @ 12:32 am
por certo visto o visto advírtovos que a construcción está bastante peor que o ferro. Acordádevos de eiquí a unhos anos, que aquela movida da aluminose é pecata minuta comparado co que vai vir.
Eu son partidario de potenciar o corporativismo dos colexios profesionais por lei ata facer presión ós empresarios, porque hoxe en dia está a cousa tan jodida que hai centos de miles de enxeñeiros e arquitectos no paro, indo ao mar e na hostelería, e sinxelamente, se non ques firmar o proxecto e a dirección de obra, o xefe ten currículos de profesionais abondo pa champarte fóra e pillar a un recén titulado que cobra 600 € e firma o que faga falta, e dá grazas que saiu do paro.
Os que temos un pouco de ética profesional, temos que cambiar de media cada 6 meses de curro para a nosa desgraza. Ten coidado cando exerzas que no 75% dos sitios terás que tar todolos días buscando a forma de xustificar que o ferro ou o cemento que metiche é necesario. Dende fai un ano pra aquí conseguín estar nun lugar onde me fago valer e os meus cálculos van a misa, pero asegúroche que é a excepción á norma.
Comment by lughaid — July 1, 2007 @ 12:59 am
Gracias polos teus comentarios, lughaid. Eu non coñezo a ninguén que traballe na construcción (de enxeñeiro) pero xa tiña oído algo do rateo nos materiais e incluso no deseño. Temo que é un lastre folklórico pesado arrastrar.
Do que dis do corporativismo profesional, estou totalmente de acordo (non so no noso oficio) nun tempo no que parece o corparativismo patronal o único con capacidade de tomar decisións cuios resultados nos afectan a todos. Pero a cousa pinta escura, mira sinon cómo lle ensinan os dentes á lei de protección do litoral, por exemplo.
Un saúdo, e benvido por esta leira.
Comment by F. Miguez — July 2, 2007 @ 10:27 am