Crítica xeral á docencia universitaria (II).

(ven da parte I)

Algo semellante ó da Metalotecnia aconteceu coas seis asiganturas de matemáticas que incluía o meu plano de estudios, a saber: Cálculo Infinitesimal, Alxebra Lineal, Ampliación de Cálculo, Ecuacións Diferenciales, Estadística e Matemáticas da Especialidade. A pesares de que o nome de esta última infundise algunha esperanza, só a estadística tiña a un enxeñeiro no seu cuadro docente, e so ela incluía temas explícitamente relacionados co exercicio da enxeñería, como o control de calidade; de todas as demáis, e para desesperación de outros profesores que precisaban dos alumnos unha base en matemáticas técnicas, so saquei en limpo coñecer o nome de algunhas das cousas que logo fun consultando, como a maioría dos meus compañeiros, nun libro soviético titulado “Manual de Matemáticas Para Estudiantes e Enxeñeiros” (tamén coñecido polo nome do seu autor, Bronshtein) que compendia todo o que era preciso saber, moito mellor que a porrada de horas lectivas das que se adueñaron os matemáticos do departamento correspondente. Defendíanse estes dicindo que a súa obriga era ampliar a nosa cultura científica, aínda con materias alleas ó estrictamente enxeñeiril; a realidade demostra que o cerebro humano desbota prácticamente todo aquilo que non utiliza durante un tempo, ou que non garda continuidade nin relación cos demáis coñecementos e experiencias adquiridas durante a vida.
Malia todo isto, é imposible atopar alumnos, que estudiaran polo meu mesmo plan, que falen ben da Estadística. A razón: outra forma de desconexión coa realidade. Pola súa parte, un profesor debería de ser consciente de que o seu alumno medio está matriculado de outras seis ou sete asignaturas máis, e ten a mesma obriga de estudialas todas, polo que a extensión e profundidade do temario deben de estar axustados a esa realidade, e ser proporcionais ós das outras asiganturas; moitos alumnos da E.T.S.I.I. tiveron que adicarlle un ano académico enteiro a estudiar só Estadística, ou esta máis Campos e Ondas, outra asignatura (do mesmo curso, terceiro) enciclopédica e desmedida no esforzo que lle solía esixir ós alumnos. Esa é a terceira grande crítica: Os profesores non poden ter dereito a pensar que a súa asignatura é a máis importante de todas, ou que tódalas partes da asignatura son importantísimas, hasta demandar do alumno un esforzo desproporcionado fronte as demais asiganturas.
Certamente, o terceiro curso de aquel plan de estudios era unha esaxeración, nel concentrábanse as catro asiganturas con maior índice de suspensos da carreira, cada unha pola súa razón. O caso máis singular era o de “Termodinámica”; impartida por profesores diferentes en cada un dos dous grupos que había, as rencillas personais leváranos a tomar camiños académicos totalmente diferentes hasta o extremo de que aprobar o examen de un podía implicar non ter nin idea da termodinámica impartida polo outro. A min tocoume o “Grupo B”, no que o profesor publicara un libro de problemas que gustosamente merquei e estudiei de principio a fin; o exame, que se podía afrontar con todo o material desexado, consistía so no primeiro parcial en dous exercicios do libro, que non chegan para aprobar por sí soliños, e un terceiro que non se resolvía nin co libro, nin cos apuntes de clase, nin coa axuda de tódolos santos milagreiros de Galicia. O segundo parcial e o exame final consistía directamente en ese tipo de exercicios inverosímiles. Só conseguir examenes resoltos de anos anteriores, a veces de xeito diferente, pero polo mesmo profesor, e “collerlle o truco” valía para aprobar a Termodinámica do Grupo B. Non pensen que a do Grupo A era máis sinxela, porque chegou a darse o caso de que, con máis de cen personas presentadas (podería dicir cerca de duascentas, pero non estou seguro) non hubese nin un triste aprobado; si o sentido común induce a pensar que é imposible xuntar máis de cen alumnos do terceiro curso de unha enxeñería, que tiveron que superar unha selectividade e un mínimo de asiganturas dos cursos anteriores, e que os cen son ou vagos ou parvos, sepan vostedes que en ningún momento os profesores responsables da desfeita asumiron responsabilidade algunha e culparon abertamente ós seus pupilos.
Pero en cuestión de exames anecdóticos, o récord teno un examen de Mecánica (segundo curso) ó que se presentaran un compañeiros meus e, para sorpresa, sentáronos a todos xuntos, sin gardar asentos de separación, nin nada. Sorpresa incluso para algún profesor, que se dirixiu ó responsable da asignatura dicíndolle:
-”Pero como los sientas así, que te van a copiar todos.”
-”No creo, no lo sabe hacer ninguno.”
-”E tiña razón, de toda a xente á que nos alcanzaba a vista, todos entregaron o exame en branco.” -rematan a narración os meus amigos.
Cuarta crítica: os exames, ou no seu defecto os criterios de avaliación, deberían estar auditados por algún elemento de control, como a xunta de escola, na que os alumnos tamén teñen voz e voto. E o control non so debería exercerse sobre os contidos, sinon tamén sobre o tempo que se lle outorga ós alumnos para realizar o exame; teño constatado algún caso no que apenas sería posible copiar os exercicios resoltos nun espacio de tempo que para o respectivo profesor “é maís que suficiente”.

(sigue)

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/06/12/critica-xeral-a-docencia-universitaria-ii/trackback/

  1. Concordo coas túas apreciacións. Ao fío, botaille un ollo a esta información sobre outros “defectos” da docencia universitaria:
    Piden seis años de cárcel para tres profesores por apropiarse del dinero de sus becarios
    http://www.20minutos.es/noticia/245908/0/carcel/profesores/becas/

    Comment by andaime — June 12, 2007 @ 9:10 pm

  2. Moi intreresante. Eu tamén tiña oído algún caso aquí en Galicia, de boca de compañeiros meus, pero non ía entrar xa en iso (que a fin de contas é un delito), nin tan siquera en outros vicios como a vagancia, a impuntualidade ou falta de atención ós horarios de tutoría.
    Tamén hai outro clásico da rumoroloxía (deixémolo ahí) sobre personal universitario, que son os equipos informáticos: ordenadores gordísimos e renovados con frecuencia xenerosa NA CASA de algúns profesores, que lle foron facturados á universidade en concepto de “consumibles de informática”. Contra a mala fe e a cara dura é bastanti difcil loitar, porque sempre atopa unha escapatoria.

    Comment by F. Miguez — June 13, 2007 @ 5:14 am

  3. Eu recordo que sangraba polos beizos dia si e dia non, das hostias que me areaba o maestro.Despois limpábame co treapo de borrar o encerado. Real.

    Comment by susolista — June 14, 2007 @ 8:49 pm

  4. Hala, que bestia. Iso, afortunadamente, parece que xa vai desaparecendo do noso país, pero ós que o padecestes ninguén volo quita do lombo.
    Unha aperta.

    Comment by F. Miguez — June 15, 2007 @ 5:07 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.