Fin da tregua de ETA.
Hoxe ETA avisou de que vai volver a intentar matar a alguén.
Non vou dicir nada ó respecto. O que tiña que dicir xa o dixen o día que se iniciou a tregua (penúltimo párrafo). Que cada un saque as súas conclusións; eu saquei a miña hai xa uns cantos anos, e dame medo.
Evidentemente sen participación política esta decisión estaba cantada.
Comment by X — June 5, 2007 @ 5:30 pm
En Génova, deben de brindar con champán.
Comment by susolista — June 5, 2007 @ 9:57 pm
Xa sabedes que en esta casa non se ten moi boconcepto da clase política española… e sí, moito me temo que máis de un tivo onte un día moi feliz.
Un saúdo.
Comment by F. Miguez — June 6, 2007 @ 5:57 am
Perspicacia e lucidez non che faltou, daquela.
Unha aperta.
Comment by O Raposo — June 6, 2007 @ 10:58 pm
Non podía ser, estaba claro.
Comment by Ninsesabe — June 7, 2007 @ 12:08 pm
Dos políticos solo cabe agardar que digan o que se agarda que digan, pero non acabo de comprender como entre, tantos xornalistas e contertulios adicados en corpo e alma a estes asuntos, ninguén “apunta” por ahí.
Un saúdo.
Comment by F. Miguez — June 8, 2007 @ 12:24 pm