Do viño e os furanchos.

“-Os furanchos e a hostalería poden convivir perfectamente, pero os hostaleiros teñen que comprender que si non compran o viño do país, dalgún xeito o teremos que vender. Eu vou a calquera bar, pido unha taza de viño do país e non teñen.
-Sí pero os hostaleiros dicen que non mercan viño do país porque xa non o bebe ninguén.
-Pois mira tí que eu, no furancho, vendo 1200 litros de viño en quince días. Os dous fins de semana que collo non dou parado de sacar cuncas de viño polas billas.”
Xaquín. Presidente da Asociación de Furancheiros de Redondela.

Nota: Furancho é unha casa particular na que se sirve viño de colleita propia, acompañado de algún prato caseiro para picar si o visitante o desexa.

Dos seis “paracas” mortos.

Hai dúas pequenas reflexións que quero apuntar sobre algo tan irreflexivo como a morte dos seis soldados do Exército Español no Líbano.
A primeira, é a desazón de pensar que a guerra na que morreron eses mozos forma parte de un conflicto enorme, ó que non lle atopo atisbo de solución nin no maior dos excesos da miña imaxinación. Oxalá morreran de unha vez os cabróns que están a obter beneficio de ese conflicto porque, queridos amigos, detrás de unha guerra, por definición, sempre hai un interese. (Perdoen que non enlace outra vez algunha referencia a Clausewitz).
A segunda é que resulta sorprendente a movilización social, política e xudicial, producida por algo aparentemente tan natural como o feito de que seis soldados morran nunha guerra (Perdoen agora que non entre a debatir os límites e connotacións da expresión “misión de paz”). Ó mellor, despois de milenios de guerras se cumple aquela frase de Dylan… algo así como darse conta de que xa leva morto moita xente.

Estrés post traumático.

¿Nunca tiveron esa sensación de valeiro que sigue a un período de grande axitación? ¿Nunca se preguntaron “qué fago eu agora” ó remataren unha época caragadiña de traballo? Eu sí, pero non de esta volta porque, certamente, téñolles ben que facer. De entrada, dúas tarefas agrícolas postpostas a causa dos exames, a saber: sacha-lo millo e loitar contra unha considerable plaga de pardales que están a ter graves problemas de sobre peso a conta do meu trigo. Por outra parte, cen correos electrónicos (a maioría os típicos “FFW: reenviar, muy gracioso”) e máis de cincocentas entradas RSS de blogs pendientes por ler, agardan no mundo virtual dos servidores que os aloxan a pasar pola miña recén estrenada ADSL Rural. Supoño que os visitantes de este lugar que compartan blogovicio terán botado de menos os meus humildes comentarios; moito me temo que sobre o atrasado pouco vou poder comentar, porque si ando a parar, non chegarei nunca a rematar de ler todo o que escribístedes estas semanas.
Sobre o meu propio blogovicio, dicir que me está sorprendendo o relax que, pararme a teclear un post tan vácuo e inxénuo, me está a producir. O nejocio estuvo un pouco parado, como xa anticipara, e hai un cento de cousas que quixera ter “posteado” durante o período examinal, pero quedaron no correspondente limbo. Sí tiven tempo a teorizar e divagar sobre a forma e fondo desta ONG que é Apunta, para non o esquecer. para chegar ás seguintes conclusións:
Empecei a escribir nun blog porque mo suxeriu un amigo (as súas razóns tería), eu fíxenlle caso e só agora vou entendendo que me sirve para aloxar nalgún lugar, probablemente nunca descuberto, artigos que, como os trazos dun cadro impresionista, pretenden dar un retrato da miña forma de entender o mundo, e de cómo esta evoluciona. Apuntara hai tempo, que estrenaba unha nova categoría chamada Aforismos, e un novo uso da categoría Sitios. Pasado un par de meses, conclúo que a segunda idea foi un fracaso (por falta de tempo, máis que de ideas) fronte á primeira, que encaixa perfectamente nesa filosofía impresionista da que falaba. Isto invítame a que me plantexe, sin abandonar as correntes actuais, afondar nesa doctrina de posts breves con ou sen comentario, sobre temáticas varias. Ireinos informando puntualmente, segundo chegen.

A toda máquina.

Pois xa rematei os exames, e como si abrisen as nubes no ceo para darlle paso a unha luz cegadora, esta fin de semana púxose malo o noso vello monitor de 17 pulgadas, así que o reemplazamos esta mañá por un TFT de 19 ‘ que entrou pola porta só unha antes que o “Router Monopuerto” de Telefónica.
Sí, o día de hoxe será longamente lembrado porque chegou a banda larga á miña casa.

Velocímetro.

Bueno, como se ve no test on-line que lle fixemos, larga, o que se dice larga, tampouco é moito pero… entre o pantallón e a nova velocidade sinto unha vertixe que me recomenda usar o ordenador co casco da bici (polo menos).
¡Póñanse en lugar seguro que vou… !

Sí saber.

“A ver qué tal te salió… Es esto, ya está, tienes un diez, coño, se nota que por lo menos te has leído los apuntes.”

O mesmo profesor da ETSII, nesta volta recollendo o exame do autor deste blog, a principios de semana. Existen certos matices na composición de lugar, pero o que non quero esquecer é o puramentente anecdótico.
Hoxe teño aínda o último examen de esta tanda. Vou vello de máis para estas andainas.

Crítica xeral á docencia universitaria (III).

(ven da parte II)

Para que vexan cómo iba aquel terceiro curso, outra das gordas titulábase Elasticidad e Resistencia de Materiais, “Resis” entre nos. O titular tamén tiña un libro escrito e editado por él, que non cubría o primeiro tema do programa; unha vez rematado ese tema, e cando tocaba abordar as materias que él compendiara, dicía na clase (lean con atención):
-”Para seguir con comodidad el resto de la materia, he escrito un libro en el que encontrarán explicaciones y las figuras que ilustran esas explicaciones. Yo me gano la vida con otras cosas y no he escrito el libro para hacerme rico, así que me da igual que lo traigan comprado, fotocopiado, prestado o como quieran, pero procuren conseguirlo para poder agilizar el ritmo de la asignatura.”
Considero de xusticia reflexar este feito, que limpa moito a dignidade de outros moitos profesores universitarios que sí escriben libros esperando un certo lucro con eles. Chapó para o profesor Taboada.
Resis non era especialmente difícil en sí mesma, pero para poder aprobala existía un pequeno obstáculo: a nota mínima no examen era un sete. Taboada xusificaba esa actitude porque, segundo él a compensaba correxindo os exericicios con un criterio moito máis benevolente que si esixira o típico cinco. Tamén niso era honesto, pero pasábaselle por alto un pequeno problema: o exame consistía en tres exercicios, dos que él só correxía un; os profesores que correxían os outros dous exercicios non eran tan comprensivos cos erros de cálculo ou outras menudencias que él despreciaba.
Para que entendan por onde quero ir de esta volta, porei outro exemplo de índole máis global: A relación de tamaños que existe entre dous elementos mecánicos que deben encaixar un dentro de outro chámase “axuste” que vai desde os moi folgados hasta os que se teñen que encaixar con unha prensa. Ese axuste, depende do exceso ou defecto de material que as pezas teñen respecto a súa medida nominal, que se rixe e expresa en función de uns valores normalizados chamados “tolerancias”. Esta cuestión, e o seu desenrolo práctico, explicábana en catro asiganturas diferentes; o coeficiente de seguridade, era explicado en tres asignaturas, e hasta cinco veces nos explicaron cómo se mide con un calibre “pe de rei” e un micrómetro Palmer. En seis cursos de carreira, nin unha sola vez nos explicaron, por exemplo, cómo se calcula con qué forza hai que apretar un tornillo, ou de que xeito se constrúen as hipótesis de carga ou esforzo coas que se calcula unha estructura.
Quinta crítica á docencia universitaria: Debe de existir unha comunicación entre docentes e departamentos para lograr que as titulacións teñan unha estructura compacta e homoxénea, sin lagoas nin redundancias, e con uns criterios docentes e avaliativos coherentes.

(sigue)

Dos límites da física, a habilidade dos conductores e a seguridade activa nos vehículos.

“Los sistemas de seguridad activa permiten una conducción más segura. En el caso de los modernos sistemas de ayuda al frenado, controles de tracción y de estabilidad, su presencia influye de manera notable sobre la seguridad. Sin embargo es necesario tener presente que ningún sistema de ayuda a la conducción consigue superar los límites de la física. Por ello, aunque el ABS impida el bloqueo de los frenos, y en algunos casos reduzca la distancia de frenado, realmente no hará más que acercarnos al límite que los neumáticos nos ofrecen. En el caso del control de estabilidad ocurre lo mismo.
Si bien es cierto que reduciendo la potencia y con ella la velocidad
(refírese á actuación dos controles de estabilidade, como o ESP) es posible que el trazado de la curva sea asequible en algunos casos, o que induciendo un par de guiñada adecuado se limite la tendencia a subvirar o sobrevirar, lo cierto es que ningún vehículo podrá pasar por la curva más rápido de lo que su velocidad límite de derrape o vuelco indican. Si realmente estas velocidades teóricas son superiores a las que se pueden conseguir en la práctica con un automóvil normal, el ESP nos podrá acercar a ellas, pero nunca las vamos a rebasar.
En todo caso, es necesario tener en cuenta que como máquinas que son, todos estos sistemas están sujetos a la programación realizada por los correspondientes expertos. Como generalmente el número de parámetros considerados y la capacidad de decisión son menores que los de un conductor debidamente entrenado, es incluso posible que éste pudiera resultar más eficaz en su conducción si prescinde de todas las ayudas electrónicas. Esta afirmación además de tópica es cierta, pero como contraste con ella cabe citar que por ejemplo en las máximas categorías del automovilismo de competición los mejores pilotos del mundo cuentan con la ayuda de eficaces controles de tracción, ABS e incluso sistemas de estabilidad electrónicos.”

Carlos Casqueiro Placer. Apuntes de Ferrocarriles e Automóviles da E.T.S.I.I. Universidade de Vigo.

Saco do almacén este aforismo (quizáis un pouco longo para ser formalmente un aforismo), de quen se supón que é a autoridade competente en maeria de automóviles na E.T.S.I.I. de Vigo, no día en que o titular é a aposta definitiva pola criminalización e, dito sexa todo, a perpetuación da ignoracia. Cando algún político fale de “conductores debidamente entrenados” empezará a verse no horizonte a única posibilidade de que apareza a seguridade vial en España.

Crítica xeral á docencia universitaria (II).

(ven da parte I)

Algo semellante ó da Metalotecnia aconteceu coas seis asiganturas de matemáticas que incluía o meu plano de estudios, a saber: Cálculo Infinitesimal, Alxebra Lineal, Ampliación de Cálculo, Ecuacións Diferenciales, Estadística e Matemáticas da Especialidade. A pesares de que o nome de esta última infundise algunha esperanza, só a estadística tiña a un enxeñeiro no seu cuadro docente, e so ela incluía temas explícitamente relacionados co exercicio da enxeñería, como o control de calidade; de todas as demáis, e para desesperación de outros profesores que precisaban dos alumnos unha base en matemáticas técnicas, so saquei en limpo coñecer o nome de algunhas das cousas que logo fun consultando, como a maioría dos meus compañeiros, nun libro soviético titulado “Manual de Matemáticas Para Estudiantes e Enxeñeiros” (tamén coñecido polo nome do seu autor, Bronshtein) que compendia todo o que era preciso saber, moito mellor que a porrada de horas lectivas das que se adueñaron os matemáticos do departamento correspondente. Defendíanse estes dicindo que a súa obriga era ampliar a nosa cultura científica, aínda con materias alleas ó estrictamente enxeñeiril; a realidade demostra que o cerebro humano desbota prácticamente todo aquilo que non utiliza durante un tempo, ou que non garda continuidade nin relación cos demáis coñecementos e experiencias adquiridas durante a vida.
Malia todo isto, é imposible atopar alumnos, que estudiaran polo meu mesmo plan, que falen ben da Estadística. A razón: outra forma de desconexión coa realidade. Pola súa parte, un profesor debería de ser consciente de que o seu alumno medio está matriculado de outras seis ou sete asignaturas máis, e ten a mesma obriga de estudialas todas, polo que a extensión e profundidade do temario deben de estar axustados a esa realidade, e ser proporcionais ós das outras asiganturas; moitos alumnos da E.T.S.I.I. tiveron que adicarlle un ano académico enteiro a estudiar só Estadística, ou esta máis Campos e Ondas, outra asignatura (do mesmo curso, terceiro) enciclopédica e desmedida no esforzo que lle solía esixir ós alumnos. Esa é a terceira grande crítica: Os profesores non poden ter dereito a pensar que a súa asignatura é a máis importante de todas, ou que tódalas partes da asignatura son importantísimas, hasta demandar do alumno un esforzo desproporcionado fronte as demais asiganturas.
Certamente, o terceiro curso de aquel plan de estudios era unha esaxeración, nel concentrábanse as catro asiganturas con maior índice de suspensos da carreira, cada unha pola súa razón. O caso máis singular era o de “Termodinámica”; impartida por profesores diferentes en cada un dos dous grupos que había, as rencillas personais leváranos a tomar camiños académicos totalmente diferentes hasta o extremo de que aprobar o examen de un podía implicar non ter nin idea da termodinámica impartida polo outro. A min tocoume o “Grupo B”, no que o profesor publicara un libro de problemas que gustosamente merquei e estudiei de principio a fin; o exame, que se podía afrontar con todo o material desexado, consistía so no primeiro parcial en dous exercicios do libro, que non chegan para aprobar por sí soliños, e un terceiro que non se resolvía nin co libro, nin cos apuntes de clase, nin coa axuda de tódolos santos milagreiros de Galicia. O segundo parcial e o exame final consistía directamente en ese tipo de exercicios inverosímiles. Só conseguir examenes resoltos de anos anteriores, a veces de xeito diferente, pero polo mesmo profesor, e “collerlle o truco” valía para aprobar a Termodinámica do Grupo B. Non pensen que a do Grupo A era máis sinxela, porque chegou a darse o caso de que, con máis de cen personas presentadas (podería dicir cerca de duascentas, pero non estou seguro) non hubese nin un triste aprobado; si o sentido común induce a pensar que é imposible xuntar máis de cen alumnos do terceiro curso de unha enxeñería, que tiveron que superar unha selectividade e un mínimo de asiganturas dos cursos anteriores, e que os cen son ou vagos ou parvos, sepan vostedes que en ningún momento os profesores responsables da desfeita asumiron responsabilidade algunha e culparon abertamente ós seus pupilos.
Pero en cuestión de exames anecdóticos, o récord teno un examen de Mecánica (segundo curso) ó que se presentaran un compañeiros meus e, para sorpresa, sentáronos a todos xuntos, sin gardar asentos de separación, nin nada. Sorpresa incluso para algún profesor, que se dirixiu ó responsable da asignatura dicíndolle:
-”Pero como los sientas así, que te van a copiar todos.”
-”No creo, no lo sabe hacer ninguno.”
-”E tiña razón, de toda a xente á que nos alcanzaba a vista, todos entregaron o exame en branco.” -rematan a narración os meus amigos.
Cuarta crítica: os exames, ou no seu defecto os criterios de avaliación, deberían estar auditados por algún elemento de control, como a xunta de escola, na que os alumnos tamén teñen voz e voto. E o control non so debería exercerse sobre os contidos, sinon tamén sobre o tempo que se lle outorga ós alumnos para realizar o exame; teño constatado algún caso no que apenas sería posible copiar os exercicios resoltos nun espacio de tempo que para o respectivo profesor “é maís que suficiente”.

(sigue)

Crítica xeral á docencia universitaria (I).

Nestes días ando coa festa dos exames, así que non teño moito tempo para blogs (nin o meu propio, nin os dos demáis). En vez de ir estudiando por adiantado, e non chegar axfisiado a estas datas tan sinaladas, seguín a absurda estratexia de ir facendo posts para publicar agora, mentres me tiro dos pelos e todas esas cousas que facemos en tempo de exames.
Aproveitando estas circunstancias, comenzarei hoxe con un artigo titulado elocuentemente como “Crítica xeral á docencia universitaria.”, no que ilustro, con exemplos reais da miña (demasiado dilatada) experiencia académica, varios puntos que deberían ser vixiados dende as institucións universitarias para mellorar a utilidade do seu personal docente na formación do alumnado. Fragmentareino en varias entregas para evitar a saturación dos meus queridos, e xa de por si sufridos, lectores.

Crítica xeral á docencia universitaria.

Nos tempos en que vivimos, xa casi nunca media un plano de papel entre a concepción que o técnico fai de unha máquina ou elemento, e a súa execución práctica. Ainda así, eu suelo presumir de que se me da ben facer planos, e sobre todo acotalos (indicar de xeito convencional as medidas reais dos elementos debuxados) correctamente. Iso débese a que, para nos ensinar a facer planos de pezas ou conxuntos, e acotalos correctamente, os respectivos mestres (da universidade) tivéronos máis de tres meses facéndolle exercicios e correxíndonolos para que vísemos os nosos erros e non os repetíramos. Aínda agora, nove anos despois, creo que seguría sendo capaz de debuxar ou interpretar un plano calquera sin necesidade de refrescar moitos coñecementos. Pola contra, no cuarto curso do meu programa de estudios, agora case extinto, había unha asignatura cuatrimestral chamada “Soldadura”; para aprobala tiven que aprender un lote de códigos e valores numéricos, que esquecín inmediatamente (de xeito deliberado) porque están en tódolos manuais. Por desgracia, foron moitas as asignaturas que seguiron ese esquema de ladrillo que te tragas durante unhas semanas, para despois “expulsalo” no exame por sempre xamáis. Resulta particularmente frustrante, para o estudiante, a sensación de estar a perder o tempo adquirindo uns coñecementos ou habilidades que desaparecerán case por completo nun plazo de dias. Por iso, a miña primeira crítica é que docencia e avaliación deben estar concebidas para dotar ó alumno das facultades que se agardan de él, non como un exercicio de dixestión de conceptos, datos, etcétera, que se repite sistemáticamente asigantura tras asignatura.
Aínda así, lembro con agrado aquela asignatura de Soldadura porque o profesor, experimentado ademáis da soldadura, na selección e tratamento da materiais, púñanos a razón de dous ou tres exemplos prácticos reais (contábanos batalliñas) diarios, dos que aprendín máis sobre ciencia dos materiais e metalurxia que na asignatura correspondente: “Metalotecnia”, un mazo de un ano enteiro que se estudiaba en terceiro. A razón foi que a profesora de “Metalo” era unha persona moi cualificada no seu eido, a química, e pasou o ano enteiro a explicarnos teorías sobre o aceiro e as aleacións que non entendín hasta que, en cuestión de semanas o de Soldadura nolas despachou no noso propio idioma de enxeñeiros. Segunda crítica: Os profesores universitarios deben estar familiarizados co exercicio da disciplina que imparten, e na titulación que a imparten, do contrario, a súa asignatura está condenada á inutilidade e o desprecio por parte dos alumnos.
(sigue)

Fin da tregua de ETA.

Hoxe ETA avisou de que vai volver a intentar matar a alguén.
Non vou dicir nada ó respecto. O que tiña que dicir xa o dixen o día que se iniciou a tregua (penúltimo párrafo). Que cada un saque as súas conclusións; eu saquei a miña hai xa uns cantos anos, e dame medo.