Voto Nulo.

Meses antes das eleccións municipais, constituise en Redondela unha “Liga Veciñal Polo Voto Util”, que defendeu o voto nulo como forma de rexeitamento xeneralizado a uns partidos oxidados, entre que os que non existe unha verdadeira nova alternativa de goberno local. (lamento non ter apuntado nada ó respecto antes)
Velahí os resultados electorais do Concello de Redondela:

Partido Votos Porcentaxe Concelleiros
PP 4.810 33,33% 8
PSOE 4.413 30,58% 8
BNG 1.912 13,25% 3
PG 1.591 11,02% 2
EU 632 4,38% 0
TG 589 4,08 0
Votos Nulos 1.544 9,66%
Votos en Blanco 485 3,04%

Descoñezo, aínda que considero pouco probable, a existencia de algún outro Concello de Galicia con un dez por cento de votos nulos (a media da provincia de Pontevedra foi do 1,14%, con 6.248 votos nulos en total, mentres que a media estatal foi do 1,17%).
A lectura que eu fago de ese resultado é que, nesta vila, hai un fondo descontento hacia a política local, que os veciños rexeitan e na que non queren participar por considerala un mundo endogámico e corrupto entre outras cousas. Urxe buscar unha forma legal de darlle validez e representatividade a ese voto descontento; naturalmente, a clase política utilizará todo tipo de argumentos contra esa postura, dos cales, o menos malo será a invitación á participación, na que saben que calquera iniciativa allea ós recursos económicos dos grandes partidos está abocada ó fracaso electoral na maioría dos casos.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/05/29/voto-nulo/trackback/

  1. Acabo de leer este detalle que contas en Brétemas, e alí deixei un comentario. Mira a ver.

    Comment by susolista — May 29, 2007 @ 9:43 pm

  2. Pois alí che respondo.
    Un saúdo.

    Comment by F. Miguez — May 30, 2007 @ 5:51 pm

  3. Non tiña coñecemento de Brétemas e aló fun para ver as vosas opinións ó respecto.
    A miña vai un pouco no camiño do meu paisano Suso Lista, excepto nunha cousa: no da obligatoriedade do voto. No tocante a obligatoriedades, as xustas, na miña opinión. Sempre é mellor, penso eu, o convencemento, a formación, a asunción de responsabilidades que a obligatoriedade.
    Tema interesante é o das listas abertas que ben merecería polo menos tomalo en consideración.
    Efectivamente o índice de Votos Nulos é moi alto, pero ainda que se convertise en concelleiros non terían moito peso…
    Por iso concordo con Suso. Ó final, quen sae beneficiada é a dereita. Porque estas inquedanzas sempre están protagonizadas por persoas progresistas.

    Comment by Ninsesabe — June 3, 2007 @ 9:41 am

  4. Efectivamente, as ideoloxías máis reaccionarias suelen ter máis fidelideade que as progresistas ou incluso as liberais (esas que non teñen un partido que os represente a nivel do estado español), o cal pon en un dificil compromiso ás personas de esa mentalidade. Outra cousa negativa é o “Voto Util” entendido como o que se lle da á candidatura con posibilidades reais máis próxima á ideoloxía propia, que afianzan o bipartidismo e promocionan a escaseza de ideas.

    Comment by F. Miguez — June 4, 2007 @ 12:53 pm

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.