Agardei ó remate da campaña electoral para publicar este post, hasta agora arquivado no almacén, metade para ver si a realidade chegaba a superar a ficción, metade por non dar ideas a esa casta de personas capaces de escarallar todo o que tocan.
O caso é que cando Bernie Eccleston dixo que faría un Grande Premio de Fórmula 1 en Valencia, si gañaba o PP, ademáis de parecerme un farol tremendo a tenor da lista de espera chea de países desexando para sí ese negocio, fíxome saltar todas as alarmas. Non porque un empresario estivera intentando mercar os votos de unha sociedade coas súas ofertas, si esa sociedade fose tan estúpida para deixarse mercar merecería iso e máis, sinon porque estou algo sensible coa política da nosa autonomía - Nazón de Breogán. E certamente me sorprendeu que, ó final non saisen en ningún momento Abel Caballero, Corina Porro, Manuel Soto, ou os tres, a proclamar que Vigo tamén merecería ter un Grande Premio de Fórmula 1. Ya tu sabes, que si o motor económico de Galicia, que si o poderío industrial, que si a Citröen, o CTAG, e todo o Clúster do Automovil… e, naturalemte, que non falte esa deuda histórica que o resto de Galicia ten coa Cidade Olívica, segundo certas fontes (prego lean a nota a final de post).
Claro, si Vigo fora a ter un Grande Premio ¿por qué non o había de ter tamén Santiago de Compostela? A fin de contas, é a capital de Galicia, amén de representar a imaxe da nosa Terra no exterior, e conta sen dúbida coa mellor infraestructura turística e hostaleira da Comuidade. Ademáis, non todo vai ser Vigo e A Coruña. Porque, non o dubiden, cinco minutos despois de que se prometera en Vigo un G.P. de F-1, os candidatos coruñeses (e igual que no sur, tamén os medios locais, e bastantes cidadáns deses “de toda la vida”) tamén empezarían a largar a súa propia leria da competitividade, da posibilidade de ser a primeira cidade de Galicia. Sin chegar a aquilo que “si le pica al resto, que se rasque” (ou algo así) que soltara Paco Vázquez cando inaugurara unha das etapas de Alvedro, habería que oir outra vez o discurso localista e despectivo co resto da “Nazón de Breogán” propio da Coruña, Vigo, e Santiago, hasta que Lugo e Ourense, tal vez máis tirados polas diputacións que polos concellos capitalinos, se sumasen á feira de Grandes Premios. Despois, virían Ferrol, Lalín, O Carballiño… e estaríamos igual que sempre, como dicía Jeoffrey, o meu profesor de inglés na universidade, “Aquí sois mucho de cada uno por su cuenta y godiendo al de al lado.”
Como pasa cos aeroportos, os portos, as estacións do AVE, os polígonos industriais, e canto atisbo de “progreso” se nos ocurra, eu temía que a mangancha entre Ecclestone, Camps, Barberá e Agag (o xenro de Aznar), salpicase a nosa terra de promesas infundadas e innecesarias, para ó final ter unha chea de Pequenos Premiños do Minifundismo Mental, no lugar de un verdadeiro Grande Premio de Galicia da Formula 1 (para quen o queira). Menos mal que imperou a cordura e, de esta volta, os candidatos só prometeron o mesmo de sempre.
Nota: Como saberán, hai moitos anos que se polemiza en Galicia sobre a construcción de un circuito de automovilismo. Dende sempre, falábase do Concello de Cerceda como máis posible ubicación, como anticipo da reconversión mineira e compensación polos estragos que a extracción do lignito, e a explotación da central térmica de Meirama, teñen provocado no entorno (iso sí que é deuda histórica). Hai un tempo, o Faro de Vigo publicou un artigo bastante “serio” no que se expuñan os mesmos motivos aquí frivolizados, para se opoñer á selección de Cerceda en beneficio de calquera outro concello da área de influencia viguesa. Por sorte ou por desgracia, o “Circuito” non pasou de ser un pub de Cerceda.