Da cuestión do tráfico na Area Metropolitana da Coruña II.

Hai algo máis de un ano, escribín un post titulado “Da cuestión do tráfico na Area Metropolitana da Coruña“, no que partindo de unha situación puntual na que me vin, e con certas observacións empíricas anexas, criticaba a política de transporte nesa zona, como exemplo xeneralizable a toda Galicia. Resumindo para quen non queira ou non poida ler, a miña postura era a de cuestionar a necesidade de construir a chamada “Via Artabra” fronte á conveniencia de deseñar unha rede de transporte público eficiente e sostible.
Aquel post remataba amenazando “…do ferrocarril de cercanías, xa apuntarei outro dia…“, e por iso apunto agora, como apéndice serodio, que si se consultan os horarios da RENFE, descubrirase que hai so seis ou sete trens diarios para viaxar entre O Burgo e A Coruña (Ver lista ó final do post). Non me vale a escusa da falta de viaxeiros para ese abandono, na medida en que o tráfico segue a estar colapsado nas horas punta como proba de unha verdadeira demanda de transporte de persoas na comarca.
O tren non chega a tódolos concellos nin a tódolos barrios, pero pode absorver boa parte do tráfico xenerado alí por onde pasa. Para iso, segue a ser necesario desenvolver políticas activas de fomento do transporte público en xeral, e do ferrocarril en particular. Un bo primeiro paso, que sí é unha decisión en máns dos políticos, é cambiar a designación do ferrocarril galego de “rexional” a “cercanías”, algo máis que unha formalidade dende o momento en que a Unión Europea veta as subvencións os ferrocarriles rexionais e apoia que estas se dirixan ó transporte metropolitano ou de cercanías. Si o billete entre O Burgo e A Coruña custa hoxe en día 1.25€, o seu precio subvencionado podería rondar os 0.70€; sumándolle unha frecuencia máis operativa que a actual de “un tren ás oito, un tren ás once, e outro ás tres”, e as oportunas campañas de información para que a cidadanía coñeza as novas prestacións, poucos serían aqueles que as contas lle seguisen dando favorables ó uso do automovil particular.
Vontade e cultura, señores e señoras, iso é o único necesario para facer as cousas ben, porque as solucións técnicas e económicas levan desenvolvidas, nalgúns casos, dende o século XVIII.
E para non deixar o traballo rematado, plantéxolles outra pregunta de esas que dan ganas de cuspir nos retratos dos candidatos que floreceron estes días nos postes: Si vostede vive nunha área metropolitana galega ¿Cantas veces á semana precisa desplazarse dentro de esa área e cantas precisa viaxar ó Porto, Lisboa ou Madrid? Si despois de respostar a esa pregunta, aínda cree que o AVE é unha cuestión prioritaria para Galicia, recoméndolle que cambie as súas lecturas antes de que os danos cerebrais sexan irreversibles.

Nota 1:
Horarios citados a dia de hoxe, para o recorrido O Burgo - A Coruña: 8:03, 10:28, 15:45, 18:09, 21:12 e 21:34.
Para o recorrido A Coruña - O Burgo: 6:25, 7:23, 8:27, 14:40, 18:40, 18:58 e 20:32.
(Omítense trens que circulan só en fin de semana ou dias singulares.)
Xulguen vostedes mesmos si eses horarios lle resultarían de utilidade no seu traballo ou actividade cotidiana.

Nota 2: É evidente que non fun capaz de enlazar as páxinas de horarios da RENFE. Prego desculpas.

Nota 3: Respecto da cuestión do tráfico na Area Metropolitana de Vigo, permanezan atentos ós seus receptores, porque tamén ha de cair algo. De feito, probablemente caia bastante.

4 Comments »

The URI to TrackBack this entry is: http://apunta.blogsome.com/2007/05/23/da-cuestion-do-trafico-na-area-metropolitana-da-coruna-ii/trackback/

  1. É que a canalhesca fai-nos crêr em prioridades que nom som tal e mesmo em necessidades que até se calhar tampouco som reais de tudo. O patético é que ninguém ofereça umha verdadeira alternativa…

    Comment by tangaranho — May 23, 2007 @ 3:31 pm

  2. Moito me deu que pensar o seu comentario, sobre todo a última frase que, de verdadeira, provoca verdadeiro pesimismo.

    Comment by F. Miguez — May 24, 2007 @ 12:05 pm

  3. Supoño que en cincuenta anos, xa haberá Heliportos en cada parroquia con vuelos continuos…ou un submarino que recorra toda a costa…

    Comment by susolista — May 24, 2007 @ 6:05 pm

  4. He he. Si ti supeses canto me ten “voado” a min a imaxinación sobre iso… Pero coido que nos podemos dar con un canto nos dentes si chegamos a ter unha parada de autobús en cada parroquia, ¡e autobuses que paren nas paradas, claro!
    Tampouco estaría mal que os desplazamentos fosen cada vez menos necesarios, si hubese unha planificación territorial axeitada, e se recuperasen o comercio e servicios locais en moitas pequenas vilas.
    Unha aperta, Suso.

    Comment by F. Miguez — May 25, 2007 @ 5:27 am

RSS feed for comments on this post.

Leave a comment

Line and paragraph breaks automatic, e-mail address never displayed, HTML allowed: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <code> <em> <i> <strike> <strong>



Anti-spam measure: please retype the above text into the box provided.