Se rompe Galicia.

Os que escoiten a radio ou sigan as noticias habitualmente, entenderán por qué meu irmán e máis eu bromeamos sisetmáticamente dicindo “¿Qué, se rompe España?” cada vez que algún ten o receptor aceso. Vendo o panorama actual, de movilizacións no naval pontevedrés (outra vez), contra a planta ilegal de Reganosa en Ferrol, ou (máis modestamente) contra as autovías por Redondela e Mos, quizáis sería oportuno empezar a preguntarse si o que se rompe non será Galicia.
Coido que non debe de haber ningún concello, do Cebreiro para aquí, no que non exista unha Plataforma, un comité de afectados, ou calquera forma de movilización social contra unha empresa que contamina, unha infraestructura farónica de alto impacto ambiental, unha situación laboral inxusta, pasos a nivel anacrónicos, PXOMs sobreinteresados… Cabe preguntarse a razón de esa saturación de movilizacións cidadanas nesta terra, porque calquera que coñeza a nosa historia, saberá que non somos precisamente un pobo de carácter contestario, reivindicativo, nin tan siquera organizado e eu apunto a unha carencia grave: non temos política. Collan o diccionario e atoparán unha chea de definicións en termos de “dirixir unha comunidade” ou “asuntos da vida pública”. Iso é o que falta en Galicia: unha política que dirixa a comunidade. Semella que aquí impera unha lei do máis forte, ou no seu defecto do máis espabilado, na que intereses particulares tiran para un lado, necesidades sociales para outro, os cartos corren como unha estampida de elefantes (arrasando alí por onde pasan) e a xente, incapaz de esixirlle ós seus representantes formais e institucionais, amén de profesionais en moitos casos, recurre ás opcións últimas do estado democrático para tentar de facer valer a postura popular, por vías pouco menos que desesperadas.
Como naquela pregunta mítica sobre si foi antes un ovo ou unha galiña, apunto eu hoxe a dúbida que me asoma sobre si necesitamos primeiro unha clase política capaz de presentar (por primeira vez na historia) un plan para toda Galicia, capaz de integrar todo o noso territorio, recursos e necesidades; ou si, pola contra, a chegada da orden e a coherencia políticas só se producirá nunha sociedade que coñeza, e empregue correctamente, todos os medios que a democracia pode chegar a poñer ó seu alcance.
Mentres esa dúbida se resolve, uns seguiran a tapar con parches as tensións entre os desexos dos seus amigos (dito sexa de paso, moitas veces xenaradores de riqueza e impostos) e as necesidades dos seus votantes, mentres outros seguiremos a movernos na corda floxa da contestación, da reivindicación nos límites da orde pública.